Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

domingo, marzo 05, 2006

A huevo


Como era de esperar, as últimas declaracións do concelleiro de urbanismo criticando os presupostos do seu propio goberno provocaron a inmediata reacción do Partido Popular, que, lóxicamente, aproveita a coxuntura para botar más sal na ferida.

O PP envía unha nota para resaltar a evidencia de que “os membros do goberno tripartito están a resolver as suas diferencias nos medios de comunicación, en esta ocasión co proxecto de orzamentos coma moeda de cambio”.

Tamén se pregunta “cómo é posible que o alcalde de Carballo intente enganarnos decindo que todos están de acordo nos orzamentos que presentan para a sua aprobación e que no goberno non hai ningún problema, cando públicamente os seus concelleiros din que os orzamentos son manifestamente mellorabeis e que o BNG gasta os cartos en ´parafernalias´”.

Para o PP “non é de recibo que co proxecto recien presentado sexan os propios membros do goberno os que critiquen as contas que están a presentar. A falta de seriedade e de rigor de este goberno está a acadar cotas insostibeis. O Alcalde , na sua extratexia da avestruz, está a presentar e defender un proxecto no que non creen nin os seus propios socios de goberno quén ademais xa non teñen ningún problema en criticalo abertamente."

Máis adiante, os populares poñen en dúbida a “credibilidade [que] poden ter unhas contas que son cuesitonadas polos seus autores que din que soio as apoian ´porque hai que seguir no goberno...´".

“O alcalde terá que deixar de buscar excusas e afrontar que dirixe un goberno roto, no que cadaquén vai polo seu lado, e que o unico interés común é o de manterse no poder. Xa abonda de decir que non hai ningún problema dentro do goberno e que un día sí e outro tamén o deixen en evidencia os seus propios socios. Xa abonda de disimulos e medias verdades e que se abandonen os intereses partidistas e electorais e se traballe no interés de Carballo e os carballeses”, remata a nota.

A verdade é que llo están poñendo ó PP “a huevo”, como vulgarmente se di…

Enlaces relacionados:

Otra vuelta de tuerca

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

si si, pero agora resulta que no plano aproban todo de bo roio,

o PP ten un problema que as cousas quedan escritas e despois hai que comelas con patacas.

15/3/06 09:51

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner