Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, octubre 07, 2006

Calabazas


Bill acudiu á súa cita con Andie coa máxima ilusión, esperando que desta si se namorase del e desa forma deixar de vivir atrapado no tempo, revivindo unha e outra vez o mesmo día. Pero foi que non. Andie deunos calabazas, e esta mañá a radio volviu a sonar coma sempre co “I`ve got you, babe”. Seguimos inmersos no eterno-retorno do proxecto do centro comercial e seguimos coas ganas de saber cal é a proposta e a oferta que a unión de empresas presentada nos fai ós carballeses.

Porque, para os que aínda non o saiban, a reunión da mesa de contratación de onte acabou coma sempre: a empresa Inversiones Benal (segundo o PP, a mesma que Surtiser) non acreditou cumprir cos requisitos esixidos. Para disgusto de Manuel Andrade, o secretario e a interventora municipais déronlle a razón ós argumentos da oposición, pero segundo a prensa local semella que a súa opinión non se tivo moi en conta. O resultado é que á empresa concursante se lle vai requerir de novo (e van...) para que nun prazo de 10 días aporte a documentación que falta.

O PP deu unha rolda de prensa na que aclarou os seus argumentos. Alberto Sueiro e Juan Carlos Castro denunciaron que era a primeira vez na historia do Concello en que se concedía a subsanación dunha subsanación, dando 10 días cando antes se deran 3, cando eses 3 días eran improrrogables, e cando non se presentou nada do que se lle solicitaba. Para os populares… a cuestión é que, aínda que Aldesa cumpre cos requisitos, nunha UTE as dúas empresas teñen que cumprilos, e non sucede así con Benal. Sueiro considera que se trata dunha adxudicación política que ten sair adiante contra e vento e marea, e contra o criterio dos funcionarios municipais, pregúntase qué futuro pode ter unha obra para a que non hai consenso e que hipoteca Carballo e afirma que “hai unha implicación directa entre persoas do goberno e dun grupo empresarial, detrás de Surtiser e Benal. O mesmo sempre, xa desde o principio, e incumprindo tamén o pliego xa desde o principio”.

Pola parte do goberno, Andrade dixo que o voto en contra de secretario e interventora foi “un voto estraño, para non mollarse, non explican o seu voto”. Ferrero dixo que “o goberno municipal entende que Carballo necesita un aparcamento e un espazo comercial como referencia do centro”. Ambos criticaron a postura do PP por considerala “obstruccionista”. Da postura do secretario e da interventora non dixeron nada.


Enlaces relacionados:

Cita con Andie

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Alucina con la prensa local: el Sr.Secretario del Ayuntamiento y la Sra. Interventora del mismo votan en contra de dar por buena la subsanación. Otro funcionario que aparece en la foto, el Sr. Asesor de Urbanismo, suponemos que habrá votado a favor pues como es público y notorio, está puesto ahí por el Sr. Andrade y, como no podía ser de otra manera, es la voz de su amo. Pues bien, los malos continuan siendo los del PP por cumplir su obligación de denunciar las irregularidades. A esto la prensa le llama "reclamar por detalles ínfimos". ¿Cuáles son esos detalles ínfimos que, según dos altos cargos del Ayuntamiento impiden dar por buena la subsanación? Propongamos al Sr. Alcalde que de voz y voto en la mesa interminable a un par de periodistas afines.
Puestos a continuar con las aberraciones, subsanaciones de la subsanación,prórroga de la prórroga, penalties sin portero, etc,etc,etc apuesto que el gol de oro al final nos lo va a colar Andrade ¿qué te juegas?

8/10/06 00:04

 
Anonymous Anónimo said...

¿Detalles ínfimos?

Estarás de coña, claro. Son detalles básicos. ¿Que concelleiro dixo tal cousa?

9/10/06 10:42

 
Anonymous Anónimo said...

El "disgusta" de La Coz de Galicia.
Nunca les disgusta que estemos ante una anodina MESA INTERMINABLE, que el alcalde venda burras diciendo que son vacas y miles de trapalladas que hace este triunvirato. Al gobierno siempre le dejan el beneficio de la duda. Aqui los sospechosos son el PP, el Secretario del ayuntamiento, la Interventora y cualquiera que no diga amén al gobierno. ¡Viva la prensa independiente!

10/10/06 00:45

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner