Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, noviembre 16, 2007

Vuelva usted mañana


Famoso artigo o que no seu día escribira Mariano José de Larra. Ten chovido moito dende que o xenial escritor e periodista romántico analizara esta tan española costume de botar balóns fóra, eludir responsabilidades e deixar para outro día os asuntos que se deberían solventar hoxe. Certo que esta famosa expresión había estar especialmente reservada para os sempre mal afamados funcionarios, mais o paso do tempo non só non conseguiu superar o tópico senón que aínda o ampliou a outro colectivo veciño: o dos alcaldes.

Por non irmos moi lonxe en Carballo temos a Evencio Ferrero, que pouco a pouco está a converter o “volva vostede mañá” ou “pregunte vostede dentro dun mes” no latiguillo máis repetido nas súas intervencións públicas. Tanto nos plenos que se celebran periódicamente na casa do Concello, coma nas súas citas radiofónicas, as respostas do munícipe ás queixas, denuncias e reclamacións, tanto da oposición coma dos cidadáns, rematan sempre do mesmo xeito. Sexa o sangrante caso dos rapaces do San Luis Romero, as continuas queixas polo servizo de saúde, a peaxe da autovía, os retrasos da Casa dos Oficios, etc, ou ben non son nunca da súa competencia, ou ben non son nunca da súa responsabilidade, e todo canto ofrece é o compromiso de falar en breve coa persoa que ó parecer sí debe ser competente e responsable.

Tanto é así que hai que cabe facernos a pregunta de cales son realmente as reponsabilidades e as competencias dun alcalde, se é que ó final resulta que ten algunha. E en todo caso, se é que non as ten, se cadra Ferrero debía ter reparado nestes detalles antes de prometernos unha autovía gratuita, un hospital comarcal, un carril-bici, ou un gran parque no Bosque.


1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Manda collons. O que esta claro e que internet brindanos unha oportunidade unica para axustarlle as pilas a este tipo de persoaxes.

Votadelle unha ollada a esta web e si vos parece boa idea, sinxelamente darlle uso e enlazadela a vosa web.

galicia esta en xogo!!!

www.lacoctelera.com/galiciadenuncia

25/12/07 10:32

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner