Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, abril 12, 2006

Derrogado o programa Labora


Programa Labora: miles de mozos se beneficiaron del, así como moitas adminsitracións locais e empresas que puxeron en marcha programas de servizos sociais, culturais, administrativos, ambientais...

En empresas da comarca, e tamén no administración municipal de Carballo, aínda hoxe hai traballadores en cultura, servizos sociais, oficinas, etc... Este programa serviu de iniciación profesional a moitos xoves que hoxe continúan a traballar -no mesmo ou noutros postos de traballo-.

Debe ser que, por iso, o Sr. Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela (PSOE) derrogou por Decreto este programa posto en marcha polo anterior goberno autonómico. No DOG de 31 de marzo de 2006, publicouse o Decreto.

¿Xustificacións do Sr. Conselleiro para a derrogación?: “A realidade amósanos a ineficacia desta iniciativa para atallar o problema do desemprego xuvenil.”

Non sabemos qué pensarán os/as mozos/as que se beneficiaron do Programa Labora en Carballo. ¿Foi negativo para eles?

O que botamos en falta son as “mellores” alternativas que sen dúbida terá o Conselleiro. Veremos (se as ten) se consiguen mellores resultados.




6 Comments:

Anonymous Anónimo said...

A Xunta, nesta tolería revisionista, cargouse todo o que cheiraba a pp, o bó, o menos bó e o malo.
Veremos agora cales son as alternativas porque, antes de destruir, convén ter pensado o que se vai facer. De momento, se antes había traballo para moitos mozos que temos visto ocupando distintos postos no Concello, agora quedaron sin él. Precario ou non, o caso é que o tiñan. Que lle pregunten a eles si prefiren cobrar un sueldo, coller esperiencia, facer curriculum ou, pola contra, esperar na casiña ata que ós xenios do goberno se lles encenda a "bombilla".
Despois virá o que bó te fará (e non hai que agardar moito).

12/4/06 08:25

 
Anonymous Anónimo said...

es derrogado o derogado???

12/4/06 10:37

 
Anonymous Anónimo said...

o plan labora e un experimento que che ofrecia un traballo basura no concello por seis meses e despois deses seis meses mandabante para a calle e non te volvin a contratrar, non é por nada pero para estar seis meses no concelo derrochando os impostos dos contribuintes, sempre podes marchar a Madrid e a Barcelona donde cobraras mais e aprenderas mais que no concello

12/4/06 11:45

 
Anonymous Anónimo said...

O Plan Labora era unha pantalla moi bonita que na práctica non resolvía nada. Non sei por qué dicides que moitos "xóvenes Labora" conseguiron traballo gracias ao programa porque é mentira. Despois de varios meses de bo sueldo e gozar de tódalas vantaxes de traballar como funcionario os beneficiarios aterrizan no mundo laboral real. É dicir, pelexar con 40 por disfrutar de xornadas maratonianas, salarios escuetos e xefes dictatoriales. E iso se teñen sorte, porque (a ollo) de tódolos "xovenes Labora" que pasaron por Carballo non se quedou no Concello a traballar ningún. E que eu saiba tampouco atoparon traballo en Carballo, senón fora de Galicia, na emigración. Hai que fomentar o emprego con realidades, non con programiñas de tres ao cuarto que "maquillan" a realidade. Ah, me esquencía. Todo iso sin contar que o 75 por cento dos "xóvenes Labora" dos Concellos da zona entraron no seu posto por ENCHUFE puro e duro. Sempre vén ben ter un tío, un primo, ou un familiar na administración local.... ¡Vergonza de país!

12/4/06 17:48

 
Anonymous Anónimo said...

Yo fui beneficiaria de un Plan Labora en un Concello cercano a Carballo y, aunque no continué trabajando allí, sí tengo amigos que se quedaron. En todo caso, no fue un trabajo basura, no me parece que se hayan derrochado impuestos y, por último, agradezco a los que tuvieron la idea de implantarlo.

Veo que con opiniones como el anterior comentario nos tendremos que ir a Madrid, Barcelona, a trabajar en la construcción, o ser profesionales de la Hostelería en Levante. No sé si realmente piensa así o trata de justificar los errores del nuevo gobierno. Gracias por desearme lo mejor. Ya podemos ir haciendo las maletas.

13/4/06 09:35

 
Anonymous Anónimo said...

Son Enxeñeiro Industrial a vez que o autor do anterior comentario, para a miña cualificación en Carballo non teño o entorno necesario para mellorar a miña capacitación coma profesional, actualmente estou traballando en San Sebastian, sinto decirche que en Madrid e en Barcelona hai mais saidas que a Construcción e a Hosteleria.
O plan labora dende o meu punto de vista foi unha saida duns cantos meses para carreiras sen saida profesional coma educación infantil, educación social (destes teño varios coñecidos que se dedican a traballar en traballos que non necesitan de man de obra especializada) etc etc.
Pareceme que o plan labora foi tirar os cartos nese aspecto, aparte porque non coñezo en que estado quedaron os teus amigos traballando no concello nin baixo que tipo de contrato, eu sempre pensei que para traballar no concello deberiase de ser funcionario ("poderiasmo aclarar"), a vez que me gustaria saber que criterios de selección se realizarón.
Aparte deso podoche asegurar que fora de Carballo existe vida, traballo e unha vida con un maior poder adquisitivo gracias a uns soldos acordes coa formación e traballo do profesional e sen horas extras de agasallo (recordemos famosos talleres de costura que no seu tempo medraron coma cogumelos en carballo cuns contratos laborais bastante "ilegais").
Por certo nin me gusta o novo goberno nin o anterior.

17/4/06 03:21

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner