Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, octubre 12, 2006

1,1 millóns para Identity


Unha boa nova: o IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) acaba de conceder unha subvención de 1.126.000 euros para apoiar o proxecto Identity Cars, empresa adicada a fabricación de coches de luxo, que preside e promove o noso conveciño José Ramón Fernández Franqueira, ó que xa entrevistamos hai sete meses.

Sen dúbida esto supón un espaldarazo para Identity, xa que axudará a despexar dúbidas sobre a viabilidade do proxecto, despois de que o seu deseñador estrela, Humberto Rodríguez, se desligara do proxecto en agosto pasado. A inversión total pendente nestes momentos ascende a uns 6 millóns de euros, posto que en marzo xa se levaban gastados case 4 millóns, tal como nos informaba o propio José Ramón Fernández naquela entrevista. Está previsto que a fábrica estea en funcionamento dentro de un ano. Se se cumplen as previsións, o primeiro coche sairía a mediados do ano 2008.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner