Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, marzo 17, 2008

Bodegas na rede


Está claro que, dende hai uns meses, cando en Carballo se fala de bodegas ninguén se está a referir a albariños nin riberas del Duero. Estámonos a referir ó noso rei da comedia que está a levar e deixar ben alto o nome da nosa cidade por España adiante.

Hai xa tempo que o seu fotolog figuraba entre os enlaces permanentes de CD, e agora vémonos na obriga de actualizar esta información, porque Róber tamén leva un blog en wordpress (http://roberbodegas.wordpress.com/) e, como bo artista que se precie, conta coa súa propia web (http://www.roberbodegas.eu/). Aínda que ésta última aínda está en construcción, podemos ver o que será probablemente a súa nova imaxe, un icono a modo de "smiley" que o identifica de modo inequívoco.

Como veredes, o blog non ten desperdicio ningún. Bodegas continúa na súa de línea de sacar punta a todos eses aspectos da vida cotiá e da nosa infancia que para moitos de nós pasan usualmente inadvertidos: a pastas de dentes, os ultramariños, os vellos 600... Que o desfrutedes tanto coma nós.


 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner