Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, enero 15, 2008

¿Que foi do Porto de Razo?


Estas primeiras datas do ano teñen espertado o noso espírito nostálxico, e a verdade é que resulta ben divertido botar a vista atrás e comprobar de que falabamos hai exactamente un ano:

http://carballodixital.blogspot.com/2007/01/ooooooooooooooooooooohhhhhhhhh.html

http://carballodixital.blogspot.com/2007/01/brbaro-frustrado.html

http://carballodixital.blogspot.com/2007/01/gladiator-irisarri.html

No mes de xaneiro de 2007, un dos temas máis comentados no noso blog era a negativa de Vicente Irisarri, daquela presidente de Portos de Galicia, a incluir o proxecto de porto deportivo de Razo nos plans do seu organismo. Naquela ocasión o resultado fora un divertido enfrontamento dialéctico con Manuel Andrade, que mesmo chegou a pedir a súa demisión no pleno de Carballo. As reivindicacións do líder de Terra Galega mesmo chegarían a plasmarse na “escultura” que durante meses, e a pesares dos ataques de enfurecidos conductores e gamberros, presidiu a entrada da vila na rotonda da Gran Vía.

Non obstante o anterior, os socios de Andrade e actuais gobernantes do concello, BNG e PSOE, non só aprobaron no seu día o proxecto do CDI senón que teñen defendido sempre a realización de melloras importantes no peirao da costa carballesa. Sen embargo, salvando algunha visita illada de cargos xunteiros, a idea de converter Razo nun centro de actividades lúdico-deportivas a partir do su porto ten caído nun ostracismo xustamente paralelo e comparable ó que está a padecer o outro “Porto de Razo”, retirado do seu pedestal polos sucesivos envites automovilístico-etílicos. ¿Está definitivamente esquecido o porto deportivo de Razo? Para que se vexa que non é Andrade o único que se fai esta pregunta, velaí queda a cuestión.



Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner