Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

domingo, enero 15, 2006

Problemas urbanísticos poderían causar o corte de varias rúas


Semella que, logo dun tempo de certa calma, o urbanismo se está a converter outra vez en tema de máxima actualidade no noso Concello.

O pasado día 11, liamos na Voz de Galicia de Carballo, que se volvía a abrir o conflicto con respecto ás rúas abertas na zona do ambulatorio, e o día 12 enterabamonos polo mesmo xornal que o concelleiro de obras e urbanismo Manuel Andrade “instaba” ós propietarios de polígonos a desenvolvelos.

No primeiro dos casos...

...o tema ven de vello. Tan de vello como que o problema xenerouse cando Manuel Andrade era tamén tenente de alcalde, pero nos tempos da CPG, hai máis de 15 anos. Segundo parece, chegárase a un acordo verbal cos propietarios dos terreos da zona do ambulatorio para que cedesen os seus terreos para a apertura de rúas, pero non se firmara ningún convenio por escrito. Pasado o tempo, e para poder construir edificios nesa zona, os propietarios atópanse con que, evidentemente, teñen que desenvolver o correspondente polígono e ceñirse á normas do Plan Xeral, que non se axustan as pactadas de palabra, de modo que lle reclaman ó Concello que se cumpra o acordado verbalmente no seu día. A reclamación ten maior vixencia se temos en conta que o representante do goberno é agora o mesmo que era naquel tempo.

Vista a falta de acordo con Andrade, os propietarios ameazaran xa hai meses cun posible corte das rúas que se abriran no seu día, pero por aquel entón o tema semellou solucionarse temporalmente. Agora volven á carga realizando a mesma ameaza, e aínda non sabemos cómo vai acabar o tema, aínda que dende o punto de vista legal, non semella que os propietarios teñan moitos argumentos na súa man, pois os acordos que non están por escrito non son tales, aínda que se fagan cun todo un concelleiro de urbanismo.

No segundo caso trátase dunha nova realmente sorprendente, xa que Andrade recoñece implícitamente que o desenvolvemento dos polígonos do PXOM de Carballo non é satisfactorio, ó tempo que responsabiliza de iso ós propietarios dos terreos. Sen embargo, ata hai ben pouco tempo, semellaba que a versión oficial sobre este asunto, é que existía un bo avance dos polígonos do Plan, ou, cando menos, así aparecía na prensa local naquelas datas, ó tempo que o propio goberno local semellaba atribuirse o mérito desa circunstancia:


18/1/2004 , 18/1/2004, 18/1/2004, 5/1/2004, 9/1/2005


Estas dúas novas saen á luz mentres se dan debates en torno á proxectos coma o campo de golf, e mentres se está a levar a cabo a revisión do Plan Xeral, promovida polo actual goberno puco despois de chegar ó poder e pouco despois de terse aprobado o plan vixente.


4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

ni una palabra de como Manuel Varela nos ha dejado de jodidos con el plan general en este poligo del que hablais,

nosotros nos sentimos perjudicados por la gestión de Andrade en su día, pero tambien de Varela, ya que ha dejado unos cambios en el plan general que nos perjudican.


Una vecina afectada

17/1/06 11:51

 
Blogger Carballo Dixital said...

O comentario anterior foi enviado onte, de xeito anónimo, pero non o publicamos ata hoxe porque previamente intentamos contrastar o que se decía no mesmo.

Suprimimos a última parte dese comentario, posto que se di algo que non temos modo de comprobar, e non publicaremos nada que non estea mínimamente contrastado.

En caso de que a persoa que deixou o comentario dispoña de máis datos que acrediten que o que di é certo e nolos facilite, non teremos ningún inconveniente en publicalo íntegramente.

17/1/06 11:57

 
Blogger Carballo Dixital said...

Sentimos no poder el publicar el nuevo comentario anónimo recibido hoy, puesto que no tenemos datos que nos permitan constatar suficientemente que el bien al que Ud. se refiere pertenece a quien Ud. dice, ni la fecha en que fue adquirido (en caso de que lo fuera), ni las demás circunstancias a que Ud. alude.

No renunciamos a publicar rumores, siempre y cuando dichos rumores estén mínimamente contrastados (a ser posible por distintas fuentes) o al menos tengan visos de credibilidad por otros datos o circunstancias, como es el caso del post publicado más arriba.

Por el contrario, en el caso al que se refiere el comentario anónimo, no está mínimamente contrastado su contenido ni se nos ofrece prueba o dato alguno que induzca a creer en su certeza, y por ello debe entender que no lo publiquemos.

Estamos abiertos a cualquier posible ampliación de la información o aportación de otros datos. Para evitar comunicaciones por el sistema de comentarios de la página, le informamos de que puede ponerse directamente en contacto con Carballo Dixital a través de la siguiente cuenta de correo: carballodixital@gmail.com

17/1/06 13:33

 
Blogger Carballo Dixital said...

En relación co que afirma o comentario anónimo recibido onte, informámoslle que, polas mismas razóns expostas noutros casos, non publicaremos o que vostede nos informa sobre o alcalde, salvo que nos aporte algún tipo de proba ou indicio do que afirma.

Repetimos que, en lugar de facelo pola vía dos comentarios, pode dirixirse a Carballo Dixital enviando un correo electrónico a carballodixital@gmail.com.

19/1/06 10:03

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner