Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, octubre 25, 2007

O rei da comedia


Si señor. Longo temos falado en Carballo Dixital do controvertido asuntos dos tópicos, os sambenitos, os logros, os persoeiros e os motivos dos carballeses para irmos polo mundo adiante coa cabeza alta ou coa cabeza gacha cando dicimos de onde somos. E hoxe toca unha de cal de primeira clase.

O humorista carballés Róber Bodegas ven de dar un espectacular salto na súa aínda breve carreira. Róber comezou facendo monólogos para os seus amigos e para representar nos pubs da comarca, e agora acaba de ser seleccionado coma un dos 20 finalistas (e único galego) do concurso "El rey de la comedia" da Primeira de TVE. Trátase dunha nova versión de "O rei da comedia" que hai anos programara a TVG, e constitúe unha das maiores apostas do ente público para esta temporada televisiva. Presentado por Edu Soto (o famoso "Neng" de Castefa), o espectáculo comezará este sábado en "prime time".

Róber superou unha criba de máis de ¡3000! aspirantes. Coa súa particular retranca e forma de contar historias, Roberto vai levar o nome de Carballo a tódolos fogares de España. Oxalá que o concurso sexa un éxito e ¡forza Róber!

(Non atopamos vídeos seus no Youtube, mais de seguro que axiña estarán alí. Comprometémonos a seguilo dende CD).



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner