Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, febrero 17, 2006

O Concello mellora o entorno do río Anllóns ata a Revolta coa plantación de árbores autóctonas

Onte puidemos coñecer unha boa idea que o Concello de Carballo ven de poñer en marcha no tramo do río Anllóns que vai de Carballo á zona de Conservas Calvo. Tal e como informou o concelleiro de Servizos e Mantemento, Luis Lamas, xa se efectuou un desbroce das marxes do río, e agora vaise proceder a plantar árbores autóctonas para repoblalo forestamente. As especies escollidas serán castiñeiros, loureiros, carballos (como non), freixos, bidueiros e salgueiros. Deste xeito, preténdese ademais reforzar os taludes para que as crecidas do río non causen desprendementos. Esta actuación complementa......o desbroce das marxes do río e a colocación de zahorra nesa zona a fin de permitir o paseo ó longo do Anllóns, que xa se levara a cabo hai un tempo.

Así como en Carballo Dixital temos sido críticos co goberno local en moitos aspectos hai que destacar o acertado desta iniciativa, pois é unha forma de ofrecer un gran servicio ós carballeses con coste reducido, e sobre todo respectando e promocionando o noso medio natural. Lástima que non haxa máis ideas coma esta.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Unha de cal e outra de area.

Vexo con moi bos ollos que o goberno local intente levar a cabo un plan coma este que favorece o medio ambiente, promove o plantio de árbores autóctónas que conlevan a unha menor erosión do terreo e polo tanto que dan lugar a un menor risco de desbordamento do rio.

Pero se realmente están a promover tal cousa a min que me expliquen porque dende a milagrosa e rio Anllóns arriba para facer o paseo fluvial comezan a talar abeneiros sen unha lóxica aparente, ¿querenme dicir vostedes que no seu lugar van plantar carballos?, porque se é así vexoo moi ben, pero sinceiramente dubido moito iso.

Pareceme baixo o meu hulmilde punto de vista, que para facer ese paseo non habia porque eliminar ningunha árbore ou polo menos case ningunha, porque se antes habia asolagamentos do rio na zona da lagoa por mor do seu cauce agora ainda vai ser peor pola erosión que se vai producir, non a curto prazo (porque ainda están as cepas das árbores) pero si dentro dunhs anos cando estas desaparezan pola súa descomposición biolóxica.

E non só o desbordamento, tamen ai que pensar nos pescadores do coto, se desaparecen as raízes das árbores as troitas neste caso tampouco terán onde agocharse, a simple vista parece un problema menor, pero deste xeito tamen se perde un deporte da zona.

Recorden o paseo que se fixo xunta a estacion nova de buses, espero que non se faga o mesmo agora, a fauna do rio non ten onde criar ainda que queira. O único que se ve é moo verde (e non algas, que as algas son depuran a auga)e catro troitas por aí bailando.

Se realmente queren coidar o entorno, prégolles que estudien máis detidamente as cousas dende tódolos aspectos antes de facelas e agora que ainda están atempo non fagan o mesmo que realizaron no treito do parque novo nob resto cauce enteiro só porque un "enxenieiro" ou quen sexa a persoa capacitada diga que se talen árbores.

Penso que un paseo fluvial é pra mostrar a xente o rio tal como é e non para facelo como a nós nos asemelle mellor

3/3/06 17:58

3/3/06 18:02

Publicar un comentario

<< Home

eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner