Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, diciembre 13, 2007

Xa será menos










“Novidades”
que nos envían dende o concello de Carballo:

12 de decembro de 2007, 19:32 horas:
Os delitos diminuiron en Carballo un 38% no que vai de ano con respecto ao 2006 12/12/2007 O delitos descenderon en Carballo case un 31% no que vai de 2007 con respecto ao ano anterior, segundo constataron fontes da Garda Civil no transcurso da Xunta Local de Seguridade celebrada o mércores 12 de decembro no Concello carballés. O número de detidos ascendeu a 174 e esclarecéronse preto dun 40% dos delitos investigados durante o presente ano. Este incremento da seguridade cidadá no municipio bergantiñán compleméntase con outras boas novas aportadas pola Garda Civil no tocante ás infraccións de tráfico e aos sinistros mortais nas estradas. Äínda que non puideron aportar datos concretos sobre estes dous últimos aspectos porque non están pechados, responsables do Instituto Armado confirmaron a boa evolución neste sentido. O alcalde de Carballo, o nacionalista Evencio Ferrero, calificou este balance -practicamente completo- d! o ano 2007 como "moi satisfactorio".

12 de decembro de 2007, 22:19 horas:
12/12/2007 O delitos descenderon en Carballo case un 23% nos once primeiros meses de 2007 con respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo constataron fontes da Garda Civil no transcurso da Xunta Local de Seguridade celebrada o mércores 12 de decembro no Concello carballés. Por outra banda, os delitos contra o patrimonio baixaron máis dun 30%. Estas boas cifras confirman un incremento da seguridade cidadá observada xa desde o ano pasado en comparación co 2005. Esta tendencia positiva compleméntase con outras boas novas aportadas pola Garda Civil no referente ás infraccións de tráfico e aos sinistros mortais nas estradas. Äínda que non puideron aportar datos concretos sobre estes dous últimos aspectos porque non están pechados, responsables do Instituto Armado confirmaron a boa evolución neste sentido. O alcalde de Carballo, o nacionalista Eve! ncio Ferrero, calificou este balance como "moi satisfactorio".


(E non seguiron enviando "novidades", porque senón cada vez sería menos, e menos, e menos, e menos,...)



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner