Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, septiembre 06, 2007

¿O Gaiás carballés?


Ó César o que é do César. Se dende este blog temos denunciado repetidamente a xenerosa condescendencia (chamémolo así) da Voz de Galicia co goberno carballés, antonte a columna editorial deste xornal sorprendíanos cun comentario que moitos carballeses viñan realizando nas rúas.

Ó fío da polémica suscitada pola enorme inversión pública no complexo do monte Gaiás de Santiago (a “cidade da Cultura”), chamábase a atención sobre a existencia doutros casos similares a menor escala nas nosas comarcas. En concreto mencionábase que as casas da cultura de Cee e máis de Vimianzo acumulaban fortes inversións económicas en obras ó longo dos anos sen que se vira preto a luz ao final do túnel, e que a Casa dos Oficios de Carballo aínda estaba moito máis atrasada.

En efecto son bastantes os paralelismos entre o grande proxecto do goberno de esquerdas carballés e o complexo do Gaiás: unha grande superficie, grandes edificios destinados a contener uns usos non moi definidos, unha enorme inversión económica precisa para construilo, un financiamento incerto, obras que arrancan e quedan paradas, uns prazos que se alongan e se alongan, e a sensación de que dous anos despois de escomezados os primeiros traballos temos moitos máis por diante ata ver o resultado final completado.

¿Qué pensades vós? ¿Trátase dun proxecto excesivo? ¿Debe replantearse a idea como moitos defenden facer coa Cidade da Cultura? Aí está o debate.



2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

La Casa dos Oficios fue una respuesta meramente política al Pazo da Cultura.
El BNG no esperaba que el PP llegase a completar su proyecto (que ya era de grandes dimensiones y todavía no se le ha sacado todo el jugo que puede dar), y decidió que ellos no iban a ser menos. ¿Que el PP hace un gran edificio cultural? Pues nosotros haremos algo todavía más grande. ¿Y es realmente necesario? Pues no mucho, pero ya encontraremos algo que meter dentro. ¿Y tenemos el dinero? Ya lo iremos consiguiendo.

Esa es la historia, y ahora el gobierno tiene un "marrón" encima: o lo deja inacabado, o hace sólo una parte, o gasta una burrada de dinero público y de su presupuesto en algo que no es, en absoluto, algo primordial para los ciudadanos. Y eso supone dejar otras cosas sin atender, inevitablemente.

6/9/07 12:47

 
Anonymous Anónimo said...

Esta obra e "Evencismo" puro.
Moito rollo con un proxecto grandioso sin viavilidad garantizada con apoyo mediatico "del medio" sin ninguna reflexión crítica.

Cuando llega la hora de encontrar recursos, de aportar soluciones ....en resumen, de gestionar, Evencio desaparece, mira para otro lado y le carga el mochuelo al paganini de turno, Sr. Viña, que aparece dando más lástima que pena.

11/9/07 19:34

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner