Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, diciembre 26, 2007

Qué será peor?


Tristemente, somos incapaces de desperdiciar unha ocasión para que os medios de comunicación falen dos carballeses no sentido ó que (desgraciadamente) estamos acostumados. Por se non fora o bastante penosa a imaxe que transmitimos de Carballo despois de gañar o gordo e perder a dignidade (véxase, se non, o exemplo do ganador espido de cintura para arriba e borracho coma unha prea, ou o do que iba a invitar a tódolos veciños "a putas"), agora é o turno da camareira do bar Arco Iris, Sara Fernández.

Resulta que a moza, intelixente e precavida que é ela, deixou o décimo nun bote detrás da barra (á vista de todo o mundo, non pensedes que a rapaza é desconfiada) mentres clientes e alleos regaban con cava o chan do local. Normal, só eran 300.000 euros. E pasou o que tiña que pasar: mangáronlle o gordo.

Xa non sei qué é peor: a imaxe que se da de Carballo como unha vila onde lle rouban a un a carteira en menos que toca un gordo, ou a que ten tan pouco sentido que deixa 50 millóns na barra e se vai sacar fotos. ¿Vos qué pensades?


(A noticia nos medios de comunicación de toda España: La Vanguardia, Telecinco, Antena 3, El Mundo, El País)


 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner