Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, mayo 18, 2006

"... y échate a dormir"


Os carballeses estamos máis que fartos da fama que inxustamente levamos por Galicia adiante, pero o certo é que hai días en que ler a prensa é para botarse a chorar. E non só a de papel. Sen ir máis lonxe, se hoxe mesmo botamos unha ollada á páxina da Axencia Galega de Noticias (http://www.axencia.com//jsp/index.jsp?jsessionid=3202001147940107109) atopamos os dous seguintes titulares:

"Ingresa en prisión por robo un vecino de Carballo que ya contaba con una veintena de detenciones anteriores
La Benemérita también detuvo a otros tres vecinos de la localidad por un supuesto robo de dos vehículos"

"Detenido en Carballo un joven al ser sorprendido con 2.700 dosis de hachís"

Por outra parte, todos lembramos casos nos que se identificaba como “carballeses” a delincuentes que máis tarde se comprobou que non tiñan nada que ver co noso concello. E tamén é certo que con frecuencia se identifica o xentilicio cando corresponde a Carballo, e non noutros casos. É dicir, cando un carballés comete un delito, o titular é “un carballés detido por roubar...”, e cando, pongamos por caso, un coruñés comete o mesmo delito, o titular é “un xoven detido por roubar”.

A tenor do anterior, propoñemos un debate sobre o asunto. ¿Ata que punto está xustificada a mala fama da nosa vila? ¿Qué papel xogan niso os medios de comunicación? ¿É Carballo unha lugar perigoso para vivir? Agora que está tan de moda o "políticamente correcto", ¿é "políticamente correcto" engadir que o presunto delincuente é natural de Carballo? ¿engade algunha información de especial valor á noticia?



1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Perigoso quen dixo tal cousa, na xunta de seguridade celebrada recientemente o señor xefe da policia local dixo que baixara a delincuencia, MEEEENNNNTIROOOSO.
Se se deixara de tanta estadistica e politiqueo, e se limitara a currar un pouco mellor nos iria os carballeses.
E con respeto a fama que temos, que certas persoas nos dan, eu prefiero ter esta fama e non a que teñen os da comarca de Arousa, ou non.

22/5/06 20:08

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner