Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, septiembre 27, 2007

Cine no balneario



Si, no balneario dos Baños Vellos. Pero non é que agora vaian a instalar alí unha sala e botar películas, senón que no seu recinto se está a rodar a última cinta do director ourensán Xavier Bermúdez. Para os que non estamos tan postos no negocio, trátase da terceira obra deste autor, logo de “Nena” e “León y Olvido”, filme este último polo que recibiu distintos premios.

Esta nova película titularase “Rafael”, e narra unha historia romántica con tintes de humor negro, na que un home adícase a espiar a todas horas a vida da súa muller, ata que esta deixa un bo día de voltar a casa. A partir toda unha situación de peripecias máis ou mens reais ou irreais narradas baixo o particular punto de vista de Bermúdez.

O balneario carballés servirá para rodar unhas escenas na auga, con efectos especiais e dobres incluidos, pero semella que a nosa localidade tamén permitirá tomar outras secuencias da obra, como xa pasara con "La vida que te espera". Non haberá estrelas de primeiro nivel, aínda que pola nosa vila poderemos ver a Manuel Cortés , actor galego coñecido por “Pepe o inglés” ou “As leis da Celavella”. Agardamos que a nosa vila saia ben bonita en pantalla grande.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner