Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, abril 03, 2006

¿Desapareceu a oposición en Carballo?


Hai uns meses publicaramos un artigo titulado “¿Hai oposición en Carballo?” no que poñíamos na picota a case que nula iniciativa do PP carballés facendo a imprescindible oposición nun concello democrático. Sobre todo nun Concello coma Carballo, cun goberno de tres que cremos que está moi lonxe de ser modélico.

Por sorte para algúns e desgraza para outros, a partir do mes de decembro reapareceu a oposición, e non había semana na que os populares non denunciasen os temas que a moitas nos preocupaban, estivesemos de acordo ou non, con notas de prensa e roldas de prensa case diarias.

Pero tan repentinamente coma espertaron, semella que agora caeron durmidos. Nas últimas semanas as iniciativas tanto do PP coma dos seus cachorros de Novas Xeracións cóntanse cos dedos dunha man, e xusto cando nos achegamos á conta atrás do último ano da lexislatura, onde máis deberían moverse.

¿Terá que ver esto precisamente coa preparación das eleccións? ¿Contaxiaríanse os populares do sector “brando” (Gallardón, Arriola, etc) que recomenda “perfil baixo” e non facer ruido, e que parece tomar cada vez máis forza no partido? ¿Ou será que quedaron cansos de tanto traballar?

Á espera de coñecer unha explicación, preferiríamos ter unha oposición que non fose coma o Guadiana.




3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Pois non será porque faltan motivos para darlles caña.

Eu vexo que o PP pon as críticas enriba da mesa pero despois semellan esperar que sexa o alcalde o que continue flaxelándose por ter feito as cousas tan mal. Fray Evenciño de Nós rezará tódalas noites:
"por mi culpa, por mi culpa, por mi gran culpa, los de la escuela taller puteados y sin empezar, el túnel sin salida, los técnicos del concello falseando las certificaciones, el patronato con un gerente, ejem, ejem". (en castelán por si o Señor non entende o jallejo)

La Coz seguirá co disco de que "Carballo va bien"

E os do PP: misión cumplida.Non imos decir nada máis non sea que se bote a perder Carballolandia.

Fueron felices y comieron perdices.
Y colorín colorado, este cuento ha rematado.

4/4/06 20:50

 
Anonymous Anónimo said...

Parece que las ILEGALIDADES DEL ALCALDE está animando un poco el cotarro.

¿Seguirán apelando a la falta de ética del que las denuncia o tratarán de cumplir la ley?
Lo sabremos en el próximo capitulo.

Y los del PP que sigan revisando que la trama no quedará ahí.

6/4/06 23:17

 
Anonymous Anónimo said...

Os do pp teñen un filón con esta morea de ilegalidades que se están a cometer no noso Concello.

Certificacións falsas, contratacións irregulares de personal, estatutos ilegais, oscura recaudación de tasas, en fin, que fan traxes á medida sin ter en conta que se moven nun terreo público que ten que estar, por seguridade de todos, sometido estrictamente á lei.

É posible que tamén saian de chirona os implicados no asunto de Marbella. Han ter bos abogados. Nun país onde nin van ó cárcere moitos asasinos, non está mal visto que solten ós corruptos e defraudadores. En Carballo teño a impresión de que o goberno está buscando sempre o recuncho da lei que ampara a súas ilegalidades, e claro, ó lado de todo o citado anteriormente é polvo de estrelas...
Os do pp din que son un grupo político e non se adican a levar as cousas ó xulgado. Ben, ó mellor teñen que replantearse o seu xeito de facer oposición. As súas acusacións e denuncias vanse co vento, os do goberno calan esperando que amaine, o secretario do concello asubiando, os técnico comendo o marrón de que son eles os que certifican cousas falsas, os policías municipais recaudando cartos e os carballeses tragando o que nos metan.
Non se trata de que o pp lle teña que meter os dedos nos ollos a ninguén, pero non poden consentir tantas trapalladas.

Tristemente eu non consigo velo doutro xeito ¿vos sí?

10/4/06 11:55

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner