Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, agosto 31, 2007

Desfile do CCA


Un ano máis, e logo do grande éxito de edicións anteriores, o Centro Comercial Aberto organiza un desfile de moda moi especial. Os protagonistas non serán Armani, Versace nin Dolce & Gabanna, e pola pasarela non desfilarán top-models internacionais, pero a pesar diso, para os carballeses será de novo un acto moi especial e próximo.

Porque os manquíes serán rapaces e rapazas da nosa vila que exercerán de modo afeccionado, e porque as prendas que se pasarán serán aportadas polos comercios da capital de Bergantiños.

Nestas datas estase a levar a cabo o proceso de inscrición para participar no desfile (prazo que remata o próximo día 5) e o día 6 celebrarase o casting, que promete ser numeroso e apaixonante. Tedes máis información na web http://www.ccacarballo.com/. Quen sabe se proximamente dará os seus primeiros pasos en Carballo a próxima Cindy Crawford.



Seguir lendo...

jueves, agosto 30, 2007

Máis blogs carballeses

A Nosa Costa revélanos unha serie de enderezos de colegas blogueiros que realizan a súa actividade en Carballo. Na variedade está o gusto (mal que lle pese a algúns, que prefiren o monopolio informativo), e nós aledámonos dende aquí da existencia de veciños que teñen interese en ofrecer o seu traballo ós carballeses. Todas estas bitácoras teñen en común estar aloxadas en http://www.blogoteca.com/, unha iniciativa que xa anunciaramos no seu día en CD.

Un dos mellores e máis traballados blogs é o de Roi, capitán do Basket Xiria, onde recolle toda a actualidade do equipo:

http://www.blogoteca.com/roi/

Tamén de baloncesto vai estoutro blog realizado polo adestrador Joaquín Moreira, aínda que ampliado a todo o ámbito da Costa da Morte, pois Joaquín adestra ó equipo de Baio.

http://www.blogoteca.com/nistrom/

De especial interese para tódolos carballeses é un blog con nome ben elocuente “Cóntame”. En efecto, trátase de lembrar os vellos tempos, pois a iniciativa consiste en colgar fotos antigas de Carballo, e a bo seguro que moitos dos visitantes do blog terán instantáneas deste tipo na súa casa para escanear e facer chegar ós xestores da bitácora. Noraboa e adiante:

http://www.blogoteca.com/contame/

E para rematar coa nostalxia, un grupo de carballeses dos anos 50 reúnen fotografías e encontros aquí:

http://www.blogoteca.com/amigos50carballo


Agardamos que moitos máis dos nosos veciños se lancen a difundir os seus traballo en internet. Un saúdo dende Carballo Dixital a todos eles.


Seguir lendo...

martes, agosto 28, 2007

Récords pouco honrosos


Din que en Carballo temos poucas personalidades e poucos logros históricos dos que sentirmos orgullosos. Alfredo Brañas, Conservas Calvo, Carlos o Xestal, o Bergan en segunda B, Fran no Dakar... son algúns datos que fan á nosa vila coñecida en toda Galicia pola parte positiva. Tristemente, non seriamos realistas se non sinalaramos que os carballeses tamén somos coñecidos por aspectos negativos. E por se non nos chegara con algún sambenito que inxustamente arrastramos dende hai anos (culpabilidade de medios de comunicación incluída), resulta que agora algúns dos nosos veciños semellan estar a participar nunha insólita competición por entrar no libro Guiness dos récords.

Ata 3 conductores do noso concello veñen de acadar, en datas recentes, resultados espectaculares nos tests de alcoholemia. Se o límite legal está en 0.25 mg de alcohol en sangue, os axentes da autoridade detectaron valores de 0.92, 1.05 e 1.62!!! Podería ser o podio dunha competición atlética. Mais non, é unha noticia vergoñenta que nos fai lembrar o sabio consello do noso amigo Stevie, que estes tres fitipaldis esqueceron seguir.




Seguir lendo...

viernes, agosto 24, 2007

Nueva escultura de arte conceptual


No se ofendan por la imagen, por favor. No es lo que piensan. Es posible que nos estemos contagiando del espíritu iconoclasta, escatológico y alternativo de la política cultural carballesa, pero les aseguramos que no pretendemos faltar al respeto a nadie.

Simplemente queríamos hablar de la nueva escultura que adorna la rotonda de la confluencia de las calles Sol y Villa de Negreira, y como no tenemos todavía fotos adecuadas, hemos preferido elegir un dibujo de los mucho que se mueven por la red, y que más se parece a la figura, que un artista que responde al nombre de Francisco Pazos ha diseñado para adornar nuestras calles.

Porque, en efecto, se trata de arte conceptual, simple en las formas, consistente en tres columnas de piedra verticales (en lugar de 4) y con la intermedia más elevada que las laterales, formando una silueta parónima de la del gesto del dibujo. Este nuevo intelectual que el Concello de Carballo ha escogido para ilustrarnos a los ignorantes carballeses sigue la onda creativa de Manuel Facal y de la barca de Andrade, y nos regala hoy en LVDGE una de esas entrevistas memorables dignas de ser recortadas y guardada en la hemeroteca personal de cada uno:


O que quixen facer foi unha escultura creativa e suxerinte que está enmarcada na miña obra máis persoal...

... dentro do estilo que máis define o meu traballo.

Este foi un encargo moi agradable, porque non me pediron nada concreto.

A escultura son tres bloques de pedra de alturas desiguais, unidas por abrazadeiras de ferro. A pedra é granito, e as abrazadeiras están feitas dun aceiro especial que se oxida, pero que non se corroe. A capa de óxido que se crea nel é coma unha pel protectora. Quixen integralo na pedra deixando que se oxidara e que manchara a pedra, ata chegar a formar parte dela. É como se o ferro chorase polo granito.

A miña traxectoria é moi experimental, porque me gusta xogar coas formas e cos materiais, pero en todos os meus traballos hai unha unidade. No caso da escultura da Milagrosa, identifícase moito comigo porque a pedra é un material que utilizo moito, e tamén polo seu acabado, porque me gusta que pareza que está desgastada, porque penso que o paso do tempo has fai máis acolledoras e tranquilas.


Tras una profunda reflexión, llegamos a la conclusión de que la forma de la escultura tiene, en efecto, un profundo significado simbólico y que representa a la perfeccion la obra del artista.

Seguir lendo...

miércoles, agosto 22, 2007

Hai cú

Si. En Carballo hai cús, e moitos. Se cadra non todos tan bos coma o da foto, pero hainos. E a próxima edición da Feira do Libro a celebrar a semana que ven vaino demostrar.

Pero coidado, non se fagan ilusións. Non será a marabillosa Elsa Pataky quen protagonizará o evento cultural. E tampouco se agarda a presenza de Jennifer López nin de Mel Gibson asinando nas casetas. En realidade o cú que vai haber é un libro titulado “Hai cú. Pintadas no váter” que no día de onte o normalizador lingüístico Nel Vidal nos adiantaba coma protagonista destacado da feira deste ano. Así que, chegados á disxuntiva de ilustrar o post con ou ben unha imaxe explícita dun traseiro en posición de deposición, ou ben a foto que podedes ver, e logo dunha intensa votación entre o staff de Carballo Dixital, pensamos que a segunda sería unha visión máis agradable. Líamos onte en LVDGE:

"R: ... e unha novidosa proposta consistente na presentación dun libro antes da súa propia publicación, que será unha actuación moi curiosa de poesía escatolóxica.
P: Promete xa polo título.
R: A verdade é que si. O nome é "Hai cú. Pintadas no váter". Os "haikus" son uns poemas xaponeses que na versión galega son "hai cú"."


Descoñecemos o nome do intelectual pai da criatura e como se xestou un xogo de palabras tan xenial, pero probablemente tanta inspiración tan só puido nacer logo dunha longa sesión intensiva de chistes do Sr. Barragán e películas de Jaimito. Seguindo a senda iniciada nos últimos anos pola concellería de Cultura (ou Cú-ltura, para sermos nós igual de inxeniosos), semella que esta nova edición da feira do libro vai seguir guiándose polos mesmos derroteiros das anteriores: exclusión de autores en castelán (o obxectivo é únicamente difundir libros en galego) ou pouco afíns ás ideas do BNG, engadindo agora o ingrediente "escatolóxico" e “alternativo” que xa protagonizara as últimas festas do San Xoán.

Como nota positiva, e aínda coas limitación sinaladas, o apoio ós autores locais e comarcais. Claro que se alguén agarda unha política cultural ou unha feira do libro feita para o desfrute de tódolos carballeses, xa debe saber que vai de cú.


Seguir lendo...

viernes, agosto 17, 2007

Paseando pola costa

Gaviotas en Razo:




Un paseo por Baldaio





Seguir lendo...

jueves, agosto 16, 2007

Retorna Xocaloma?

Hai novas que resultan un verdadeiro pracer traer ó noso blog, coma por exemplo a que hoxe lemos en LVDGE e que protagoniza o máis famoso conxunto musical dos que teñen saído da nosa cidade. A Asociación Cultural San Campio prepara para o próximo día 25 en Cances un concerto protagonizado por Xocaloma.

Mais a boa nova non queda aí. A formación xa fixera un amago de retorno hai catro anos cando o 25 cabodano do seu disco Terra, e agora semella que, polo menos boa parte deles, están a valorar seriamente a posibilidade de voltar ós escenarios. Os anos pasaron, e os compromisos profesionais e persoais provocarán algunha baixa, mais a maioría dos seus compoñentes teñen reanudado os ensaios e para o concerto do 25 preparan temas inéditos.

Dende Carballo Dixital sumámonos á iniciativa de apoiar o retorno de Xocaloma. Segundo Dolores Platas “moito dependerá” da acollida do público, e posto que somos moitos os carballeses que desfrutaríamos coa confirmación da noticia, apostamos decididamente por un retorno tan agardado coma o do rei Aragorn.


Seguir lendo...

viernes, agosto 10, 2007

Radiocontrol


Más buenas noticias con respecto al asociacionismo en nuestra ciudad. Según hemos podido leer en http://www.anosacosta.com/ y en El Diario de Bergantiños, se acaba de crear en Carballo una original e interesante asociación cuyo objeto es nada menos que los vehículos por radiocontrol.

No solamente eso, sino que además ya cuenta con un envidiable circuito en las inmediaciones del campo de As Eiroas, en el polígono de Bértoa, de unos 209 m de largo por 4,20 de ancho, ideal para disfrutar de la adrenalina y la emoción de las carreras de coches teledirigidos que todos hemos practicado alguna vez en nuestra infancia, y que para muchos adultos constituyen una auténtica pasión. El alma-mater de la iniciativa es Fernando Pardiño Busto, y el teléfono de contacto para los interesados es el 629877044.

Aquí os dejamos unos cuantos enlaces en la red por si queréis ampliar conocimientos:

http://www.aecar.org/
http://www.cochesradiocontrol.com/
http://www.rc-spain.com/
http://www.cochesrc.com/foros/mapa.php



Seguir lendo...

martes, agosto 07, 2007

"On the rocks" festival


On the rocks" é unha peculiar e apaixonante experiencia musical coa que que dende hai meses Quico Balay e Pepa Arán abraian a propios e estranos, nunha dobre vertiente radiofónica e blogueira. Pepa, unha nena de nove anos cun desparpaxo inaudito ante o micro, desgránanos as últimas novidades musicais sobre todo no tocante ó rock máis alternativo, novidoso e cañeiro. Pero case que mellor expresalo coas súas propias verbas:

ON THE ROCKS roquerío de primera desde cuarto de primaria

On The Rocks é un microespazo musical dirixido por Quico Balay e presentado pola locutora máis xoven do país: Pepa Arán, unha estudante de cuarto de Primaria de tan só nove anos de idade. Polo programa teñen pasado, entre outras, bandas como Los Planetas, Sr. Chinarro, Lori Meyers, The Homens ou La Costa Brava.

O programa é unha sorte de radiografía en miniatura da música alternativa e independente española, aínda que tamén dá conta das últimas novidades xurdidas producidas en Galicia e en Brasil.

Despóis de contar coa presenza de Julián Hernández, The Homens, Jota de Los Planetas , Metro , Lori Meyers, Motores e Sr. Chinarro, o programa regresa no verán cun monográfico adicado a La Costa Brava. O seu líder, Fran Fernández, que fora o cantante de Australian Blonde, fala da súa nova banda e do seu proxecto paralelo, Francisconixon.

Mentres preparamos as próximas entregas, protagonizadas por bandas punteiras como La Habitación Roja ou Travolta, podes escoitar todos os programas no enderezo
http://ontherocks.blogia.com.

Nun comunicado que nos pasan anúnciannos a celebración do primeiro festival de música organizado por eles, no pub Silfo de Carballo este 10 de agosto a partires das 22 h, coa intervención de "The homens", "Projeto Mourente" e "Franc3s", ademais de "Eme" e "DjFugaz", tal e como podedes ler no cartel que nos fixeron chegar. A ver se nos vemos por alí.

Seguir lendo...

viernes, agosto 03, 2007

Actualidade náutica


O clube Náutico de Malpica remítenos unha sustanciosa nota sobre o desenrolo da Copa do Rei de vela e máis dos cursos que oferta. Dende CD, noraboa unha vez máis os seus responsables polo traballo que realizan, e ó barco Navantia pola súa extraordinaria actuación:

"A. Regata Copa del Rey
El Navantia de Jesús Pintos (RCN Coruña/CN Malpica) ha recuperado hoy el liderato de la Copa del Rey de Vela. Como quiera que sea, la tripulación campeona del mundo está realizando una excelente temporada, siendo el rival a batir en todas las competiciones. El club náutico de Malpica ha puesto en marcha un pequeño concurso para apoyar a la tripulación del Navantia:
Entre todos los mensajes de apoyo para la tripulación que recibamos en el correo del club, info@nauticodemalpica.com, sortearemos un polo oficial del club, el polo oficial del equipo de regatas Navantia y la posibilidad de acudir a la cena de fin de temporada con la tripulación del Navantia. En la promoción entran todos los mensajes recibidos hasta finales de septiembre.

B. INICIO CURSO DE VELA INFANTIL
El lunes día 6 a las diez de la mañan dará comienzo...


...en Malpica la tercera promoción del curso de vela óptimist que promueve el Club Náutico de Malpica en colaboración con la escuela de vela del RCN de La Coruña. Las clases se desarrollarán durante la mañana si bien está previsto un turno por la tarde si el número de inscritos es suficiente. Las clases serán impartidas por un monitor titulado y todos los alumnos contarán con una embarcación de vela y el material de seguridad necesario.
Las personas interesadas en participar podrán anotarse en el club incluso el propio lunes. Existe una oferta especial para quienes deseen hacer también el curso de kayak de mar previsto para el 20 de agosto.

C. INICIO CURSO DE BUCEO
El club náutico de Malpica pondrá en marcha el próximo lunes día 6 una nueva edición del curso de buceo autónomo Open Water SSI en colaboración con la escuela Buceo Galicia, uno de los más pretigiosos centros de buceo de España. Las clases se iniciará a las siete y media de la tarde, minutos antes se realizará una pequeña charla informativa para explicar las condiciones del curso a todas las personas que estén interesadas en tomar parte en el mismo.
Para poder bucear es necesario tener cumplidos los 16 años y saber nadar. Los alumnos recibirán todo el material didáctico y de buceo necesario para seguir las clases. Además de la parte teórica se incluyen dos inmersiones en piscina y seis inmersiones en mar.
Con esta promoción, la sexta, el club náutico ha formado a cerca de 150 buceadores procedentes de toda la comarca e incluso veraneantes de otras comunidades que aprovechan su estancia en la Costa da Morte para aprender a bucear.


Seguir lendo...

jueves, agosto 02, 2007

Sacatunn que pen que summum que tun

Xenial o novo anuncio de Calvo:




Seguir lendo...

miércoles, agosto 01, 2007

Lío en la playa

Primer fin de semana de auténtico verano y gran caos en el entorno de la playa de Razo. Si ya la jornada del sábado fue complicada, el día del domingo se convirtió en una verdadera odisea para muchos de los que intentamos acercarnos al arenal favorito de los carballeses a disfrutar del buen tiempo.

Lo cierto es que, a pesar del paraíso color de rosa en que según algunos estamos viviendo, este verano no ha sido ni mucho menos todo lo idílico que podría ser en nuestra costa. Los vertidos incontrolados que persisten, problemas en la ordenación del tráfico y sobre todo la escasez de aparcamientos han sido un motivo de queja permanente entre los bañistas desde el mes de junio. Vamos, que sólo nos faltaba el pobre Tony Curtis, pidiéndoles que, por favor, “no hagan olas”.

Pues bien, el pasado domingo, coincidiendo con una magnífica previsión meteorológica parcialmente interrumpida por las nieblas, se llegó probablemente al punto de mayor caos que se recuerda, incluyendo enfrentamientos personales y hasta conatos de pelea entre los desesperados conductores. Tanto es así, que incluso nuestra sumisa prensa local ha tenido que hacerse eco del asunto. Eso sí, aclarando que el problema se da “pese a la amplia” dotación de aparcamientos (que primero cifraron en 2000 y luego en más de 1000) y al intenso trabajo de Proteccion Civil y Policía Local (no vaya a ser que alguien se pueda molestar, claro).

Desde Protección Civil se responsabiliza de la situación al mal uso que del coche hacen muchos conductores, que aparcan mal o se niegan a hacerlo más lejos de la playa en zonas que están libres. También explica el coordinador de este servicio municipal que ellos no tienen “voluntad nin competencias” para sancionar. Cierto es que el problema del aparcamiento en Razo no es nuevo, pero si sobra aparcamiento, si tan fácil es de solucionar, y si todo se reduce a obligar a los conductores a cumplir las normas, ¿por qué no es la propia Policía Local la que toma medidas en el asunto? Como nosotros no lo entendemos, y a la espera de mayores explicaciones, armémonos de paciencia.

Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner