Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, marzo 28, 2006

Manifestación

Xa hai data, hora e lugar para a manifestación convocada por CCOO en protesta pola perda de empleos en Calvo: será o próximo sábado, ás 6 da tarde, e sairá da Praza de Vigo (diante do Centro da Terceira Idade). Alí nos veremos.

Por certo, en relación con este asunto, Santiago Pazos publica hoxe en A Nosa Costa un artigo con interesantes reflexións, titulado “Calvo y los criterios de oportunidad”. Entre outras cousas, di: “lo que no comprendo son los clamorosos silencios de algunos sindicalistas y políticos locales o comarcales ante una cuestión de solidaridad laboral y social como esta.”

Nós si os comprendemos, e moitos dos lectores deste blog tamén. Se non, véxanse outros comentarios na mesma liña ó post titulado “Preocupación pola deslocalización de Calvo”.


Enlaces relacionados:

Preocupación pola "deslocalización" de Calvo

UGT anuncia medidas legais

7 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Os recomiendo que pinchéis en A Nosa Costa porque el artículo de Santiago Pazos es cojonudo. Sin faltar pero llamando a cada cosa por su nombre.
El comité de LA EMPRESA es un término que podríamos exportar. El sábado tendremos ocasión de comprobar la clamorosa ausencia de políticos. En esto sí que van a estar de acuerdo: NO IRA NINGUNO.
Los rojos porque no les conviene y los azules porque tampoco...
Claro que viendo como se lo toma el citado "comité de la empresa", tampoco deberá extrañarnos. Como dice el chiste "de merda hasta o cuello, pero máis tranquilos que Dios"
Podemos seguir dejando que nos den por todos lados, callados y sin molestar a los del dinero. Trabajaremos hasta que se le terminen las subvenciones y, cuando chupen bastante ¡viva la deslocalización!
¡Y VIVA EL COMITE DE LA EMPRESA POR SU VALIENTE DEFENSA DE NUESTROS INTERESES!
¡VIVA!

29/3/06 21:10

 
Anonymous Anónimo said...

Penso que lle estades dando pouca cobertura a un dos temas máis importantes, senón o que máis na comarca nestes momentos, que é o tema de Calvo. Penso que Comisións Obreiras non esaxera cando dí que é un duro golpe para a zona. Ademáis, co que vos gusta metervos coa Voz (alias "A Coz") sinálovos que teríades un filón, porque é curioso ver como dan en grande a versión edulcorada da conservera e do comité de empresa e en pequeniño, pequeniño a de CCOO, non vaia ser que alguén se entere, nun exercicio partidista máis. Menos mal que na competencia se recollen as dúas versións. Así logo cada quén é libre de opinar o que queira. Por outra banda hai moito material para meterse co alcalde, que pasa olímpicamente do tema. ¿Será que o PP non se quere meter con él por non apoiar os empleos porque eles manteñen tamén esa postura de avestruce? ¿Será que a ningún partido político lle preocupan os centos de mulleres que van a parar á rúa? ¿Será que en Carballo a xente confunde o respecto que merece a familia Calvo coa necesidade de defender a economía da zona? Penso que manifestarse non é unha falta de respecto. Penso que deberíamos ir todos a esa manifestación. Por desgracia, tamén penso que non vai ir ninguén.

1/4/06 13:20

 
Anonymous Anónimo said...

Tes razón que é escandaloso o tratamento que se lle da na Coz.
¿E qué me dis de Radio Coz?
Ainda peor.
Pero para eso tamén hai que valer. Algún só podería ser político ou periodista. Son capaces de defender esto e o contrario sen poñerse colorados.
¡manda collóns!

2/4/06 12:23

 
Anonymous Anónimo said...

Tes razón que é escandaloso o tratamento que se lle da na Coz.
¿E qué me dis de Radio Coz?
Ainda peor.
Pero para eso tamén hai que valer. Algún só podería ser político ou periodista. Son capaces de defender esto e o contrario sen poñerse colorados.
¡manda collóns!

2/4/06 12:23

 
Anonymous Anónimo said...

El PP puede tener una cierta excusa. Se supone que es un partido liberal-conservador, que defiende el libre mercado y la globalización. Aún así, debería decir algo y defender a sus vecinos, al menos a nivel local.
Pero el BNG no tiene perdón de Dios: un partido que va al foro de Porto Alegre con todos los grupos antiglobalización, con Hugo Chávez y toda la izquierda mundial, que ataca al capitalismo "salvaje", a las multinacionales, etc, y aquí se calla por simples amistades personales.

Y de la CIG prefiero no hablar porque tendría que decir barbaridades, aunque no tan grandes como las que les hemos escuchado a sus líderes estos días.

2/4/06 17:12

 
Anonymous Anónimo said...

yo estuve es Carballo el sábado, en la manifestación. Era un pueblo fantasma.

4/4/06 01:34

 
Anonymous Anónimo said...

Certamente, o PP é un partido liberal-conservador.

Defendámolo, pois. Defenden o libre mercado, e con Calvo temos un claro exemplo dos beneficios do libre mercado.

Por certo, venme agora á mente aquel debate que ninguén deu sobre o modelo económico que se plantexaba na proposta de Constituciòn Europea, a directiva Bolkestein e a libre circulación de traballadores...

Efectivamente. O PP defende o libre mercado. Para mostra un botón do que supón o libre mercado. Entendo que eles calen, cal sería senón a súa coherencia? Defender, como suxire o último comentario, unha cousa en Carballo e outra por aí adiante? Non lles pedimos coherencia aos políticos?

4/4/06 09:10

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner