Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, octubre 23, 2006

Preparando outra cita con Andie


Andie leva meses dándolle calabazas ó pobre de Bill, que sigue atrapado no tempo coa maldición de repetir indefinidamente o mesmo día. Pero esto tamén a vantaxe de que non pode recordar as calabazas anteriores. Para ela, sempre é a primeira vez, o día que coñeceu a AndieBill, e por iso as oportunidades son infinitas.

De modo que a próxima cita con Andie terá lugar en breve, porque segundo informou a prensa local, o día 26 (xoves) remata o prazo para que a unión de empresas formada por Benal e Aldesa completen por enésima vez a documentación necesaria para concorrer á concesión. De novo se terá que reunir a famosa mesa de contratación, e de ahí poderán pasar dúas cousas: ou ben a documentación será correcta e amanecerá un día novo, pasaremos á seguinte fase e coñeceremos en qué consiste exactamente o proxecto da praza; ou ben non será correcta, seguiremos atrapados no eterno-retorno, e xa non nos atravemos a dicir qué pasará, se o concurso quedará deserto, ou se haberá outro prazo para completar os papeis, que sería a subsanación da subsanación da subsanación.

Pero polo pronto Bill xa puxo o mellor perfume e foi perfilando as súas dotes de seducción, porque despois dos centos de citas fallidas que leva con Andie vai coñecéndoa cada vez mellor e sabendo como conquistala. Seguiremos con esta apasionante historia.


Enlaces relacionados:

Cita con Andie

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner