Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, julio 28, 2007

Rody Aragón


Chega a Carballo un novo espectáculo de circo. Hoxe sábado 28 e mañá domingo 29 será o circo nada menos que de Rody Aragón o que visite a capital de Bergantiños.

En efecto, Rody é membro dunha das familias máis importantes e queridas da historia do circo e do espectáculo tanto en España coma en toda Latinoamérica, e que todos lembramos con nostalxia coma “los payasos de la tele”, é dicir, Gaby, Fofó e Miliki. Pois ben, Rody é o fillo de Fofó. Naceu na Habana, antes de que a súa familia fuxira clandestinamente da dictadura de Castro, e tras debutar en Venezuela veu a vivir a España, onde chegou a converterse en concertista de guitarra clásica, e desenvolviu unha intensísima carreira ó lado primeiro do seu pai e tíos, e logo do seu irmán Fofito e o seu curmán Emilio Aragón “Milikito”, para finalmente centrarse nunha carreira en solitario, tanto na presentación de programas de TV, coma agora no seu propio espectáculo “Clásicos”.

As funcións terán lugar en sesións de 19:00 e 21:30 h. Xa sabedes, cando cheguedes de Razo, non esquezades esta cita co mellor espectáculo da familia Aragón.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner