Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, julio 20, 2007

Decíamos ayer...



Carballo Dixital, 17 de abril de 2007:
Confusión informativa

A que nos deixa La Voz de Galicia edición dixital. Por unha parte lemos o seguinte titular: “En mayo comienzan las obras de la autovía de la Costa da Morte”. Caramba, gran noticia. Non esperabamos que a cousa fose a saír agora. Profundicemos. Lendo o desenrolo do artigo chegamos a este párrafo:
“Además, avanzó que a finales de mayo se pondrá en marcha la autovía de la Costa da Morte, en concreto el tramo Carballo-Berdoias, el más importante del trazado, a través de una concesión pública que saldrá a licitación cuando concluya el próximo mes.”

Vexamos, estamos en abril, así que o próximo mes é o de maio. Cando conclúa o mes de maio, polo menos terá que ser xuño. E só a partires de xuño “saldrá a licitación”. É dicir, convocarase o concurso para ver qué empresa fai a obra. Concurso que terá que estar en información pública como cousa dun mes. Logo pasarase ás reunións da Xunta para escoller a oferta, adxudicarase, etc, etc, metémonos en setembro. ¿Cómo poden empezar entón as obras en maio?

[…]

O máis curioso é que esta confusión informativa ven a dicir que a obra máis importante e tan agardada para a Costa da Morte vai ser gratuíta e dar comezo… a finais de maio. ¿Qué cousa haberá que sucede a finais de maio, que nós non lembramos? ¿Sabédelo vós?

Curiosamente, o mesmo xornal publica agora, a mediados de xullo, e como gran nova, que se abre o concurso para presentar ofertas (un pouco máis tarde incluso do que previamos nós). Por suposto, xa non eramos tan inxenuos como para agardar unha rectificación á información falsa de 3 meses atrás. Nin sequera despois de pasar maio.


1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Atención a este otro párrafo de hoy de La Voz, con respecto a la formación de comisiones de gobierno:

"A esta última, por cierto, se ha sumado en este mandato el PP, después de la intensa polémica que originó en el anterior el acceso a las actas. Los populares se quejaron en numerosas ocasiones de no tener conocimiento de lo que ocurría en las reuniones, y desde el tripartito, en aquel entonces, se les ofreció en reiteradas ocasiones la posibilidad de participar en la mesa como condición para tener a su disposición toda la documentación sobre los debates entre trabajadores y representantes políticos."

¡Viva la información objetiva!
Viva La Voz Defensora de la Gestión Excelente de Carballo.

24/7/07 19:02

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner