Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, marzo 03, 2006

Controversia útil


Desde hai uns días, vense desenvolvendo unha pequena polémica a base de comentarios de dous lectores nesta páxina, con motivo do post titulado "Mesa do PP", referido á recollida de firmas levada a cabo polo PP para pedir un referéndum sobre o proxecto de novo Estatuto de Cataluña.

Os lectores ós que nos referimos son Calaf e CARBALLÉS E NACIONALISTA. Como cremos que a cousa ten interés para todos, á vista do último comentario (que é moi extenso) de CARBALLÉS E NACIONALISTA, pareciunos boa idea traer esta discusión (moi educada, eso si) á portada de Carballo Dixital, para que todos nos ilustremos acerca dos diferentes argumentos das dúas posturas que representan.

Sin máis, e agardando que se sumen máis persoas a esta interesante polémica (todo contraste de pareceres nos enriquece), poñémosvos o último comentario que nos remite CARBALLÉS E NACIONALISTA:

Vaia, unha mágoa non poder dar este debate con toda a larganza que eu quixera, porque de certo é ben interesante. En calquera caso, amigo calaf, como tampouco me quero poñer a elaborar unha teoría complexa sobre do tema, vou ir respondendo unha a unha as cuestións que comentas:

1-. A miña tese sobre Galiza-España. Ben. Eu digo o que digo. Eu penso que Galiza existe con entidade propia, e que dende logo non está formada por inútiles, do cal deduzo claramente que poderá rexerse por si soa cando queira (cousa que outros negan). Sen embargo, o meu argumento non é que debamos cambiar o actual marco, necesariamente, senón cambiar o concepto. É dicir, non é cuestión que Galiza sexa ou deixe de ser comunidade autónoma, senón que en calquera caso os gobernantes galegos teña a posibilidade de actuar en todo canto poida perxudicar/atinxir á calidade de vida dos galegos, cousa que non acontece. É dicir, independentemente de que Galiza estea nun marco político ou noutro, o que temos que considerar imprescindible é que, se vai haber, como houbo, unha negociación que recurta as cotas lácteas dos nosos gandeiros, Galiza poida falar alí onde se tome a decisión (cousa que non acontece). Outro exemplo: que ante unha catástrofe como foi a do Prestige, que nos afectou en primeirísima persoa, non teñamos que agardar que veña arranxar a cuestión o goberno incompetente de Madrid (como aconteceu).

2-. Sobre da reclamación ao goberno central. Non hai tal cambio. A cuestión é que dende o nacionalismo sempre reivindicamos que os galegos decidisen sobre do seu. En tanto en canto isto non é así, é preciso e necesario que esteamos alí onde se toman as decisións que nos afectan coa maior capacidade de influencia posible. E en tanto quen ostenta esas competencias que nos afectan e non se nos permiten exercer non da a esta terra todo o que lle tocaría, falamos de débeda histórica. Nada cambia neste punto.

3-. Co das cifras mellor non entro, máis que nada porque comentas unhas cifras supostas (50, 75, 100...) que non responden a nada. Hai estudos que demostran...... claramente que o estado recada en Galiza moito máis do que inviste, e este é un tema do que non vale a pena discutir sen datos certos.

4-. En todo caso, comentas o caso dos impostos que non tributan nos propios lugares onde se orixinan. E en abundamento disto, en Galiza padecemos outro agravio maior (que, por exemplo, non padece Cataluña, alomenos non na mesma medida) cal é o feito de que empresas que viven de explotar e expoliar Galiza (Unión Fenosa, por exemplo) teñen sede social en Madrid, co cal declaran todo aló. Porén, non aparecen as súas declaracións como galegas, máis de feito así debera ser, e pódoche asegurar que, en termos cuantitativos, non é unha cuestión baladí.

5-. O tema da Costa da Morte e demais descalifícase por si só e mellor xa nin o comento. Dicir que a Costa da Morte ten lingua propia é unha saída de pata de banco e unha afirmación tan absurda que non merece nin ser comentada, así que non o farei.

6-. O tema das fronteiras, e iso. Curiosa esa afirmación, si señor. E curioso o momento no que se produce. Claro, viva a Unión Europea, e todos europeos, e mira ti que ben. Pero resulta que á hora da verdade, a pesar de que España se apunta ufana á liberdade de mercado e defende unha constitución europea ultraliberal, cando lle tocan o peto resulta que esas fronteiras reaparecen de novo. Falo, claro está, do caso E.On e Endesa. Por que España non quere que merquen os alemáns? Acaso non somos todos europeos? Pero aínda digo máis, eu non me opoño a Europa, e creo que xamais escoitarías a ningún dirixente do BNG renegar de Europa. E digo aínda máis: o primeiro defensor da unión europea, moito antes de que os actuais líderes sequera nacesen, foi un histórico nacionalista, o mestre Castelao (véxase o peche do seu Sempre en Galiza).

7-. E finalmente, fálase da actual situación do BNG e non sei que renuncia aos ideais. Bueno, cada un enténdeo como quere, eu non penso que os nacionalistas vaiamos renunciar aos nosos ideais. E o primeiro ideal que temos, sen dúbida ningunha, e que a bó seguro compartimos con moita máis xente doutra ideoloxía, é o amor por esta nosa terra e os desexos de vela prosperar. Porén, en gobernos ou fora deles, traballamos sempre polo mellor para o país, coas ferramentas que temos en cada momento e sendo realistas. O ideal, os ideais, son unha meta que alcanzar, unha estrela que nos guía polo camiño, máis non se chegou á lúa o día que alguén dixo que isto sería posible, senón moito tempo despois.

E vaia, agardo que o director deste blog admita este texto tan largo ao completo, e poder seguir discutindo como até agora, que a verdade da gusto.

Os/as "directores" do blog non só admiten este texto, senón que te animan a ti e a tódolos lectores a seguir participando neste teu blog do xeito que estimes oportuno (a Calaf xa non fai falta invitalo, porque xa nos ten enviado noticias e é un dos asíduos comentaristas).

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Publica hoxe a Voz unha entrevista moi interesante con Albert Boadella sobre o asunto do nacionalismo. Que un defensor da libertade como sempre demostrou ser Boadella teña que dicir estas cousas debera facer pensar a máis dun nacionalista sobre o que se traen entre mans. Cópiobola a continuación:

-Cuesta trabajo verle al frente de un partido.

He contribuido a la creación de un partido porque la situación en Cataluña se hacía irrespirable. El nacionalismo lo invade todo, todos los rincones de la sociedad. Ha sido una reacción fisiológica. Además, la situación se degrada día a día.

-Usted ha llegado a decir que no hay oposición.

Sí. La práctica totalidad de los partidos son nacionalistas, lo que ha provocado una auténtica epidemia de nacionalismo en los catalanes.

-¿Cataluña es una nación?

Mi generación ha visto como se creaba o inventaba una nación. Yo no digo que Cataluña no fuera una nación en otros tiempos, en el siglo XIII o XIV, pero en este momento era absurdo e innecesario entrar en este debate. Y ahora la política catalana está enquistada en la metafísica, el simbolismo y los sentimientos.

-¿Pero para oponerse al nacionalismo no está el PP?

El problema es que el PP, cuando ha necesitado sus votos, ha dejado hacer al nacionalismo. Si el PP hubiera cumplido lo que nosotros creemos que hay que cumplir no nos habríamos metido en este berenjenal.

-¿A qué se ha debido lo que llama deriva nacionalista del PSC de Maragall?

A la cantidad de años que CiU dominó el país y consiguió inocular una epidemia de nacionalismo en todos los rincones de la sociedad catalana. De tal forma que el PSC creyó que tenía que jugar a ser más nacionalista que CiU para ganar. Y, de hecho, esa estrategia política funcionó. Pero yo pensaba, porque voté a Maragall, que cuando llegara al poder pondría las cosas en su sitio y acabaría con el delirio nacionalista. No ha sido así, ha ido a peor. Aunque el PSC puede dar marcha atrás si las urnas le dan un escarmiento.

-Usted ha dicho que ERC es de extrema derecha.

Sí. Hay una forma de entender las peculiaridades de Cataluña que es de extrema derecha. Los jóvenes que revientan nuestros actos son puro fascismo.

-¿Cree que es preocupante el anticatalanismo que hay en el resto de España?

Sí. Hemos pasado de que la gente nos tuviera una especie de admiración, de ser la puerta de Europa, a provocar problemas constantes. Hemos destrozado nuestro prestigio. Nosotros hemos sido los provocadores de ese anticatalanismo, no han sido el conjunto de los españoles los que han agredido lo que los catalanes consideran sagrado. No, nosotros hemos entrado como un elefante en una cacharrería con un estatuto hecho con el ánimo de marcar distancias entre España y Cataluña.

-¿Qué opina de Zapatero?

Metió la pata hasta límites inconcebibles cuando dio barra libre a los catalanes. Nunca me he fiado de los buenos. Es un boy scout que debería crecer.

-¿Y de Rajoy?

Es muy gallego y muy indeciso.

-¿Cómo valora a Mas?

Es un hombre para la publicidad.

3/3/06 19:28

 
Anonymous Anónimo said...

Ben, pola miña parte alédome de que Boadella e esta xente se animen a meterse en política, á fin de contas o fermoso da democracia é que todo o mundo pode participar. Xa logo, creo que á volta de pouco máis de un ano veremos que respaldo social teñen (e ollo, non é cuestión menor, porque hai xente moi coñecida nese proxecto).

Ao que non me atrevo a falar é do clima da sociedade catalana, xa que, por desgraza para min, non coñezo esa realidade, ora ben, unha cousa que si sempre vin clara era que os políticos cataláns sempre defenderon o seu, cousa que oxalá os galegos puideramos ter dito dos nosos deputados (entón, se cadra, non eran precisos os partidos nacionalistas).

Ora ben, si hai un par de afirmacións que resultan comentables nesta entrevista de Albert Boadella:

1-. "Yo no digo que Cataluña no fuera una nación en otros tiempos, en el siglo XIII o XIV, pero en este momento era absurdo e innecesario entrar en este debate". Está ben, pero este é un debate que eu xa dei moitas veces. Como que Cataluña "era" unha nación? Se o foi, dende cando deixou de selo? E por que? E non, os nacionalistas non entramos neste debate, afirmámolo sen máis, e palabras como estas de Boadella non fan máis que reafirmármonos.

2-. "...no nos habríamos metido en este berenjenal". Ben, un alto concepto da política e do que pretende facer no futuro, si señor, un "berenjenal".

3-. "Metió la pata hasta límites inconcebibles cuando dio barra libre a los catalanes". ??? Eu pensei que, independentemente do que diga ou faga o presidente do Goberno, o parlamento catalán tiña toda a autoridade moral e legal para redactar a proposta de estatuto (que supoño que é ao que se refire), igual que o Congreso e o Senado terán autoridade legal para modificalo. Máis aínda, se alguén o tiña que facer, ese era o parlamento catalán.

En fin. Isto da para moito máis. En calquera caso mil grazas ao xestor do blog polo xesto de abrir este espazo.

4/3/06 11:26

 
Anonymous Anónimo said...

home vaia exemplo, boadella,

en fin, no coments

4/3/06 11:35

 
Anonymous Anónimo said...

Perdón por el retraso, pero es que uno no anda especialmente sobrado de tiempo, sobre todo para conversaciones tan amplias como ésta. Gracias de antemano a Carballés e Nacionalista por sus respuestas y a Carballo Dixital por conceder tanta importancia a este debate. La verdad, no me esperaba yo tanta expectación. Como sospecho que ninguno de los dos vamos a convencer al otro de nuestras opiniones (aunque quien sabe), sí creo que procede que acabemos de exponer nuestros argumentos y que cada uno saque sus conclusiones o se sume al debate, que tampoco se trata de convertir esto en un bis a bis.

1- Por supuesto que Galicia no está poblada por inútiles (estoy tentado a abrir un debate sobre “Galiza”, pero de momento nos llega con éste). Tampoco lo está Carballo, ni la comarca de Bergantiños, ni España. Todos tenemos capacidad para regirnos y derecho a que se tengan en cuenta nuestras opiniones. El debate que tú abres es por tanto la organización administrativa de los órganos de decisión, y, en particular las competencias. Y es una cuestión fuera de duda que el estado de las autonomías de la Constitución del 78 y sus posteriores desarrollos han conferido a las comunidades un nivel de competencias como no existe en casi ninguna región de Europa. Luego por supuesto que tenemos capacidad para regirnos. Pero sucede que la realidad, y la naturaleza son más tozudas que el papel, que lo aguanta todo.

Hablas de que deberíamos haber podido gestionar el Prestige. Dejando aparte que Galicia sí tuvo y tiene competencias en materias relacionadas con la gestión de este tipo de catástrofes, tu tesis supondría que los gallegos seríamos lo que decidiríamos el destino de los asturianos, cántabros y vascos. ¿Solución? ¡Facilísimo! Que los de Gijón se coman el petróleo. Supongo que los nacionalistas lo llamarían defender los intereses propios, pero a todos los demás nos parecería inaceptable ¿Que los asturianos tengan el mismo nivel de competencias que nosotros? Pues a ver cómo nos ponemos de acuerdo…, si las mareas negras tienen la mala costumbre de no obedecer a los políticos sino a las leyes de la naturaleza. Esto, que parece que broma, no lo es. Ha sucedido hace poco en un incendio de Guadalajara: las comunidades no se pusieron de acuerdo en cómo gestionarlo, no supieron o no quisieron coordinar sus medios, y no existía un mando central con poder ni medios suficientes como para hacer frente a algo así. Resultado: 20 muertos y una conclusión: los incendios tampoco tienen por costumbre obedecer a los estatutos ni a las reivindicaciones nacionalistas. Y esto es real hasta el punto de que los fenómenos redactores del Estatuto Catalán han propuesto reservarse las competencias sobre el tramo de río Ebro ¡que discurre por Cataluña! Es decir, que sobre un río que atraviesa varias comunidades, cada una se reserva competencias en su trozo. Por tanto las comunidades de arriba pueden secar el río o contaminarlo cuanto quieran, ¿cómo van las de abajo a impedírselo? Lo siento, los ríos tampoco son nacionalistas. Por cierto, siempre me ha llamado la atención la identificación de ecologistas y nacionalistas, cuando obviamente son ideologías incompatibles.

A continuación tocas otro tema importante, la Unión Europea. Conste que no estoy de acuerdo con el sistema de cuotas, pero eso no implica, como tú sugieres, que la existencia de un poder exclusivamente gallego pudiera solucionar todos los problemas de ese tipo en la Unión. Todo lo contrario. La UE supone un paso decisivo a favor de la apertura de mercados y la liberalización de todos los sectores posibles, y se hace así, tanto por derechas como por izquierdas, porque ha quedado más que demostrado que el libre mercado es la mejor forma de generar progreso y de hacerlo en libertad, pero ojo, no es perfecto ni infalible. En ocasiones tiene inconvenientes, y frente a ellos lo que no podemos hacer es renunciar a él, cerrarnos en banda, aislarnos y mirarnos al ombligo. Porque los inconvenientes serían mucho mayores. Poniendo un ejemplo claro: si los carballeses nos estamos beneficiando de que Calvo tenga fábricas en Latinoamérica (gracias a la libertad de mercado) no podemos (o no deberíamos) luego negar la libertad de mercado para que países del 3er mundo nos vendan sus productos a precios más competitivos, que por cierto es su forma de progresar, como en su día hicimos nosotros. Ni poner indignarnos por la miseria en Asia, y luego poner el grito en el cielo por los precios de los productos chinos. En su día los agricultores franceses hicieron lo mismo con los camiones de fruta españoles, y nos indignamos. En ese momento la CEE nos defendió, y el Levante español ha progresado hasta alcanzar los niveles europeos, sin que los franceses se hayan arruinado ni mucho menos. De lo que se trata es de saber especializarnos y competir. Si ponemos puertas al mar, un día la marea las rebasará y nos inundará.

Un tercer punto que no hemos mencionado y también es importante: la justicia. Con una justicia cada vez más dividida, los jueces irán perdiendo independencia. Inevitablemente estarán sujetos a más presiones de caciques locales, y el peligro de corrupción será mayor. Si de lo que se trata es de que la justicia sea ciega, yo prefiero que me juzgue alguien que no conoce de nada a nadie, así sea del Perú, que alguien con relaciones próximas a alguno de los intervinientes. El Estatut también propone la existencia de 17 CGPJ.

A lo que voy es a que la realidad, tanto de la naturaleza como del progreso económico y la justicia, no es compatible con sistemas de organización como la que propone el Estatut de Cataluña. Porque así como en ciertos servicios se prestan mejor desde la cercanía, y es conveniente la descentralización, otras cuestiones deben ser coordinadas por poderes más amplios. No somos una isla. No somos Galicia y punto compitiendo con todo bicho viviente. Somos Galicia dentro de España y de Europa, y España y Europa no son un enemigo sino una oportunidad, si la sabemos aprovechar. Si nos miramos al ombligo nos perdemos otras partes del cuerpo mucho más interesantes :)

2- El segundo punto queda parcialmente respondido en el primero. De todas formas te recuerdo que en el gobierno de la Xunta no ha habido nunca nadie que no fuera gallego, que yo sepa. Y me encantaría escuchar la reacción del BNG si fuese la comunidad de Madrid, con gobierno del PP, la que propusiese un Estatuto como el catalán. Dicho sea de paso, la presidenta de Madrid, de derechas, presume de ser la que más aporta y ayuda a otras comunidades, mientras los mandatarios de Cataluña, de izquierdas, se quejan de que “su” dinero se invierta en Extremadura. A ver si un día me lo explica alguien.

3- Las cifras son por supuesto un invento para explicar el concepto, claro que no representan nada concreto. Pero esos estudios me gustaría que los enumerases. Porque lo que dices es absolutamente falso. Quizá te refieras a la inversión del Estado en tanto Estado. Ya, pero es que el dinero del Estado también va a parar a las CCAA para que lo administren. No hagamos trampas.

4- En cuanto a la tributación de empresas como FENOSA, te me escapas de la idea que yo había expuesto. Y estoy de acuerdo en que habría que intentar que las empresas que trabajan en Galicia tributasen todas en Galicia. Pero nuevamente estás perdiendo la perspectiva. Por esa regla de tres, supongo que propondrás que los carballeses renunciemos a los impuestos y patrocinios de Calvo, conseguidos gracias a “explotar” y e “expoliar” a los pobres indios americanos, y los “legítimos” caladeros de los pobres habitantes del Índico. Ese discurso paleo-marxista hace años que dejó de tener sentido. La gente que trabaja en FENOSA por aquí son todos gallegos, y no están explotados precisamente, más bien les da bastante bien de comer. Una cosa es que se deba proteger al medio ambiente y vigilar el cumplimiento de la ley, y otra cosa es pretender expulsar a quien quiere invertir aquí. De esa forma nosotros tampoco podríamos invertir en el exterior.

5- Perdona, pero tu comentario sobre la Costa da Morte no me parece muy respetuoso que digamos. Por supuesto mi comentario anterior pretendía ser una reducción al absurdo, y no se descalifica por sí solo, sino que no lo rebates porque posiblemente no encuentres argumentos. Voy más allá. Hablando de impuestos. ¿Por qué FENOSA tendría que tributar para los gallegos? ¿Por qué iba uno de Tui a beneficiarse de los impuestos de As Pontes y Meirama? No, que se quede toda la pasta en esos Concellos que son los más afectados. ¿Los demás? ¡AAAh! Los cercedenses defienden sus intereses, ¿no? Los bergantiñáns nos beneficiamos de la central de As Pontes y de las hidroeléctricas del Sil, pero no las sufrimos, al igual que los asturianos, cántabros o madrileños, ¿somos también expoliadores? ¿Lo son solo los malvados madrileños? Lo siento por el tono, pero es que nunca he sido capaz de entender el nacionalismo.

6- En este punto me cuesta contestar, porque estoy de acuerdo en casi todo. Pero eso debes decírselo al presidente del Gobierno, no a mí. Yo defiendo la libertad de mercado. Por otra parte, siento decirte que yo si he oído al BNG oponerse a la entrada en Europa, y muchas veces. Con respecto a Castelao, la verdad es que nunca me ha gustado esa obsesión de los políticos por apropiarse de la simpatía de personas muertas. Castelao vivió la primera mitad del siglo XX. Otro tiempo, otras ideas, otra situación. Es absurdo asignarlo a las filas del BNG, como me pareció absurdo que Fraga lo intentase aproximar a las filas del PP. Fue quien fue y punto. Se pueden elogiar sus ideas o no, pero ojo, eran ideas de hace 60 años, no ideas para el siglo XXI. Su vigencia es relativa.

7- Con respecto a la renuncia ideológica del BNG, a los hecho “me repito” (M.Manquiña). Una cosa es que el idealismo no tenga cabida cuando se llega al gobierno, y otra muy distinta pasar de la noche a la mañana de marxista-leninistas cantado la internacional puño en alto, a promover centros comerciales en plazas públicas, puertos deportivos, o urbanizaciones con campos de golf. ¿No te parece a ti un poco fuerte? De todo cuanto prometieron, ya nadie se acuerda, y de los pactos con el CDI, mejor no hablemos. Esto a nivel local, pero es que nivel autonómico más de lo mismo: de poner a parir la política contra-incendios a aplaudirla, de desgañitarse contra los altos cargos a ampliarlos, de manifestarse en el 1º de mayo a tontear con los grandes empresarios…

Bueno, perdón por semejante discurso. Como no vayamos terminando este debate nos van a dar las uvas… :)

Muchas gracias, yo también he disfrutado con la discusión.

5/3/06 17:42

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner