Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, enero 31, 2006

Toda a información do baloncesto e fútbol da Costa da Morte


Publicamos este post, non para dar conta de ningunha noticia en particular, senón para dar a coñecer, a quen non o saiba, o interesante seguimento que do deporte da Costa fan os nosos veciños na rede de A Nosa Costa.

Cun seguimento moi polo miudo (mesmo con fotografías), esta web resume os partidos e acontecementos de cada fin de semana protagonizados polos deportistas máis próximos a nós, moitos dos cales coñecemos e tratamos a diario. Unha forma intelixente e acertada de promocionar o deporte de base, e dar a coñecer o esforzo dos nosos mozos.

Inclúense tanto as noticias máis destacadas como as clasificacións de distintas competicións, e unha lista de enlaces a clubes deportivos.

A Nosa Costa mesmo ofrece un foro de debate no que poder opinar sobre varios deportes.


Seguir lendo...

Música e teatro para o mes de febreiro no Pazo da Cultura

A páxina web do Concello informa das actividades a desenvolver no próximo mes dentro do programa de Venres Culturais, que cada quinto día da semana achega ó Pazo da Cultura novidades e actuacións culturais de gran interese. No caso de febreiro, a gran protagonista será a música.

Advírtese un erro no texto, pois o venres da vindeira semana non é 7 senón 10. Pero en calquera caso nesa data inciarase o ciclo “En feminino” coa actuación de Carmen Dor. Tampouco faltará o teatro durante ese mes, cunha orixinal proposta: “Por un millón de dólares”.



Seguir lendo...

lunes, enero 30, 2006

Problemas coa luz na rúa Coruña


Parece incrible, pero en pleno século XXI, mentres se está a instalar a fibra óptica de R polas rúas de Carballo, a principal rúa da nosa vila presenta problemas de voltaxe eléctrica, que mesmo fan imposible o funcionamento dalgúns aparatos.

Tal e como recollía...
...pormenorizadamente La Voz de Galicia o pasado sábado, nalgunhas vivendas e locais da rúa peatonalizada, a voltaxe non acada os 220 voltios habituais e necesarios, senón que se queda en ocasións por debaixo de 200. Así se puido constatar mediante medicións “in situ” que o xornal recolle ilustradas cunha fotografía.

En canto ás causas deste lamentable feito, un traballador de FENOSA apunta a unha posible relacións coas obras das aceras efectuadas non hai moitos meses, aínda que algúns veciños dubídano, pois os problemas comezaron hai menos tempo.

Coma queira que fose, ben sexa o Concello, a Xunta, ou a propia FENOSA, teñen a obriga de poñerse mans a obra de inmediato, pois é inconcebible que a que pasa por ser a rúa máis moderna da nosa vila, na que recentemente se invertiron tantos cartos, non cumpra cun servicio básico e esencial.


Seguir lendo...

domingo, enero 29, 2006

Grupo Mixto: A xustiza pon a cada un no seu sitio


El PP de Carballo ofreció ayer una rueda de prensa para valorar la reciente sentencia que declara nulos los acuerdos adoptados por el Pleno municipal en 2.001, sobre la creación del Grupo Mixto.

Según el PP, "o acordo da creación definitiva do Grupo Mixto foi adoptado como consecuencia dunha moción presentada por urxencia (é decir, con nocturnidade e alevosía) polo actual alcalde, naquel momento portavoz do BNG, Evencio Ferrero Rodríguez. Ferrero presentou a moción con pleno coñecemento da súa ilegalidade, pois existían expresos informes contrarios da Secretaria municipal, pero eso non o frenou. Tampouco o frenaron os argumentos de que con esa moción trataba de favorecer o transfuguismo e sacar proveito político, xa que eso era precisamente o que pretendía."

Revisando la prensa de aquellos días, efectivamente podemos comprobar que la aprobación definitiva de la constitución del grupo mixto fue "propuesta por el BNG en una moción urgente" (La Voz de Galicia, 27-9-2001).

Para el PP, el Tribunal "deixa en mal lugar a Evencio Ferrero e ós que votaron a favor da súa moción, posto que tomaron un acordo inxusto e ilegal a sabiendas". Según el juez,...

...el PP ha tratado de prevenir el transfugismo que había afectado a la vida municipal, alterando de hecho la distribución de los concejales en el seno del Ayuntamiento, y con ello la representación que había resultado de las elecciones, dejando de ser el Ayuntamiento en su composición una plasmación de lo que las urnas habían querido.” Según los populares, "ese foi o efecto que pretendiu e conseguiu o adalid da democracia chamado Evencio Ferrero".

La sentencia "alude tamén ó pacto antitransfuguismo", que tenía “a finalidade de aillar ós concelleiros tránsfugas”. “En definitiva, sigue decindo el tribunal, “la disposición invocada por los actores es de una meridiana claridad y no permite, en consecuencia, que los concejales que abandonen los partidos o agrupaciones en cuyas candidaturas resultaron elegidos se pasen al Grupo Mixto.”

Para el PP, "máis claro, auga. Eso foi o que sempre dixemos, e remitímonos ás declaracións que fixemos hai cinco anos."

Continúa diciendo el PP: "Existía (e existe) un pacto antitransfuguismo. Existía (e existe) unha Lei ´meridianamente clara´, que non permitía facer o que se fixo, segundo di a sentencia. Existían informes xurídicos claros e contundentes da Secretaria municipal, no mesmo sentido. Pero, por encima de todo o anterior, existía un deber moral de impedir o transfuguismo e de non aproveitarse fraudulentamente dos votos otorgados polos cidadáns a outro partido, unha imposición ética de non adulterar o resultado das eleccións. Pois ningunha desas barreiras foron suficientes para parar ó Bloque. Por encima de todo esto pasou o Bloque como unha apisonadora. Como hai uns meses, cando ´votaron retirar´ unha moción do PP para que nin sequera se discutira. Así entenden eles a democracia, e así, en evidencia, os acaba de deixar a xustiza. "

En un duro párrafo, acusa al actual alcalde de ser "o principal executor da ilegalidade agora declarada polo TSXG. Naquel momento, acusamos ó BNG de actuar ´como brazo executor do fraude ó electorado´. Decíamos que a moción de Evencio Ferrero tiña como finalidade ´servir de instrumento imprescindible para que se produza un fraude de lei por parte de dous concelleiros tránsfugas´. Despois desta sentencia, está claro que o ocurrido non ten outro nome máis que ´transfuguismo´ con tódalas letras. Agora está xudicialmente demostrado que o que fixo o BNG foi o que deciamos hai 5 anos: colaborar cos tránsfugas, amparalos e favorecelos para violentar a decisión dos votantes que otorgaron ó PP a maioría absoluta. Esto só o fan os políticos ventaxistas, e esto foi o que fixo o BNG da man do actual alcalde."

A continuación, el PP expone varios ejemplos de lo que a su juicio constituye la pauta de comportamiento del BNG: "Constantemente, vemos como para Evencio Ferrero e para o BNG de Carballo, o fin xustifica os medios. Non lle importou promover e amparar ós tránsfugas, con tal de quitarlle ilegalmente ó PP o que nos deron as urnas. A Evencio Ferrero nunca lle importou pasarse a Lei polo forro, e sigue sin importarlle. O que fan agora desde o goberno é a segunda edición, correxida e aumentada, do que antes facían na oposición: Sentencias sobre o monte das Saíñas ignoradas unha tras outra; regalo de bens municipais para comprar votos, contra o informe expreso do Secretario do Concello (Monte Neme); adxudicación de prazas de funcionario a dedo (arquitecto municipal); falsificación de certificados sin ningún recato (rúas Coruña e Hórreo); adxudicación a dedo do proxecto da Casa dos Oficios, tamén contra o informe expreso do Secretario; etc., etc.."

Finalmente, remata el PP: "Pediamos hai 5 anos a suspensión cautelar dos acordos que impugnábamos, posto que os perxuizos serían irreversibles, como así o foron. Esa era a finalidade do BNG, e conseguiuna. Os que cometeron este atropello deberan pedir disculpas por violentar a lei. Sabemos que non o van a facer, porque a súa táctica é tirar a pedra e agochar a man. Finalmente, a xustiza vennos dar a razón e pon a cada un no seu sitio."


No ofrece duda que el PP tenía razón, puesto que los tribunales de justicia se la han dado. Además, el transfuguismo es éticamente reprobable, pues constituye un cáncer para la democracia.

Sin embargo, nos parece excesivamente dura la valoración que hace el PP cuatro años después. Puestos en las circunstancias de aquellos años, y cambiando los papeles, ¿no habría actuado el PP de igual forma en que lo hizo el BNG? ¿No trataría de desestabilizar todo lo posible al gobierno? Siempre nos quedará la duda. Claro que, lo que no tiene disculpa, es saltarse la Ley. Coincidimos en que, lo mínimo exigible, es que los culpables pidan disculpas (pero no sólo el BNG, sino también los propios tránsfugas).

Seguir lendo...

viernes, enero 27, 2006

Axober reclama la supresión del peaje y el alcalde dice que hay “posibilidades” de conseguirla


El peaje de la A-55 vuelve a ser de nuevo actualidad debido a la iniciativa de la Asociación de Xoves Empresarios de Bergantiños, de la que hoy se hace eco la Voz de Galicia (ver noticia aquí).

Lo más llamativo de la noticia es sin duda el enfoque que el gobierno local da al tema, al hablar de que existen “posibilidades” de conseguirlo, lo que contrasta con las promesas realizadas durante la campaña electoral y durante la etapa en la oposición de BNG y PSOE, partidos que gobiernan tanto en la Xunta como en la Diputación y en Carballo. Hemos querido hacer un pequeño repaso de hemeroteca para comprobar los términos en que al respecto de este asunto se pronunciaban los actuales gobernantes:

8-6-2005 7-6-2005 2-6-2005 9-6-2005

Como también tienen presente todos los carballeses el propio Ferrero fue durante años el líder de la famosa (y convenientemente olvidada) “Plataforma pola Autovía Gratuíta” que desarrolló toda clase de iniciativas para la supresión del peaje, de la que formó parte el PSOE hasta que se desligó por considerarla politizada, y que fue apoyada por dirigentes del propio BNG.

30-1-1995 29-12-2000 17-1-2002 1-5-2003 14-2-2003



Seguir lendo...

jueves, enero 26, 2006

O PP opina sobre a polémica de Andrade & Socios

Recibimos a seguinte nota do PP:

"O grupo municipal do PP de Carballo quere sair o paso das declaracións do Concelleiro de urbanismo cando coma sempre pretende xustificar a sua propia incapacidade culpando a outros e falando de ´débedas históricas´ sen asumir as suas responsabilidades e as do seu goberno.

Agora de novo son o PXOUM e maila Xunta os culpables de que teñan paralizado o procedemento do concurso do centro comercial da plaza do concello, cando esto non son mais que excusas e a realidade é que as cousas fanse mal, con improvisación e sen o mais mínimo rigor.

O PP foi acusado de obstruccionista cando no pleno no que se aprobou o primero pliego do concurso, denunciamos que as obras non se poderían executar en tanto non existira a aprobación definitiva da modificación puntual e dende o goberno negaron esta afirmación decindo que se podrían ir adiantando parte dos traballos.

En calquer caso, independientemente da execución das obras, o Sr. Alcalde e quén de decidir convocar a mesa de contratación no momento que estime oportuno, non existindo obstaculos legais para poder continuar co procedimento establecido no propio pliego de condicións.

E inaceptable que se afirme publicamente que non se actúa por “non molestar os socios”. Creemos que xa é tempo de explicar cantas cousas se están tapando para que “os socios” esten tranquilos.

A única realidade é que unha volta mais estase a demostrar a profunda división e a falta de coordinación e a desconfianza que existe dentro do goberno, onde cada quén actúa pola sua banda.

O PP de Carballo está a favor de modernizar e mellorar o comercio e o mercado pero con un proxecto compartido por todos, respetuoso cos entornos públicos, que mellore o estado actual do entorno, e que non esté suxeto a intereses particulares."



Outros enlaces relacionados:

Andrade ataca a PSOE e BNG pola paralización do concurso do mercado

¡Qué disgusto!

El PP se hace preguntas sobre el Centro Comercial

Centro comercial-parking ¿Descartarase?



Seguir lendo...

miércoles, enero 25, 2006

Andrade ataca a PSOE e BNG pola paralización do concurso do mercado

En relación coa polémica que vivimos nos últimos días sobre o retraso do concurso do mercado, hoxe día 25 na Voz de Galicia aparecen unhas declaracións do tenente de alcalde Manuel Andrade que non teñen desperdicio. Podedes lelas pinchando aquí.

Como podedes ver, nesas declaracións Andrade ataca con contudencia ó bipartito da Xunta, intenta xustificar a modificación urbanística para aumentar a superficie do mercado a costa das pistas e do xardín, culpa ó anterior goberno (por non calificar como de uso comercial as pistas e o xardín, ¡tal e como o oídes!), e fala de “disculpa” -que non de “trámite” ou “contratempo”- na paralización do concurso. Tampouco salva da queima ó seus compañeiros de goberno: “a débeda histórica con Carballo segue existindo e espero que o BNG e o PSOE cumpran a súa palabra”.

Comparando estas declaracións…

… coas realizadas por Evencio Ferrero o pasado domingo
, non semella que as posicións sexan as mesmas, porque mentres o alcalde non ten ningunha presa e escúdase no retraso do informe da Xunta, Andrade non está pola labor de quedar cos brazos cruzados e quere presionar ós seus socios para que a Xunta informe e o concurso se resolva canto antes.

En fin, que Andrade bota máis leña ó lume das especulacións e dos rumores dos que nos faciamos eco recentemente (parece que non iamos moi desencamiñados). Cada quen, a sacar as súas conclusións.


Outros enlaces relacionados:

El PP se hace preguntas sobre el Centro Comercial

Centro comercial-parking ¿Descartarase?




Seguir lendo...

martes, enero 24, 2006

¿É neutral La Voz de Galicia?





O último post que publicamos suscitou diversos comentarios acerca da independencia ou non de La Voz de Galicia. E qué mellor para coñecer o que pensa a maioría que unha enquisa ó respecto.

Esa é a primeira pregunta que vos facemos, á vista das noticias que publica/non publica e dos comentarios que fai este medio de comunicación (sen ir máis lonxe, o do último domingo no apartado “disgusta”).

En Carballo, ¿pensades que La Voz favorece ó BNG, a Andrade, ó PSOE, ó tripartito, ó PP? ¿Ou pensades que é independente e non se casa con ninguén?

A segunda enquisa xira entorno ós motivos que ten La Voz para seguir a súa liña. Os que a considerades independente, ¿cales son os motivos da súa independencia? ¿E para os que considerades que é un medio tendencioso? (Preguntamos os motivos de que La Voz siga esa liña, non os motivos de que a consideredes de unha ou de outra forma, aínda que tamén podedes explicar eses motivos como comentarios a este post).

Podedes votar nas enquisas que atoparedes na marxe dereita da páxina. Só se pode votar unha vez, pero poden marcarse varias casillas.

Esperamos as vosas respostas e comentarios.

Seguir lendo...

lunes, enero 23, 2006

¡Qué disgusto!





A La Voz de Galicia le disgusta que el gobierno municipal de Carballo se desgaste.

En la sección titulada “Disgusta”, que se publica diariamente en la edición local de Carballo de La Voz de Galicia, aparecía ayer el siguiente comentario:

“Demora en el párking

La Xunta no puede dejar parado por mucho tiempo su informe sobre el parking subterráneo de Carballo. Está provocando un retraso que al Concello le supone un contratiempo. Por una parte demora una solución a un serio problema y, por otra, supone desgaste político para el gobierno.”


Del anterior párrafo literal, cabe extraer varias conclusiones, a saber:

1. La Voz de Galicia, sin contrastarla con la Comisión Superior de Urbanismo de la Xunta, da por buena la versión del alcalde sobre la demora en la licitación del parking-centro comercial. Luego la versión del PP, según La Voz de Galicia, es falsa.

2. La Voz de Galicia considera que el asunto supone un desgaste para el gobierno local.

3. A La Voz de Galicia le disgusta que el gobierno local sufra desgaste. O, dicho de otro modo, preferiría que no se desgastara. O, dicho de otro modo, buaahhh!!!, yo no quiero que el gobierno se desgaste, buaaahhhh!!!!


4. La Voz le echa la culpa a la Xunta. El gobierno no tiene culpa de nada.

5. La Voz considera que la solución de “un serio problema” (suponemos que, interiorizando la finalidad que dice perseguir el gobierno local con lo que pretende hacer, La Voz se refiere al problema del comercio) pasa por la construcción del parking subterráneo.

6. La Voz habla solamente de un "párking subterráneo". Eso es todo lo que se va a hacer, según La Voz. Es decir, ignora de forma deliberada que el proyecto del gobierno local no se refiere sólo a un parking subterráneo, sino que también va unido a otros detalles sin importancia, como la construcción de un centro comercial en suelo público, la pérdida de 830 m2 de la Plaza del Ayuntamiento, etc., etc.

7. Por supuesto, La Voz de Galicia tiene todo el derecho a opinar y a tomar partido.



Otros enlaces relacionados, por orden cronológico:


Expectación ante a finalización do prazo do concurso para o Centro Comercial
O concurso do parking-centro comercial aínda pode ter marcha atrás
Presentada unha única empresa ó concurso do parking - centro comercial
Información sobre el probable concesionario del Centro Comercial
O PP de Carballo edita un folleto informativo sobre o proxecto da Praza do Concello (I)
Os "datos ocultos" do Parking-Mercado (II)
Perderanse 830 m² da Praza do Concello (III)
El PP ofrece dos alternativas al proyecto del centro comercial (y IV)
¿Y tú qué opinas
Non teñamos medo a opinar
Alberto Sueiro: Evencio quixo conservar a alcaldía a toda costa. Andrade tiña preparadas revelacións e acusacións. (I)
Alberto Sueiro: Presentaremos un equipo renovado en persoas e ideas. (II)
O PP denuncia que o goberno de Carballo non ten solucións para o comercio local
El concejal de comercio dice estar dispuesto a realizar una encuesta sobre la reforma del mercado
Centro comercial-parking ¿Descartarase?
El PP se hace preguntas sobre el Centro Comercial


Seguir lendo...

Fran Gómez Pallas, ou o triunfo da vontade


Se temos que ser sinceros, a primeira vez que escoitamos que un mozo carballés ía participar no rally Dakar, moitos dos seus veciños debatémonos entre a sorpresa e a desconfianza. Resultaba case incrible pensar que un dos veciños podía tomar parte nun dos retos más duros do mundo, ese que tantas veces viramos pola televisión e que nos parecía algo reservado a expertos aventureiros curtidos en mil batallas. Moitos comentarios opinaban que a iniciativa obedecía a unha tolería dun mozo que non sabía onde se estaba metendo, e que estaba arriscando a súa vida dun xeito inconsciente. Probablemente por entón, só el , ou en todo caso a súa familia ou amigos máis achegados, confiaba completamente en si mesmo.

Pero...

...cando, na súa primeira participación, Fran Gómez Pallas conseguiu rematar a carreira, cunha fractura nun pé e nas peores condicións posibles, os carballeses sentimos que ese mozo era moito máis do que imaxinabamos. E se ben nas edicións posteriores non puido por motivos varios chegar á meta, este ano o piloto carballés deixounos o mellor dos resultados cun posto nº 53 que o colocou entre a élite de cantos participaron no rally Lisboa-Dakar, e que levou o nome de Carballo ós teletipos e ás noticias de tódolos xornais de Galicia e de España, pois foi un dos mellores representantes do noso país. Como curiosidade, decir que Fran figuraba na lista de participantes do Dakar como venezolano, posto que naciu en Caracas en 1969.

Os medios económicos eran practicamente nulos. Fran tivo que traballar arreo, solicitar axudas, chamar a tódalas portas, promover actos... As aportacións das Administracións e a colaboración de amigos e veciños fixeron posible reunir os cartos para que o soño se aproximase máis á realidade, pero ninguén lle regalou nada. O traballo anterior dou os seus froitos e no 2005 as cousas melloraron. Chamouno o equipo Nantón e corriu o Dakar 2006 con máis medios. Pero canto foi capaz de acadar, logrouno gracias ó seu empeño e á súa loita diaria.

O triunfo de Fran Gómez non foi só o triunfo dun piloto polas dunas de África, foi o triunfo da vontade, dunha persoa que tivo un soño que parecía imposible, e que, coa súa fé e o seu esforzo, co traballo do día a día, foi quen de levalo á práctica, demostrando que querer é poder.

Nunha vila na que estamos afeitos a ser noticia no exterior por circunstancias negativas, e no que temos que levar a cruz dunha inxusta mala imaxe, Fran Gómez Pallas tennos feito sentir orgullosos de dicir que somos carballeses. Gracias, Fran.


Seguir lendo...

sábado, enero 21, 2006

El PP se hace preguntas sobre el Centro Comercial


Parece que el PP de Carballo va despertando poco a poco y cumple con la función que se espera en él, la de oposición. Nos referimos a una nota que nos enviaron los conservadores en la que se ocupan –por fin– de la situación en que se encuentra el proceso de estancamiento en que se encuentra la licitación del centro comercial-parking de la Plaza del Ayuntamiento.

Como podréis leer, en dicha nota se contiene una referencia velada a Carballo Dixital. Está bien que tengamos alguna influencia de vez en cuando :) Y, sobre todo, está muy bien que los representantes de los ciudadanos pregunten y pongan en aprietos al poder, ya que, entre otras funciones, para eso fueron elegidos.

La nota contiene muchas preguntas y suscita otras muchas. Lo que es innegable es que no existe ninguna explicación pública de lo que está pasando con esta licitación.

Pero mejor que leáis el comunicado del PP:...

"Transcorridos dous meses desde que se tiña que ter aberto a documentación do concurso do centro comercial-parking da Praza do Concello (18-11-05), o clamoroso silencio que manteñen os responsables municipais fai aumentar as dúbidas e as sospeitas sobre as circunstancias que rodean esta contratación. Mesmo algunha páxina de Internet se fixo eco dos rumores que empezan a circular por Carballo.

Tanta dedicación do goberno municipal para pregoar as bondades do proxecto durante dous anos, e de repente tanto autismo, sirven para confirmar que se trata dun concurso do tipo "Juan Palomo", onde a propaganda substitúe á información, que brilla pola súa ausencia precisamente cando ésta resulta máis necesaria.

O proceso foi escuro e dubidoso dende os seus inicios:

Primeiro, o goberno negouse a dicir o nome da empresa que promoviu o estudio de viabilidade.

Despois, para aumentar a edificabilidade e garantizar o negocio, o goberno fixo unha modificación urbanística "a la carta" para calificar como "espacios comerciais" o que na realidade son pistas deportivas, xardín e praza pública. Esa modificación introduciuse nun Pleno por vía de urxencia e sen coñecemento do PP. Cando protestamos e pedimos que quedara para o seguinte Pleno, o alcalde contestounos que non, que era "moi urxente porque o comercio de Carballo o necesitaba". Non se podía esperar nin unha semana.

Máis tarde, enterámonos de que as mesmas persoas que estiveron detrás do estudio de viabilidade son as que agora presentan a única oferta que hai (pura casualidade).

Hai un par de meses, para desmovilizar calquera posible oposición dos carballeses e presentar o asunto como feitos consumados, o alcalde e o concelleiro de urbanismo saen decindo que o proceso non podía ter volta atrás (o que non é certo, xa que o Prego permite non adxudicar o concurso).

E agora, dous meses despois de que finalizase o prazo de presentación de ofertas, non sabemos nada do estado do proceso, nin das intencións do goberno municipal, nin dos motivos polos que aínda non se convocou a Mesa de Contratación para estudiar a única oferta presentada.

Xurde un mar de preguntas:

• ¿Por qué será que non se convocou aínda a Mesa de Contratación para examinar a oferta?

• ¿Estaráselle dando tempo á empresa para subsanar a documentación presentada?

• ¿Estarán no certo os que din que a empresa xa ten apalabrado con algún responsable político o pago dunha aportación económica por parte do Concello mediante a entrega de terreos edificables?

• ¿Por qué, cando o PP pediu que se estudiara o asunto máis detenidamente e se propiciara un debate social, se aprobou por urxencia, con nocturnidade e alevosía, sen que o PP nin os axentes sociais poideran estudiar a documentación?

• ¿Agora xa non existe esa "urxencia" da que falaba o alcalde naquel momento? (Para anular a posibilidade de estudio do que o goberno quería facer, e aprobar o asunto sin que ninguén se enterase, era "moi urxente". Agora que está aprobado, xa non o é. Seica dan igual un par de meses máis ca un par de meses menos ¿Por qué?).

• ¿Cales son os motivos desta impasse?

• ¿Qué se está cociñando por detrás?

• ¿Por qué non se informa ós cidadáns?

• ¿Qué teñen que ocultar?

Son preguntas e dúbidas que nos asaltan a tódolos carballeses e carballesas.

Se os motivos deste punto morto están en que o goberno non ve as cousas claras, terá o apoio do Partido Popular para paralizar este proceso e convocar unha consulta popular sobre a cuestión, que xa o debería ter feito antes de agora. E se os motivos son outros, terán que explicalos convincentemente (se poden) e deixarse de propagandas, porque os cidadáns teñen dereito a coñecer todo o que se coce nun asunto de tanta trascendencia e que nos afecta tan directamente a todos."


Otros enlaces relacionados, por orden cronológico:

Expectación ante a finalización do prazo do concurso para o Centro Comercial

O concurso do parking-centro comercial aínda pode ter marcha atrás

Presentada unha única empresa ó concurso do parking - centro comercial

Información sobre el probable concesionario del Centro Comercial

O PP de Carballo edita un folleto informativo sobre o proxecto da Praza do Concello (I)

Os "datos ocultos" do Parking-Mercado (II)

Perderanse 830 m² da Praza do Concello (III)

El PP ofrece dos alternativas al proyecto del centro comercial (y IV)

¿Y tú qué opinas?

Non teñamos medo a opinar

Alberto Sueiro: Evencio quixo conservar a alcaldía a toda costa. Andrade tiña preparadas revelacións e acusacións. (I)

Alberto Sueiro: Presentaremos un equipo renovado en persoas e ideas. (II)

O PP denuncia que o goberno de Carballo non ten solucións para o comercio local

El concejal de comercio dice estar dispuesto a realizar una encuesta sobre la reforma del mercado

Centro comercial-parking ¿Descartarase?



Seguir lendo...

jueves, enero 19, 2006

Campaña "Incrementa o teu interese"


Segundo nos enteramos pola web do Concello:

“O Concello de Carballo, a través do Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Policía Local e dentro da campaña Incrementa o teu interese, de promoción lingüística no ámbito socioeconómico de Carballo, distribuirá 5.000 discos de control para o aparcamento na Zona Azul co lema da campaña. Estes discos pódense recoller nas dependencias da Policía Local e no Pazo da Cultura.
A campaña Incrementa o teu interese comezou a desenvolverse en outubro de 2005 cos obxectivos de mellorar e promocionar a calidade do comercio de Carballo e de estender o uso do galego neste sector, e até o momento xa se desenvolveron accións informativas sobre as vantaxes do uso do galego no ámbito socioeconómico, accións formativas dirixidas ao empresariado (Obradoiro de estratexias de atención ao público e Curso para a optimización da comunicación empresarial), conferencias, distribución de materiais para os comercios, etc. Coa distribución destes discos para a sinalización do aparcamento nas zonas de horario limitado procúrase facilitarlle á cidadanía un material en galego, atractivo, práctico e demandado, ademais de seguir difundindo a campaña e promocionando, en xeral, o uso do galego.”

Dentro da mesma campaña, o concelleiro de comercio ven de enviar unha enquisa en español a tódolos comerciantes, co mesmo obxectivo de promover o uso do galego.

Os próximos pasos da campaña de promoción do galego serán os trípticos que difundirá a concellería de comercio titulados “habla bien, galleguiño, no seas pailán” e “mejor en castellano, que nos entendemos todos”.

(Nota: Fixádevos ben na foto que ilustra este post)




Seguir lendo...

O PP culpa ó goberno municipal de que os alumnos da Escola Taller non poidan traballar na Casa dos Oficios

Recibimos a seguinte nota de prensa do Partido Popular de Carballo:

"Transcorrido case un ano desde a resolución positiva da solicitude da escola-taller "Casa dos Oficios" e finalizada xa a primeira fase do programa formativo dos alumnos seleccionados -a que atingue a formación teórica-, no presente mes de xaneiro debería escomenzar a fase de prácticas dos alumnos nas obras da Casa dos oficios. Así debera ser se tiveramos un goberno competente e previsor. Pero... ...non é así. Dita incorporación ó traballo non se pode facer polo retraso nos traballos de construcción da estructura (obras que non son asumidas pola Escola). Traballos que, ó dia de hoxe, lonxe de estar rematados, aínda non escomenzaron.

OS ALUMNOS NON ESTÁN A TRABALLAR NO PROXECTO DA "CASA DOS OFICIOS"

O 30 de decembro, o Sr.Alcalde, anunciou a firma dos contratos de traballo para os 36 alumnos, afirmandose na páxina web do concello: "As cimentacións das estructuras nas que se traballa na actualidade están xa avanzadas, nunha laboura que seguirán desenvolvendo os alumnos-traballadores da Escola Obradoiro durante esta segunda fase."

Di dito ó feito hai un gran treito. A día de hoxe, os alumnos non poden desenvolver a súa actividade naquela obra, xa que as súas especialidades son: albaneleria, carpintería, cantería e aluminio. Xa que logo, é rotundamente falso que os alumnos-traballadores poidan traballar no recinto da feira de gando, polo importante retraso da construcción da estructura da obra (que o Concello contratou a unha empresa externa).

Polo tanto, se os alumnos non poden traballar no proxecto da escola-taller, unha de dúas:


1) ou ben non están facendo as prácticas e, polo tanto, por culpa do Concello non están cumplindo co programa formativo establecido,

2) ou ben están a traballar noutras tarefas, co que se estará incumplindo o obxeto dos seus contratos e, o que é mais importante, o Concello de Carballo estará incumplindo as condicións do proxecto aprobado de escola-obradoiro para o que a Xunta concedeu a subvención, con risco de que se perda ésta.


Sexa o primeiro, sexa o segundo, só a incompetencia deste goberno é a que leva a estas situacións indesexables.

Así pois, o alcalde terá que explicar: ¿En qué están a traballar os alumnos da escola-obradoiro? ¿Onde se están desenvolvendo estes traballos? ¿Cando se ten previsto que os alumnos poidan empezar a traballar naquelo para o que se inscribiron e para o que foi concedida a subvención pola Xunta de Galicia, é decir, a obra da Casa dos Oficios?.

Resulta lamentable que este gobeno, pola súa falta de previsión e ineficacia, estea dilapidando neste proxecto o capital de prestixio, experiencia e credibilidade que as tres Escolas Taller anteriores ganaron a pulso baixo o goberno municipal do Partido Popular."



Seguir lendo...

miércoles, enero 18, 2006

Fotos do Congreso do PP e outras cousas


A páxina de Novas Xeracións de Carballo publica unha reportaxe fotográfica sobre os representantes do PP local que asistiron ó Congreso do PP de Galicia, celebrado o pasado domingo, que podedes ver aquí.

Tamén hai un novo artigo onde os mozos do PP falan dos accesos ás praias de Leira e Baldaio, critican a incompetencia do goberno local e piden varias cousas: a apertura dun acceso á praia de Leira, a reparación da pista que discorre dende o límite coa Laracha ata a praia da Arnela, a inmediata execución das sentencias xudiciais con respecto ó monte da Saíñas, a reparación da pista que discorre dende á pedra do Sal ata a embocadura da lagoa de Baldaio e a retirada do material resultante da limpeza do Prestige.

Os de NNXX tamén piden axuda ós lectores para traducir un texto alemán que figura nun enlace da páxina. Como unha das administradoras de Carballo Dixital estivo varios anos en Alemania, podemos axudarlles. O que di o enlace é que os viaxeiros da foto agradecen ter unha caravana sin estructura "Womo" (que é un puco máis ancha, e non pasaría por onde se ve na foto), e ofrecen a venta desa caravana.




Seguir lendo...

lunes, enero 16, 2006

Centro comercial-parking ¿Descartarase?



Facémonos eco dun rumor (recalcamos “rumor”) que está na rúa, e que non publicaríamos se non fora que nos chegou por distintas vías.

Nas últimas dúas semanas, e onte por terceira vez, tres fontes distintas (sempre, ata o momento, ben informadas) informáronlle a dúas persoas do "staff" de Carballo Dixital que a adxudicación da concesión do edificio comercial e parking soterrado da Praza do Concello estaba demorándose a mantenta debido ás liortas entre os tres grupos que forman o goberno carballés (BNG-PSOE-CDI). Neste momento, segundo estas fontes, estaría sopesándose ata a posibilidade de deixar sen efecto o concurso.

Eles seguramente o negarán, da mesma forma que antes dicían (agora xa non o din) que se levaban “a partir un piñón”. Pero hai elementos suficientes que nos fan crer na veracidade do rumor.

Segundo as fontes…

… ás que tivo acceso Carballo Dixital, o motivo de que aínda non se adxudicara a concesión é que algún grupo do tripartito lle viu as orellas ó lobo, debido ós efectos negativos que vai ter de cara a intención de voto ó actual goberno a circunstancia de que, en plenas eleccións municipais (maio de 2007), estea levantado e en obras todo o centro de Carballo, sen poder celebrarse feiras durante moitos meses e coas perdas económicas e molestias que, como é sabido, as obras supoñerán para comerciantes e cidadáns residentes na zona centro. Segundo estas fontes, algúns membros do goberno estarían tomando como referencia o que pasou coas obras da rúa Coruña, de moita menor entidade e trascendencia que o que se pretende facer agora, e temen que os efectos negativos para a súa imaxe pública sexan moito peores, o que se traduciría nun castigo electoral.

Segundo estas fontes, o goberno calculou mal os tempos e a resposta dos comerciantes. Agora, unha parte do tripartito trataría de recuar sen saber cómo facelo (neste punto, unha das fontes introduce un matiz: o motivo sería que o escuro proceso de licitación seguido ata o momento tamén lle pasaría factura electoral ó goberno, por existir só unha oferta que sería a segura ganadora. Esto sementaría moitas dúbidas sobre a limpeza de todo o proceso, e esas dúbidas dos cidadáns pagaríaas o tripartito nas eleccións).

Sexa cal sexa o motivo, é innegable que o retraso resulta verdadeiramente estraño e inexplicado. Como é sabido, o prazo para a presentación de ofertas para a concesión do centro comercial-parking finalizou hai xa dous meses (18 de novembro de 2005). En todo este tempo, non se volviu saber nada do asunto. Nin unha noticia, nin unha declaración, nin sequera unha pregunta dos medios de prensa “oficiais”. Todos gardan un sospeitoso silencio. En resumo, nada de nada; o que, coñecendo a afición mediática e propagandística do goberno tripartito, resulta cando menos elocuente.

Como lembraredes, ó concurso presentouse só unha empresa (“Surtiser Aparcamento e Viales Subterráneos”, que segundo parece, está formada polas mesmas persoas que estiveron detrás de todo o proceso dende o primeiro momento).

Malia que o Concello xa debera ter calificado a documentación presentada pola empresa (o que, por tratarse dun só licitador, sería un trámite moi rápido e sinxelo), segundo estas fontes ainda non se cumprimentou ese trámite (o que tería que terse producido unha vez finalizado o prazo de presentación de ofertas, tal e como di o Prego de Cláusulas Administrativas do concurso). A pesar de que, como dicimos, xa transcurriron dous meses e xa hai tempo que debera estar feito, iso aínda non se fixo.

Segundo o indicado Prego de cláusulas, os seguintes pasos despois do trámite de calificación da documentación serían:

  • 2. Apertura dos sobres contendo a documentación técnica e a proposición económica: 6º día hábil seguinte á calificación da documentación.

  • 3. Adxudicación: no prazo máximo de 6 meses desde a apertura do sobre contendo a documentación técnica. Este prazo pode ampliarse por 3 meses máis. De non dictarse o acordo de adxudicación dentro deste prazo, o empresario ten dereito a retirar a proposición.

    Sen necesidade de agotar os prazos, o Concello pode declarar deserto o concurso, sen que o licitador teña dereito a indemnización.

É por iso que, non habendo ningún motivo aparente polo que nin sequera se teña aberto o sobre coa documentación aportada polo licitador, tódolos datos indican que os nosos informantes poden estar no certo: o único motivo da demora son as tensións e a contestación que o goberno encontra en determinados sectores de Carballo.

Outra posibilidade que apuntamos desde aquí, é que o goberno estea retrasando todo o posible a adxudicación para que as obras non dean comezo antes das próximas eleccións.

Segundo estas fontes, as discrepancias e as tensións entre os grupos do tripartito son enormes, ata o punto de que tamén son o motivo de que a estas alturas aínda non se teñan aprobados os Orzamentos de 2006, máxime se temos en conta que este goberno viña facendo gala repetidamente de que a súa estabilidade lle permitía aprobar os Orzamentos sen problemas.

Nós ofrecémoslle unha solución ben sinxela para resolver as dúbidas do tripartito en torno ó centro comercial-parking: convoquen unha consulta popular sobre a cuestión. A decisión dos carballeses lexitimaría calquera decisión posterior do goberno, tanto sexa seguir adiante co proceso como desbotalo definitivamente. Noutro caso, os únicos responsables ante as xeracións vindeiras serán tódolos socios de goberno.


Outros enlaces relacionados:

Expectación ante a finalización do prazo do concurso para o Centro Comercial

O concurso do parking-centro comercial aínda pode ter marcha atrás

Presentada unha única empresa ó concurso do parking - centro comercial

Información sobre el probable concesionario del Centro Comercial

O PP de Carballo edita un folleto informativo sobre o proxecto da Praza do Concello (I)

Os "datos ocultos" do Parking-Mercado (II)

Perderanse 830 m² da Praza do Concello (III)

El PP ofrece dos alternativas al proyecto del centro comercial (y IV)

¿Y tú qué opinas?

Non teñamos medo a opinar

Alberto Sueiro: Evencio quixo conservar a alcaldía a toda costa. Andrade tiña preparadas revelacións e acusacións. (I)

Alberto Sueiro: Presentaremos un equipo renovado en persoas e ideas. (II)

O PP denuncia que o goberno de Carballo non ten solucións para o comercio local

El concejal de comercio dice estar dispuesto a realizar una encuesta sobre la reforma del mercado


Seguir lendo...

domingo, enero 15, 2006

Problemas urbanísticos poderían causar o corte de varias rúas


Semella que, logo dun tempo de certa calma, o urbanismo se está a converter outra vez en tema de máxima actualidade no noso Concello.

O pasado día 11, liamos na Voz de Galicia de Carballo, que se volvía a abrir o conflicto con respecto ás rúas abertas na zona do ambulatorio, e o día 12 enterabamonos polo mesmo xornal que o concelleiro de obras e urbanismo Manuel Andrade “instaba” ós propietarios de polígonos a desenvolvelos.

No primeiro dos casos...

...o tema ven de vello. Tan de vello como que o problema xenerouse cando Manuel Andrade era tamén tenente de alcalde, pero nos tempos da CPG, hai máis de 15 anos. Segundo parece, chegárase a un acordo verbal cos propietarios dos terreos da zona do ambulatorio para que cedesen os seus terreos para a apertura de rúas, pero non se firmara ningún convenio por escrito. Pasado o tempo, e para poder construir edificios nesa zona, os propietarios atópanse con que, evidentemente, teñen que desenvolver o correspondente polígono e ceñirse á normas do Plan Xeral, que non se axustan as pactadas de palabra, de modo que lle reclaman ó Concello que se cumpra o acordado verbalmente no seu día. A reclamación ten maior vixencia se temos en conta que o representante do goberno é agora o mesmo que era naquel tempo.

Vista a falta de acordo con Andrade, os propietarios ameazaran xa hai meses cun posible corte das rúas que se abriran no seu día, pero por aquel entón o tema semellou solucionarse temporalmente. Agora volven á carga realizando a mesma ameaza, e aínda non sabemos cómo vai acabar o tema, aínda que dende o punto de vista legal, non semella que os propietarios teñan moitos argumentos na súa man, pois os acordos que non están por escrito non son tales, aínda que se fagan cun todo un concelleiro de urbanismo.

No segundo caso trátase dunha nova realmente sorprendente, xa que Andrade recoñece implícitamente que o desenvolvemento dos polígonos do PXOM de Carballo non é satisfactorio, ó tempo que responsabiliza de iso ós propietarios dos terreos. Sen embargo, ata hai ben pouco tempo, semellaba que a versión oficial sobre este asunto, é que existía un bo avance dos polígonos do Plan, ou, cando menos, así aparecía na prensa local naquelas datas, ó tempo que o propio goberno local semellaba atribuirse o mérito desa circunstancia:


18/1/2004 , 18/1/2004, 18/1/2004, 5/1/2004, 9/1/2005


Estas dúas novas saen á luz mentres se dan debates en torno á proxectos coma o campo de golf, e mentres se está a levar a cabo a revisión do Plan Xeral, promovida polo actual goberno puco despois de chegar ó poder e pouco despois de terse aprobado o plan vixente.



Seguir lendo...

sábado, enero 14, 2006

El concejal de comercio dice estar dispuesto a realizar una encuesta sobre la reforma del mercado


Se publican hoy en la prensa unas declaraciones del concejal de comercio carballés, Francisco Pérez Ferreiro, refiriéndose a la encuesta que puso en marcha hace unos días y que fue objeto de las críticas del PP. El párrafo publicado en La Voz de Galicia dice así:

“Con respecto al contenido de la consulta, el Partido Popular echó de menos que no se pregunte a los comerciantes «absolutamente nada» sobre el proyecto más importante que está en marcha, la reforma del mercado de abastos, algo que Pérez Ferreiro considera más que debatido, aunque dijo estar dispuesto a realizar una encuesta específica.”

Pues venga, que sea YA. ¿Por qué le tienen miedo a que la gente opine? ¿Será que tienen algo que perder?

Queremos opinar. Y qué mejor “encuesta específica” que una verdadera consulta popular sobre el asunto. Todos los carballeses tenemos derecho a opinar, no sólo los comerciantes.

Así pues, le tomamos la palabra al concejal de comercio (esperemos que no pase como cuando su compañero de partido Andrade dijo aquello de “yo voy a cobrar sólo durante dos años, hasta que pueda disponer del retiro”, que ya sabemos todos en qué quedó la cosa. Esperemos que Pérez Ferreiro tenga más palabra).

Al hilo de esto, os recordamos que…
… tenemos en marcha dos encuestas en esta misma página (se pueden ver y participar en el margen derecho). A día de hoy, han votado 100 personas (sólo se puede votar 1 vez), y este es el resumen de los resultados:


  • El 86 % está de acuerdo con que se haga una consulta popular, frente a un 13% que se opone.

  • En cuanto a la ubicación del edificio comercial, 81 votantes se inclinan por hacerlo en la prolongación de la calle Cervantes, y sólo 12 prefieren la ubicación que propone el gobierno.

Los resultados son elocuentes, pero no sustituyen a una verdadera consulta popular. Así que insistimos, ¡¡¡CONSULTA POPULAR YA!!!


Enlaces relacionados:

¿Xubilouse Andrade?


Andrade cumpliu os 65 anos ¡Felicidades! (atrasadas).


¿Y tú que opinas?


Seguir lendo...

viernes, enero 13, 2006

O PP propón nomes de rúas


A finais de novembro (aquí podedes ler a noticia) o tripartito quixo impoñer nomes de rúas en Carballo, tributándolle unha "merecidísima" homenaxe a persoas vinculadas directamente á militancia nacionalista (como Moncho Valcarce, por exemplo), sen consultar antes co resto da Corporación.

Os populares acusaron ao BNG de “imposición e sectarismo”, así como de "esquecerse de que en Carballo non só conviven as sensibilidades que representa o BNG, senón tamén (maioritariamente) outras ideoloxías e crenzas.".

A raíz desas protestas, así como das críticas aparecidas nos medios de comunicación, ó alcalde non lle quedou outro remedio que aparcar o asunto temporalmente.

Agora, o PP fai pública a súa proposta de nomes para as rúas.

A lista comprende os seguintes nomes, coa xustificación que acompaña a cada un deles:
  • Médico Antonio Lado: Desenvolviu a sua carreira en Carballo atendendo os veciños de toda a comarca
  • Médico Ramón Louzao: Desenvolviu a sua carreira en Carballo atendendo os veciños de toda a comarca
  • Médico Eduardo Mariño: Fundou unha clínica en carballo. Tivo gran presencia nas actividades sociais de Carballo: Bergantiños FC, Cruz Bermella, etc.
  • Médico José Manuel Lado: Reconocido Psiquiatra. Director do hospital de Conxo.
  • Emilia Mariño Aguirre: Muller pioneira na sociedade do seu tempo. Fundou unha academia de mecanografia e taquigrafia onde se formaron centos de carballeses.
  • Concello de Cabana: Para seguir o criterio de recoñecer a concellos veciños, tendo en conta que non existe rúa con este nome.
  • Vila de Arteixo: Idem.
  • Vila de Ponteceso: Idem.
  • Escultor Asorey: Escultor galego de gran relevancia artística.
  • Pepe da Xan Baña: Escritor nado na nosa bisbarra.
  • Rúa dos Vinte Irmáns: Familia de moitos membros de longa tradición carballesa.
  • Rúa de Sor María: Fundadora do colexio das hirmans da caridade de Carballo, de gran importancia social e para o ensino de Carballo.
  • Carlos Casares: Insigne escritor e presidente do Consello da Cultura Galega
  • Padre Feijoo: Galego universal.
  • Padre Sarmiento: Idem.

Os criterios utilizados polo PP para facer a súa proposta foron os seguintes:

1. Vencellamento con Carballo / Bergantiños.

Cremos importante que se dea maior sona a persoeiros de corte local ou comarcal. Entendemos o rueiro coma un recoñecemento dos propios conveciños a persoas especialmente salientables da nosa vila ou bisbarra.

2. Continuidade de criterio coa zona onde está a rúa que se renombra.

Intentar manter os criterios mantidos con anterioridade nas zonas onde sexa posible para facilitar a localización das ruas polo “grupo” ó que pertenecen (árbores, ríos, países,etc...)

3. Notoriedade e importancia xeral dos persoeiros

Incluir a persoeiros moi salientables que deben ser distinguidos po-la súa transcendencia e notoriedade pública a través da historia.

4. Que estivesen falecidos.

Creemos que é preferible nomear prioritariamente con nomes de fallecidos por unha cuestión de orde bioloxico que sirva para honrar e recoñocer a persoas xa desaparecidas.


Discrepamos con respecto a algún dos nomes que propón o PP (falta algún e sobra algún), pero coincidimos cos criterios que deberan aplicarse. Especialmente, parécenos moi ben o último dos criterios. É máis: debera aplicarse sempre ese criterio, incluso de xeito retroactivo.


Enlaces relacionados:

Imposición de nomes das rúas de Carballo





Seguir lendo...

jueves, enero 12, 2006

O PP denuncia que o goberno de Carballo non ten solucións para o comercio local

O Grupo municipal do PP de Carballo critica nunha nota remitida a Carballo Dixital as últimas accións do grupo de goberno no que atinxe á Concellería de Comercio, “que mostran ás claras o rumbo errático do goberno, a falta de coordinación entre as concellarías e a falta de iniciativas que aporten solucións ós problemas dos comerciantes de Carballo.”

Referíndose á enquisa que enviou o concelleiro Pérez Ferreiro ós comerciantes, califícana como “unha acción propagandística e que amosa a incapacidade e total falta de solucións do tripartito para o comercio local.”

Para os populares, “non é de recibo plantexar unha enquisa para coñecer os problemas dos comerciantes cando xa se levan consumido mais das 2/3 partes do mandato.

A estas alturas deberíamos empezar a comprobar os resultados das accións do goberno e agora sería o momento de avaliar os resultados das políticas desenvolvidas, non de ´coñecer´ os problemas."

Segundo o PP, “a propia comunicación remitida ós comerciantes identifica unha serie de problemas do comercio local: Falta de formación dos comerciantes, forte competencia, falta de persoal especializado, problemas urbanísticos,etc. Se xa está feito este diagnóstico, ¿por qué non se poñen os medios para resolve-los problemas? ¿Qué ten feito o goberno nestes anos para darlles solución?”

Sigue decindo o PP:

“Unha enquisa sin obxetivos claros e co único propósito de ´controlar´ ás asociacións profesionais de comerciantes.

Non se solicita ningunha información relevante, nin que non fora coñecida xa a traverso dos múltiples estudios e traballos (públicos e privados) que existen sobre o comercio de Carballo.

Non pide ós enquisados a sua valoración sobre das actuacións do goberno e si a das asociacions empresariais á que pertenecen, nun claro intento de deslixitimar a súa representatividade e de poñer en cuestión a súa actividade.

A descoordinación das accións do goberno provoca un despilfarro dos recursos públicos e a falta total de credibilidade do goberno.

Por unha banda, o tripartito gasta importantes cantidades de recursos públicos en propaganda da campaña ´aumenta o teu interés´para impulsar o uso do galego no comercio, e pola outra, o mesmo goberno lanza unha enquisa a comerciantes utilizando o español, no que resulta unha mostra máis da mala xestión dos cartos públicos, do despilfarro permanente e da descoordinación que existe no Concello.

Cada concelleiro ´anda por libre´, cada grupo político fai a guerra pola súa conta e non existe nin a máis mínima comunicación nin coordinación entre eles. No tripartito, ´a man esquerda non sabe o que fai a dereita´.

En tres anos, o tripartito non aportou ningunha solución e coa súa actuación fixeron medrar os problemas do comercio.

Non solucionaron ningún dos problemas que existían cando chegaron (aparcamento, melloras entornos urbanos, etc.) e co seu proxecto de instalar un centro comercial na Praza do Concello crearon preocupación, inestabilidade, desconfianza e desánimo entre comerciantes, actuando de costas á opinión dos interesados e sin aportar ningunha solución."




Seguir lendo...

Alberto Sueiro: Presentaremos un equipo renovado en persoas e ideas. (II)



Publicamos hoxe a segunda parte da entrevista con Alberto Sueiro, voceiro do PP no Concello de Carballo.


(A foto corresponde a un partido de fútbol sala disputado o mes pasado entre diputados do Parlamento galego: PP vs. BNG-PSOE. O porteiro é Sueiro)


(II)

Hai uns días viámolo a vostede xunto con Carlos Negreira censurando os investimentos da nova Xunta na comarca, e reclamando maiores inversións. É dicir, que agora ¿están vostedes a pedir o que non fixeron durante 4 anos de goberno?

Ben ó contrario, estamos a pedir todo aquelo que o PP tiña proxectado e posto sobre papeis nos distintos programas do Plan Galicia que o novo goberno fixo desaparecer.

E incrible que os que antes esixian plazos e cartos, non reflexen nos Orzamentos 2006 compromisos coa nosa bisbarra e voten en contra de investimentos que xa estaban programados e recollidos en orzamentos anteriores. Dende logo estes non son os orzamentos que o BNG pedía cando era oposición.

Por outra parte, tense aberto un debate acerca da construción dun gran campo de golf na costa carballesa, mentres que o Concello de Camariñas ven de rexeitalo. O PP aínda non se pronunciou ó respecto, ¿cál é a súa postura?
...
...
O PP de Carballo non pode seguir o xogo mediático do goberno municipal. Non hai nada en firme, nin existe ningunha información oficial ó respecto, polo que todo son rumores e medias verdades. Todos andan a correr para ver quén se apunta un tanto. O CDI e o Alcalde andan de seguido nunha carreira por ver quén chega antes ó periódico para dar noticias das que despois pasan meses sin que se sepa nada, nin sepamos cal é o verdadeiro interés para carballo nin qué é o que se pretende facer.

Non podemos facerlle eco a tódolos globos sonda do goberno.

Os dous grandes temas que nos teñen que ocupar son a dirección que dende a concellería de urbanismo se lle esta a dar á revisión do Plan Xeral e o “extraño” concurso da construcción do novo mercado

En xeral, moitas persoas teñen a sensación de que vostedes fuxen de comprometerse en moitos asuntos, que tratan de evitar a toda costa pronunciarse mentres non llo esixan...

Non debemos pronunciarnos en temas que non existen.

O goberno quere crear polémicas e expectativas falsas para non falar da realidade e dos proxectos que sí están enriba da mesa. ¿Por qué nos sacan agora o do campo de golf? ¿Por qué non debatimos dos verdadeiros problemas que ten Carballo: a seguridade cidadán, a revisión do plan xeral de urbanismo ou o centro comercial na plaza?

Hoxe en día, os dous grandes temas que nos teñen que ocupar son a dirección que dende a concellalía de urbanismo se lle esta a dar a revisión do plan xeral e o "extraño" concurso da construcción do novo mercado, e en eles é onde debemos concentrar a nosa atención.


Outro dos temas capitais é o da comunicación: circunvalación, autopista a Fisterra, metro lixeiro, terceira vía á Coruña... moitas propostas e por agora ningún feito. ¿Estamos falando de fantasías, ou poden ser realidade? ¿Por qué apostan vostedes?


Nos grandes temas da comarca estamos moi presentes, non esquezamos que xa plantexamos en este período de sesións preguntas no Parlamento de Galicia sobre a circunvalación, a presencia da Policía Nacional en Carballo, e enmendas ós Orzamentos sobre estes asuntos. Son prioritarios e debemos atendelos.

O tráfico é outro dos asuntos no que insisten os nosos lectores. ¿Qué propoñen vostedes neste campo? Porque non se lles sinte falar del...

É importante ser serios nos plantexamentos que se fagan e non xogar coa boa fe da xente. Eu creo que o alcalde en estes temas “se apunta a un bombardeo” porque quere aparecer no periodico en tódalas iniciativas e despois non fai nada para sacalas adiante. Quere figurar en todo pero despois de verdade non traballa en nada. Hai exemplos a montóns:

Hospital comarcal: nada de nada nos ornamentos


Peaxe da autopista: dende que goberna o bipartito non se escoitou a súa voz e si a de outros destacados nacionalistas.

Seguridade en Carballo: os seus compañeiros votaron en contra da moción que se tiña aprobado no pleno do Concello de Carballo.

Cirvunvalación de Carballo: Os seus compañeiros reduciron as partidas que se recollían nos orzamentos para esta obra e negáronse a recortar os plazos para a súa execución.

Fai convocatorias para reunir ós alcaldes da comarca e facer a foto, pero cando estes teñen problemas que afectan a todos non é quen de levantar a voz para defender a Bergantiños.

Un tema de debate (e de protesta) recorrente entre os seus militantes e votantes é a falta de iniciativa e de exercicio da oposición que fai o seu partido, e vostede en particular. ¿Qué ten vostede que dicir? ¿Cómo influiu nesa pasividade a situación do tripartito antes e despois da crise?

Eu nego a maior. Non creo que se este pecando de inactividade. Outra cousa é a transcendencia nos medios que poida ter esa actividade. Dende o principio, quixemos ser unha oposición constructiva e participativa, colaborar nos asuntos de goberno dende a nosa posición e non convertirnos nos do NON. Aprobánse agora mais asuntos por unanimidade que nunca, e nós sempre propoñemos alternativas en tódolos temas importantes.

Denunciamos as irregularidades no cobro de subvencións. As irregularidades na contracion de persoal. As irregularidades na contratación de obras. Os erros nos orzamentos (o que obligou a repetir un pleno por non estar ben feitos os documentos). A ineptitude do goberno en temas de ordenanzas e na ausencia de xestión dos recursos. Plantexamos alternativas a unha revisión “interesada” do plan xeral. Mantemos viva a reclamación do monte Saíñas e sempre manifestamos a nosa oposición ás "Andradadas" (túnel, centro comercial na plaza, etc..) e á discrecionalidade no uso dos medios publicos.

Hai que ter en conta que moitas das iniciativas que se materializaron con este goberno son proxectos do PP e polo tanto non podemos opoñernos o que nos mesmos diseñamos.

Considérome liberal e reformista. Esperamos presentar un equipo renovado en persoas e ideas

¿Con qué liña ideolóxica se identifica vostede, das que existen no PP? ¿Cal é a súa ideoloxía?

Considérome liberal e reformista. Creo na iniciativa das persoas e na libertade individual.

¿Qué perspectivas ten para as próximas eleccións?

As de traballar todo o que poidamos para explicar ós carballeses cal será o noso proxecto. Esperamos presentar un equipo renovado en persoas e ideas con un proxecto ilusionante que supere o actual estado de loita interna e de intereses entre os membros do goberno. Unha proposta que poña por diante os intereses dos carballeses e non os dos partidos para conservar o goberno.

A política en Carballo necesita renovarse, levamos 25 anos coas mesmas persoas e xa é preciso un cambio e que aires novos tomen o relevo.

Para rematar: en datas vindeiras vaise celebrar o congreso para elixir a Alberto Núñez Feijoo como sucesor de Fraga. Todos sabemos que o PP de Carballo apoiou a este candidato, e mesmo Manuel Varela foi un dos seus asesores na Xunta. ¿En qué situación vai quedar o partido popular carballés dentro da estrutura do PP de Galicia? ¿E vostede en particular?

Dende o Partido Popular debemos estar moi satisfeitos polos resultados do proceso de elección do novo presidente e polo proceso en sí. Contaremos con unha nova dirección froito da decisión da ampla maioría dos militantes, o cal é moi importante. No que afecta ó PP local e a min mesmo, estaremos onde sempre, ó servicio dos carballeses dende a nosa militancia no PP de Galicia, para o que nos toque facer.

A chegada de Feijoo representa un relevo xeracional. ¿Vai quedar todo nun cambio da cabeza visible, ou vaise renovar todo o partido, e polo tanto tamén a nivel local?

É evidente que tras unha etapa de un liderazgo tan significado coma o de D. Manuel Fraga é importante iniciar procesos de renovación a tódolos niveis, o tempo pasa e sempre son necesarias caras novas que presenten novos proxectos, que conecten coa realidade de cada momento. Todos esperamos novos tempos e novas estratexias.

En canto á súa actividade, ¿vai seguir exercendo como deputado, ou vaise centrar en Carballo?

Vou a intentar, coma sempre, atender as miñas obrigas, porque todas son importantes e os compromisos que se adquiren debense cumplir, si ben é certo que agora a prioridad é centrarse no concello de Carballo para acadar os mellores resultados nas próximas eleccións municipais.

Ata aquí a entrevista con Alberto Sueiro.

Lamentamos non ter podido ofrecer a entrevista con Evencio Ferrero, polas razóns xa coñecidas.




Outros enlaces relacionados:

Entrevistas a Evencio Ferrero e Alberto Sueiro

As preguntas que Evencio Ferrero non quixo contestar

Alberto Sueiro: Evencio quixo conservar a alcaldía a toda costa. Andrade tiña preparadas revelacións e acusacións. (I)



Seguir lendo...

miércoles, enero 11, 2006

Alberto Sueiro: Evencio quixo conservar a alcaldía a toda costa. Andrade tiña preparadas revelacións e acusacións. (I)


Publicamos hoxe a primeira parte da entrevista que lle foi remitida o día 4 de xaneiro por correo electrónico a Alberto Sueiro, voceiro do Partido Popular de Carballo, e que nos devolveu coas súas respostas o día 7.

Sueiro é unha persoa xoven, pero cunha intensa experiencia política como diputado en Santiago e concelleiro en Carballo. Non esquiva ningunha cuestión, nin sequera as máis incómodas para o seu grupo, e semella ter as ideas moi claras. Fálanos da crise municipal de setembro, dos trapos sucios que Andrade pensaba revelar, das relacións internas do tripartito; analiza os asuntos que están no candeleiro da política local, como a revisión do plan xeral, o “extraño” concurso do centro comercial,…; promete renovación de persoas e ideas no PP local para as próximas eleccións; declárase liberal e reformista.

Dada a súa extensión, a conversa será publicada en dúas partes. Esta é a primeira parte:


¿Qué balance xeral fai do ano 2005 que vimos de rematar?
...

...
É evidente que o feito mais importante do ano foi o cambio de goberno na Xunta de Galicia, que oscurece calquer outro feito pola súa transcendencia política. É moi importante porque, de feito, supón que por primeira vez un goberno socialista- nacionalista accede a tarefas de goberno como consecuencia do resultado de un pacto xurdido de unhas eleccións, o que dende o punto de vista da normalidade democrática é relevante e supón de feito entrar nunha nova etapa.


Que as relacións entre os membros do tripartito non son boas é un feito contrastado. Evencio sigue de alcalde sin mandar e Andrade continua mandando sin ser alcalde.

O feito máis destacado dende o punto de vista da política local foi a crise de goberno de setembro, ¿qué valoración global fai da mesma?

A razón da crise foi que, despois do cambio de goberno na Xunta, Andrade tiña que mostrarlle ós seus socios o seu “poder” e que se visualizara claramente, pese ó goberno en Santiago, quén manexa o goberno de Carballo.

Ante calquer expectativa que poideran ter dende o BNG ou PSOE de abandonar o “lastre” que para eles é o CDI , quixo reforzar a súa posición obtendo mais áreas de goberno e “ desactivando” ó concelleiro de servicios ,que era o que lle facía sombra.

Que as relacións entre os membros do tripartito non son boas é un feito contrastado. O CDI incluso o deixa claro nunha carta reciente ós seus “adeptos”, decindo que a culpa de todo é do alcalde. É evidente que estamos a falar de unha asociación de intereses na que cadaquén obtén algún proveito: Evencio sigue de alcalde sin mandar e Andrade continua mandando sin ser alcalde.


Evencio quixo conservar a alcaldía a toda costa. Andrade tiña preparadas moitas revelacións e acusacións sobre o actual goberno para xustificar o abandono do mesmo.

¿Pensa que a crise se zanxou mediante unha delimitación de competencias, como se dixo, ou que houbo algún outro acordo? Se é así, ¿de qué tipo?

A crisis zanxouse mediante a concesión a Andrade de todas as súas peticións. Evencio quixo conservar a alcaldía a toda costa, aínda ó prezo de “sacrificar” a un dos seus principais concelleiros.

É certo que houbo máis acordos, porque Andrade tiña preparadas moitas revelacións e acusacións sobre o actual goberno para xustificar o abandono do mesmo, que evidentemente quedaron en nada.

Eu entendo que as acusacións que se verquiron sobre o Alcalde deberían ser aclaradas, porque senón o que queda en tela de xuízo é a propia alcaldía.

Un concelleiro non pode decir que a máxima autoridade dun pobo minte sin que ningúen o desminta ou dé algunha explicación.


¿Alguén pode creerse que lle ofrecemos a alcaldía a Andrade sin condicións e el rexeitouna por “amor a Carballo”?

¿Qué influencia cre que puido ter a visita de Anxo Quintana a Carballo?

A procesión de cargos públicos o BNG que fixeron acto de presencia en esos días deixa ben as claras que por riba dos intereses dos ciudadanos estaban os intereses do partido.

A Andrade déronlle todo o que pediu sin ninguha limitación, chegando a asegurarlle cantidades de recursos para as súas concellerías en orzamentos futuros, o que quere decir que estes non se elaboran pensando nas necesidades que se deben atender, senón que se “asignan” a unha concellería para que os destine ó que lle pareza mellor. Desde logo, eso non se pode chamar unha xestión eficiente.

Ó principio, moitos comentarios apuntaban a que era o PP quen instigara todo o acontecido. Ademais, é de dominio público que durante estes dous anos sempre houbo conversas entre PP e CDI. ¿Pode vostede asegurar que o seu partido non foi quen propiciou ou buscou a crise?

Penso que dende o principio fomos os únicos que puxemos en riba da mesa a posibilidade de que fora de novo unha “maniobra” de Andrade para presionar mais ós seus socios, coma xa ocurrira o ano pasado cos orzamentos.

Nós non variamos de posición en todo o proceso e dende logo defendimos sempre a nosa lexitimidade para gobernar. Fixemos un pacto público e estabamos dispostos a aceptar para nos as mesmas condicións que exixíamos para os demais e dende logo non nos plegamos a “presións”. ¿Alguén pode creerse, como él dixo, que lle ofrecemos a alcaldía a Andrade sin condicións e él rexeitouna por “amor a Carballo”?


Fai exactamente un ano, o goberno anunciara que este ía ser o ano onde se empezaran a facer realidade as grandes obras para Carballo ¿qué pensa dese anuncio?

Este goberno caracterízase pola constante presencia nos medios de comunicación para prometernos grandes proxectos (porto deportivo, cidade deportiva, campo de golf) pero a realidade é que cuestións importantes aínda están sen atender, a pesares das súas promesas (seguridade cidadán, apertura da Vila de Negreira, Avd. Bergantiños, etc.).

Dan por feitas as obras nos periódicos como fórmula de goberno. Pero a realidade é que practicamente, salvo o túnel e as rotondas, tódalas demais obras que remataron quedáronlle proxectadas (peonilizacións, reforma da Vazquez de Parga,) e aínda non foron quén de rematar proxectos coma o paseo do Anllóns ou a férveda de Entrecruces, que tamén son proxectos do anterior goberno.




A reforma do mercado non pode facerse con perdas de espacio público nin perdas de aparcamentos gratuítos. Pensamos que existen opcións máis vantaxosas.

Vostedes dixeron no seu momento que este goberno vivía das rendas do anterior, e que nun ano só fixera unha rotonda + 1 burato. Dous e medio despois do cambio de goberno ¿seguen a soster o mesmo?

As probas son mais que evidentes. ¿Alguén pode sinalar algún proxecto que iniciase e rematase este goberno ata o de agora?

Concretando, ¿cómo ve o futuro do proxecto do mercado municipal de abastos? ¿Cre que vai saír adiante? O PP ven de propoñer alternativas, ¿pensa que tiveron eco na poboación? ¿Pensan levar a cabo algún outro tipo de iniciativa ó respecto?

Dende o primeiro momento nós vimos defendendo o mesmo. A reforma do mercado hai que abordala, eso é unha realidade. Pero non pode facerse con perdas de espacio público nin perdas de aparcamentos gratuítos, e ten que priorizar os intereses dos usuarios da plaza e os placeiros, integrándose en un proxecto urbanístico de futuro para Carballo. Pensamos que existen opcións mais ventaxosas, e sobre todo temos a obriga de pensar nas xeracións vindeiras. Non podemos volver a fallar no deseño urbanístico para o centro do pobo coma Corporacións anteriores, porque hipotecamos o futuro por moitos anos.

¿E a Casa dos Oficios? ¿Pensa que a veremos rematada nesta lexislatura?

Espero que si, a pesares dos continuos retrasos e do mal que se xestionou este asunto dende o principio. Nos sempre consideramos que non é a ubicación mais axeitada, porque debería situarse perto das empresas, no polígono industrial, para conectar formación e actividade, pero o certo é que Carballo nos últimos 15 anos fixo unha importante laboura de formación ocupacional, convertíndose nun referente en toda Galicia, e ese patrimonio colectivo dos carballeses non se pode perder e debemos colaborar todos para mantelo.

No seu momento a Xunta non outorgou toda a subvención solicitada, e vostede era o representante da comarca no goberno autonómico ¿qué ten que dicir a iso?

No seu momento, tal e coma se dixo, o Concello non cumplía os requisitos exixidos, como despois quedou de manifesto: non había disponibilidade dos terreos, houbo que reformar o proxecto inicial (que segundo o alcalde era perfecto), etc.

Dende o goberno fixeron unha utilización política contra a miña persoa deste asunto e quedou claro que cando se cumpliron as condicións esixidas concedeuse a axuda e foi o goberno local o que non foi quén de cumplir plazos.

Os que falaban de partidismo antes, que expliquen agora cómo negan unha axuda que xa estaba practicamente concedida, sin aportar ningunha argumentación, ó Concello de Ponteceso para un obradoiro de emprego, namentras conceden axudas a gobernos do PSOE e o BNG que non tiñan proxectos nin remotamente parecidos.



Continuaremos mañá.



Outros enlaces relacionados:

Entrevistas a Evencio Ferrero e Alberto Sueiro

As preguntas que Evencio Ferrero non quixo contestar


Alberto Sueiro: Presentaremos un equipo renovado en persoas e ideas. (II)

Seguir lendo...

martes, enero 10, 2006

Axudemos a Cristian


Cristian é un neno carballés de 14 anos que padece leucemia. A súa nai necesita de axuda económica para afrontar os gastos que conleva o seu tratamento en Barcelona.

Todas aquelas personas que desexen aporta-la súa axuda poden facelo nesta conta de La Caixa: 2100 / 2322 / 48 / 0200085911

Podedes ler tódolos pormenores en A Nosa Costa.




Seguir lendo...

As preguntas que Evencio Ferrero non quixo contestar


O pasado mércores, día 4 de xaneiro, enviamos por correo electrónico sendos cuestionarios a Evencio Ferrero e Alberto Sueiro, co fin de publicar esta semana as contestacións. A tal fin, advertíamoslles ós dous que éstas deberían estar en poder de Carballo Dixital a máis tardar o domingo, día 8.

Cónstanos que o secretario do alcalde recibiu o cuestionario ás 15:43 horas do 4 de xaneiro, pois así nolo confirmou por email o informático municipal.

O 8 de xaneiro só respondera Alberto Sueiro. Esperamos un día máis, por se Evencio Ferrero contestaba. Non o fixo.

Estas son as 25 preguntas que Evencio Ferrero non quixo contestar:


  1. ¿Qué balance xeral fai do ano 2005 que vimos de rematar?

    ...(Para ver todas as preguntas, facer click abaixo, en "Seguir lendo...")


  2. Fai exactamente un ano, o goberno anunciara que 2005 ía ser o ano onde se empezaran a facer realidade as grandes obras para Carballo ¿qué pensa dese anuncio?

  3. A oposición dixo no seu momento que este goberno vivía das rendas do anterior, e que nun ano só fixera unha rotonda + 1 burato. Dous e medio despois do cambio de goberno ¿qué pensa vostede desa valoración?

  4. Concretando, ¿cómo ve o futuro do proxecto do mercado municipal de abastos? O PP ven de propoñer alternativas. ¿Qué opinión lle merecen? ¿Están dispostos a valoralas, ou teñen clara a opción escollida?

  5. O PP tamén solicitou realizar unha "consulta popular" sobre ese asunto, e o Concello ten insistido moitas veces sobre a conveniencia de que os cidadáns participen na política local. De feito, hai pouco liamos que se ía sacar adiante o regulamento de participación cidadá. ¿Isto é un apoio implícito a sacar a consulta? ¿Cal é a postura do goberno sobre esta proposta?

  6. ¿E a Casa dos Oficios? ¿Pensa que a veremos rematada no que queda do seu mandato? ¿Cál é a marcha da obras?

  7. A Casa dos Oficios vai dar traballo ós alumnos da escola taller. ¿Qué outras iniciativas ten o seu equipo en materia xuvenil?

  8. Recentemente téñennos acusado a vostedes de vivir de rendas en materia de cultura, ¿qué ten que dicir ó respecto? ¿Cáles son os seus proxectos nese campo?

  9. Hai uns días viamos a Alberto Sueiro con Carlos Negreira censurando os investimentos da nova Xunta na comarca, e reclamando maiores inversións, tal e como antes facían vostedes. ¿Cál é a súa valoración deses investimentos?

  10. Carril-bici a Razo, autovía gratuíta, hospital comarcal, dispensarios de menciñas nas parroquias... son moitas as promesas que vostede fixo dende a oposición, e agora que está no goberno non se ve movemento neses asuntos. ¿É vostede consciente dos compromisos que adquiriu? ¿Non ten medo de que se lle volvan en contra?

  11. Por outra parte, vostede viaxou a Madrid hai pouco para loitar pola construción dun gran campo de golf na costa carballesa, que ó parecer implicaría ocupar unhas 200 hectáreas e construír unhas 1.000 vivendas. Mentres, o Concello de Camariñas ven de rexeitar un proxecto moi similar, e hai un debate aberto en toda Galicia sobre a materia. Moitos non entenden cómo un alcalde do BNG pode defender un proxecto dese tipo, ¿qué lles ten que dicir?

  12. En xeral, moitos acusan ó goberno tripartito de "vender fume", de anunciar nos medios grandes proxectos que nunca se concretan: porto deportivo, cidade deportiva, Villa de Negreira, metro lixeiro, etc. ¿Qué ten vostede que dicir?

  13. Outros dos temas capitais é o da comunicación: circunvalación, autopista a Fisterra, metro lixeiro, terceira vía á Coruña... moitas propostas e por agora ningún feito. ¿Estamos falando de fantasías, ou poden ser realidade? ¿Por qué apostan vostedes?

  14. O tráfico é outro dos asuntos no que insisten os nosos lectores. ¿Qué propoñen vostedes neste campo? Os atascos e os baches van a máis, e medidas coma as dos semáforos da Gran Vía semella que non tiveron moito éxito...

  15. Por certo, hai pouco desvelábamos en Carballo Dixital que Manuel Andrade xa cumprira os 65 anos, e que aínda así seguía a cobrar do Concello. ¿Cómo é iso?

  16. O feito máis destacado dende o punto de vista da política local foi a crise de goberno de setembro, ¿qué valoración global fai da mesma?

  17. Vostede dixo que a crise se zanxou mediante unha delimitación de competencias. ¿Pode vostede asegurar que non houbo ningunha outra clase de acordo con Andrade?

  18. ¿Qué influencia tivo na crise a visita de Anxo Quintana a Carballo?

  19. Vostede insinuara que fora o PP quen instigara todo o acontecido. Ademais, é de dominio público que durante estes dous anos sempre houbo conversas entre PP e CDI. Visto o resultado e coa perspectiva de catro meses, ¿segue a pensar o mesmo?

  20. ¿Qué impresión pensa que levaron desa crise os militantes do BNG? ¿E cómo pensa que pode influír electoralmente?

  21. ¿De que corrente ideolóxica forma vostede parte dentro do BNG: UPG, Colectivo Socialista, Esquerda Nacionalista, Inzar, ...?

  22. En caso de que non forme parte de ningunha corrente, ¿cal é aquela coa que máis se identifica ideolóxicamente?

  23. ¿Cál vai a ser a liña do seu equipo no ano e medio que resta de lexislatura? ¿Qué proxectos están en marcha e cales poderán estar rematados no próximo ano e medio?

  24. ¿Qué perspectivas ten para as próximas eleccións?

  25. ¿Cómo pensa que vai afectar a nova Xunta ó futuro de Carballo?

¿Eran preguntas difíciles ou comprometidas? Pode que algunhas si o foran. Pero entre as obrigas de todo político que respete ós cidadáns está a de dar explicacións do que fai, do que non fai e do que pretende facer. En definitiva, rendir contas tamén mentras manda, non só cada 4 anos. Algo tan simple e elemental como esto, Ferrero non quixo facelo con Carballo Dixital.

Pode que Ferrero considere que os lectores desta páxina non merecen a súa atención. Ó fin e ó cabo, ¿qué importancia pode ter unha páxina web que en só un mes de vida conseguiu 656 lectores asíduos, con 14.752 páxinas vistas? Ou, se cadra, o motivo está en que non facemos entrevistas “complacientes”, porque para facer propaganda xa hai outros medios…

Mañá publicaremos as contestacións que nos enviou Alberto Sueiro, ó que lle agradecemos a súa atención con CD.



      Seguir lendo...

       
      eXTReMe Tracker
      Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner