Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, junio 26, 2006

Basket Xiria no descenso do Anllóns


Como ven sendo habitual nos últimos anos nas festas de San Xoán en Carballo, e co obxecto de recuperar parte do protagonismo que o río Anllóns ten na celebración das festas, onte, día 25 de Xuño, tivo lugar o Concurso do Descenso do Anllóns.

Nesta edición, 13 integrantes das seccións de baloncesto da Asociación Deportiva Xiria, percorreron en máis de dúas horas o longo tramo dende o cemiterio de Bertoa ata o parque do San Martiño.

A embarcación logrou o premio á tripulación máis simpática (170€ en metálico), aínda que o obxectivo máis importante era dar a coñecer a campaña de captación de socios que segue a bo ritmo dende principios de xuño. Co fin de afianzar o apoio para a próxima tempada, a xunta directiva da sección, traballou durante todo o mes nun stand na alameda de Carballo co fin de alcanzar os 500 socios. Hasta o momento, o número de inscritos supera os 200 e a campaña concluirá a finais do mes de agosto.

Noutro orden de cousas, hoxe, día 26 de Xuño,... o Xiria Calvo e o Básquet Coruña xogarán as 20.45 horas, o I trofeo San Xoán de baloncesto no pavillón da zona escolar de Carballo.

Antes deste interesante encontro, haberá outro de categoría infantil, entre a formación do Xiria e outra do colexio Artai. (20:00 horas)

Ó rematar este comezará o plato forte. Por vez primeira, disputarase un encontro de baloncesto dentro do programa principal das festas de San Xoán, feito que ven a corroborar a gran repercusión que tivo esta temporada o ascenso do conxunto carballés de Óscar Lata á liga EBA, competición na que militan tamén os coruñeses.

O partido servirá para despedir esta histórica tempada. Óscar Lata convocou a todos os xogadores para a cita, e tamén fará o posible que todos disfruten don encontro ante o Básquet Coruña, unha formación que é unha boa pedra de toque para ver qué posibilidades terá o Xiria Calvo a próxima campaña, na que buscará a permanencia.

(Gracias, Marcos Díaz Molk, polo envío da noticia)

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner