Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, febrero 17, 2006

A arte dos graffiti chega a Carballo


Este antroido vai ter na nosa vila unha atracción curiosa e sorprendente. Gracias ó traballo de dous mozos, o carballés Alejandro Castro e mailo coruñés Cristian Diamante, vaise celebrar nas galerías da zona da Igrexa o “Graff-Time 2006”.

A iniciativa consiste en habilitar as paredes desas galerías......para que, durante a fin de semana do 24 e 25 de febreiro, un grupo de estudantes de Belas Artes mostren as súas cualidades e demostren ós máis incrédulos que o graffiti é unha forma de expresión artística. A realización dos murais comezará o venres ás 12 da mañá e rematará o sábado. Os dous días haberá concertos con grupos de rap e DJ´s a partir das 6 da tarde. Haberá un muro libre onde os espontáneos poidan demostrar as súas artes (a ver se algún se esquece definitivamente de facelo nos espazos públicos).

Tanto o Concello de Carballo coma os propietarios dos comercios das galerías axudan e apoian unha idea que servirá para que os graffiti vaian perdendo a súa imaxe vinculada ás pintadas de gamberros. Tal e como afirmaba o alcalde na Voz de Galicia, “non se trata de domesticar ningún tipo de expresión, senón que a arte está continuamente en revisión e foi gañando novos espazos de expresión”.

Atrevémonos a dar unha idea: En lugar de que o acto se celebre só nesta ocasión, ¿por qué non instaurar un concurso anual de graffiti? Sería unha forma de mellorar a estética dalgún espazo comercial, de mellorar o entorno urbano, e unha iniciativa interesante e novidosa. Dito queda.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

me parece una buena idea lo de hacer un concurso anual de graffiti hay que reconocer que muchos graffitis que se ven en los muros de las ciudades son verdaderas obras de arte y el arte se debe acercar a la gente .

21/2/06 21:24

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner