Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, abril 05, 2006

Máis sobre o cobro de taxas no mercado do Campo da Feira


O pasado domingo, o alcalde contestaba ás críticas do PP polo suposto cobro irregular de taxas no Campo da Feira decindo que é «pouco ético fomentar dúbidas nese sentido». Aseguraba o alcalde que “dentro das posibilidades que ofrece a lei”, o goberno municipal optou por “manter no mesmo posto ó mesmo cobrador”.

Malia a contestación de Ferrero, parece que as críticas do PP non iban desencamiñadas. Os populares, nun escrito presentado onte no Concello, din que, “segundo o disposto polos artigos 162 da Lei Xeral Tributaria, e 8, 10 e concordantes do Regulamento Xeral de Recadación, só ´os funcionarios que desempeñen tareas de recaudación´ están habilitados para cobrar tributos”, e preguntan se a persoa que está cobrando neste caso é funcionario ou conta cunha habilitación legal que lle permita cobrar.

Se a persoa é a mesma que antes era concesionario, como di o alcalde, podémoslle informar ó PP que ese cobrador non é funcionario. Xa que logo, non ten habilitación para cobrar taxas. Xa que logo, parece que non lle falta razón ao PP cando decía que se cobraban taxas “de xeito irregular”.

Ademáis, o PP pide tamén... certificación acerca de varias cuestións:

- desde qué data está cobrando esa persoa as taxas;
- a relación de ingresos efectuados por esa persoa na tesourería municipal, con expresión de data e importe de cada ingreso (se se fixeron);
- o vínculo contactual entre o cobrador e o Concello, no caso de que exista algún;
- qué persoa autorizou o cobro das taxas;
- e pregunta se, aparte do goberno, esta situación era coñecida polos servicios municipais de Recadación, Tesourería, Intervención e Secretaría.

¿Qué lles contestará agora o alcalde? ¿Referirase outra vez á “ética”?



Actualización: en relación con este asunto, un lector anónimo deixou un comentario no post anterior que di o seguinte:

"O peor e que ese poli estando de baixa medica seguia indo a feira, e cobrando claro.
Que pregunten pola orde de que dito axente acuda a feira nos seus dias libres, solo hai que ir os domingos a feira do gando e sempre veremos o mesmo, quen ordena que vai."


Enlaces relacionados:

El PP denuncia un supuesto cobro irregular de tasas


6 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Son una pandilla de incapaces que se escudan en que antes ya era así. ¿y qué?
Tampoco antes había ordenadores ni teléfonos móviles, ahora sí.
¿qué nos están contando?
Si ya se encarga el policía de cobrar las "tasa" (o lo que sea) ¿a qué viene esa factura que le pasa el "recaudador" (o lo que sea) al ayuntamiento?
Comprobamos que en este concello el más tonto hace relojes.
Cacaaaooo, maravillaaaao

5/4/06 11:39

 
Anonymous Anónimo said...

O alcalde de Carballo estivo moitísimos anos na desleal oposición e vendeuse coma un Robin Hood que nos ía sacar a todos do xugo dos caciques locais, ía salvar a nosa vida, honra e facenda.
A volta dos tres anos que leva no sillón ¿sabedes en quén se converteu?
No Príncipe Juan.
Esto non é o Bosque de Sherwood pero temos moitas semellanzas: Un Juan Sintierra que o é por carambolas da vida, Sir Hiss, a serpe que o aconsella, e un Sheriff de Notthingham que acabamos de atopar recaudando a peaxe do campo da feira.

"El Príncipe sólo piensa en cobrar impuestos y en atender los malos consejos de Hiss..."

6/4/06 00:48

 
Anonymous Anónimo said...

Olvidácheste de Fray Tuck, que neste noso bosque rouba os votos das beatas. Amén.

6/4/06 23:10

 
Anonymous Anónimo said...

Despois de decir que os do pp eran pouco éticos por denunciar unha clara ilegalidade, esperamos con impaciencia as cumplidas explicacións do alcalde. Dou por feito que estará todo en regla ¿ou non?

6/4/06 23:26

 
Anonymous Anónimo said...

Coma sempre, bótaselle unha man de terra (ou de prensa contaminante) por riba da merda e...voilà ¡xa ninguén se acorda de preguntar polo recaudador do campo da feira!
¿quén vai explicar ónde están os cartos? ¿podo ir preguntar ó Concello quén era o cobrador? ¿téñenme que contestar? ¿é un tema público e transparente?

ESTO TEN MOITA PINTA DE FONDOS RESERVADOS

Son as maravillas que se poden facer dende o poder.

8/4/06 11:01

 
Anonymous Anónimo said...

¿ya se sabe dónde está la pasta?
En el fondo del mar, matarile, rile, rile

En un país multicolor alguien cobra amparándose en una concesión que no tiene, no sabemos cómo justifica este cobro y, esperemos tener noticias pronto de dónde se ingresa lo recaudado.

Que me lo expliquen rápido porque estoy pensando en montar un chiringuito y cobrarle a todos los que aparquen en los alrededores de Hacienda y el ambulatorio, por ejemplo. Si no les importa, que me manden un municipal de ayudante. Después ya veré lo que hacemos con el dinero conseguido.

11/4/06 11:23

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner