Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, enero 03, 2006

Últimos anuncios publicados no DOG


A continuación, insertamos os anuncios relativos a Carballo aparecidos no DOG desde a última relación publicada en Carballo Dixital (24-11-2005).

Refírense á convocatoria de varias prazas de funcionarios e á aprobación dunha modificación puntual do PXOM na confluencia das rúas Sol, Oriente e Vila de Negreira.

Son os seguintes:...

...
- 20-12-2005:

Anuncio das Bases para a convocatoria de varias prazas de funcionarios do Concello de Carballo, aprobadas pola Xunta de Goberno Local:
  • 1 praza de Auxiliar Administrativo (oposición)
  • 1 praza de policía (oposición)
As Bases aparecen publicadas no BOP da Coruña nº 241, do 21 de outubro de 2005. O prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.


- 13-12-05:

Orde do 26 de outubro de 2005 de aprobación definitiva da modificación puntual nº 6 do PXOM, na confluencia das rúas Sol, Oriente e Vila de Negreira.


- 9-12-2005:


Anuncio das Bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local, para a convocatoria da seguinte praza de funcionario:
  • 1 técnico medio de servizos económicos do Concello de Carballo (oposición).
As Bases aparecen publicadas no BOP da Coruña nº 241, do 21 de outubro de 2005, e correxidas no BOP nº 273, do 29 de novembro. O prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.


 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner