Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, marzo 18, 2006

Hoxe elíxense ó Carballés, Galego e Bergantiñán do ano 2005


Será a partir das 7 da tarde, no Salón de Actos da Igrexa de Carballo. Carballo Dixital, que para conservar o anonimato non estará presente na votación, xa emitiu o seu voto por email.

A lista definitiva de candidatos, con mención das novidades respecto á relación anterior, é a seguinte:

Carballés: José Arijón Rama, Presidente da Casa de Galicia de Montevide; José Manuel Cousillas Bermúdez, enxeñeiro aeronáutico; Juan Fernández Puga e Francisco Gómez Pallas (candidatura conxunta), deportistas; Centro Municipal de Formación de Carballo; o xornalista Henrique Mariño Lorenzo (novidade con respecto á relación anterior); o Centro Social San Xoán Bautista (novidade, a proposta de Carballo Dixital); Xosé Ramón Freixeiro Mato, filólogo (novidade).

Bergantiñán: Asunción Antelo Suárez, artista autodidacta (novidade); Cantareiras ...da Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda (Malpica), C.R.A. (Colexios Rurais Agrupados) Nosa Señora do Faro de Ponteceso; Asociacións de loita contra o Cancro da Comarca de Bergantiños; Xelucho Abella Chouciño, escritor; Eduardo José Pardo de Guevara y Valdés, historiador; Fernando Cabeza Quiles, escritor (novidade).

Galego: Luis López Tosar, actor; o ex-futbolista Francisco González Pérez (Fran); Julio Fernández Rodríguez, dono da empresa Filmax; Ángel Carracedo Alvarez, catedrático de medicina legal; Carmen Avendaño Otero, fundadora de Érguete; Xosé Neira Vilas, escritor; A feira de San Lucas de Mondoñedo, unha das más importantes feiras tradicionais galegas (novidade con respecto á relación anterior).


Enlaces relacionados:

Primeiras propostas para carballés, bergantiñán e galego do ano 2005

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner