Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, junio 07, 2006

Seguridade


Envíanos o PP un comunicado incidindo outra vez (xa o fixo alomenos en dúas ocasións nas últimas semanas: enlaces aquí e aquí) no problema da falta de seguridade. Nesta ocasión, co gallo da morte ocorrida o pasado fin de semana:

"Tra-lo tráxico suceso acontecido este pasado fin de semana, que se saldou co asesinato dunha persoa, dende o PP de Carballo queremos preguntarlle agora ó BNG se vai a seguir escudándose en estadísticas cociñadas para tratar de ocultar un serio problema que está ahí.

Dende o PP vimos reiterando, dende sempre, a necesidade de otorgarlle absoluta prioridade á cuestión da seguridade cidadán. Por desgracia, feitos tan tráxicos como o acontecido este fin de semán poñen na súa dimensión real o problema.

Carballo é, xunto con Boiro, o municipio da provincia onde máis aumentan os delitos. Segundo publican estes días os xornais, no ano 2005 a Compañía de Carballo da Garda Civil rexistrou nas súas dependencias 1.796 delitos, un dato que ten moita relevancia se se ten en conta que na área metropolitana da Coruña, moito máis poboaada, denunciáronse algo máis de 2.250 delitos en todo o ano pasado.

Polo tanto, dende o PP de Carballo queremos pedirlle ó BNG que deixe de facer demagoxia, que non persista na súa actitude de tratar de agochar a realidade tras unhas estadísticas que non se corresponden coa auténtica situación e que tome conciencia da gravidade do problema. As actitudes triunfalistas do goberno municipal, tráxicamente contradecidas polos feitos e pola percepción dos cidadáns, só contribúen a eludir a cuestión e a demorar as posibles solucións."

Certamente, as actitudes triunfalistas do goberno están totalmente fóra de lugar, e case parecen unha burla. Ferrero, neste asunto como no resto, sigue "encantado de haberse conocido", ata o punto de que escoitándoo parece que vivimos no paraíso, e todos os méritos son seus.

Pero tamén consideramos fóra de lugar que o PP trate de sacar ventaxa política duns feitos que a todos nos preocupan. Ambas actitudes son reprobables. Non era necesario que o PP lle recordara ós cidadáns a súa preocupación pola seguridade. Xa o sabemos, porque hai tempo que o ven dicindo. E tamén sabemos que o goberno seguía empeñado (polo menos ata agora) en negar a evidencia. Non estaría de máis que os políticos nos consideraran maiores de idade de vez en cando.

Neste sentido, baixándonos ós datos concretos, queremos preguntar: ¿qué medidas concretas puxo en marcha este goberno desde que tomou posesión, hai xa 3 anos? ¿cal é a súa política de seguridade? ¿qué pasou coa promesa de Ferrero & Cía. de que Carballo ía ter unha comisaría da policía nacional? ¿qué xestións se fixeron?
(Non pedimos moito, son preguntas ben fáciles de contestar)


 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner