Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, septiembre 04, 2007

Abogado

Primeira semana de setembro, que para tódolos carballeses que tiveron a sorte de irse de vacacións en agosto significa igualmente a volta ó traballo. E como non podía ser menos, Manuel Andrade tamén retorna ó ruedo político logo duns meses de desaparición e descanso, amplamente merecidos se temos en conta o espectacular esforzo que o líder de Terra Galega desplegou na campaña electoral.

Andrade retorna cunhas declaracións ós medios locais nos que se ofrece públicamente ós carballeses para exercer como o seu “abogado defensor” perante o goberno local, especialmente en cuestións urbanísticas e de obras, aspecto no que se prestou a colaborar co seu sucesor no cargo José Antonio Viña. Segundo o máis veterano dos políticos carballeses, asesorá ós cidadáns en canto a “licencias, permisos, cambios de usos de suelo... cosas en las que la gente siempre necesita el apoyo de una persona de confianza que le arregle las cosas”.

Claro que se falamos de licenzas, permisos e cambios de uso, e lembramos tódalas promesas e compromisos que Manuel Andrade ten adquirido nestes últimos anos, vennos á memoria outro famoso abogado defensor, que no “Cabo do medo” de Scorsese pasaba bastantes apuros por culpa dun cliente un tanto rencoroso que no seu momento non fora ben defendido (xenial a parodia de Cruz y Raya). Agardamos que aquí a cousa non chegue a tanto.




 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner