Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, octubre 12, 2007

Apagóns


Novo e sonado apagón onte en Carballo. Se hai un tempo o polígono industrial sufrira as consecuencias dos cortes de suministro eléctrico, onte foi o mesmísimo centro urbano o que quedou varias horas desconectado do mundo. É dicir, que comezamos a semellarnos a Barcelona, pero só nos aspectos negativos.

Porque a cousa comeza a ter bemoles. Resulta que as liñas de media e baixa tensión crúzanse xusto na esquina das rúas Gran Vía e Cervantes (onda o edificio de Carlos Puga e Óptica Bergantiños, para entendermos). E resulta que non hai arqueta nin forma de acceder a ese cruce, de tal modo que cando hai algún percance, coma un incendio por sobrecarga no caso de onte, hai que levantar a rúa para solucionalo. Mentres esto sucedía, o corte foise extendendo ata afectar a barrios tan alonxados coma o de San Cristovo, incluindo memso cortes esporádicos logo de restablecerse o suministro. Ademais, segundo a versión dos veciños, non é en absoluto a primeira vez que isto sucede no mesmo lugar.

E mentres vemos cómo reaccionaron ós cataláns ante ós seus apagóns deste verán, agardamos que tanto as autoridades locais coma Fenosa tomen cartas no asunto e eviten estes accidentes, ou cando menos argallen un sistema que facilite a súa reparación. Porque dende logo con estes problemas ningún pobo pode aspirar a converterse nunha cidade importante, nin a ser un referente industrial en ningures. E, cando menos neste terreo, a solución non está na propaganda institucional.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner