Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, septiembre 24, 2008

Núñez Feijóo en Carballo



Hoxe estivo en Carballo o Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, na carpa (enorme) que instalaron os populares á beira do xardín municipal.

Ó pouco de rematar o acto, xa tiñamos o resume (enviado polo equipo de prensa de Feijóo), con cortes de voz incluidos.

O presidente do PPdeG afirmou que o balance do bipartito na zona tradúcese en: ‘moitas palabras, moitas promesas, moitos enganos e ningún feito’. Prometeu: ‘Remataremos todo o que o bipartito paralizou: solo industrial, autovía, portos e acuicultura’.

Demostrou estar ben informado acerca das promesas históricas do BNG de Carballo, como a famosa (e nunca vista) ambulancia medicalizada ou o (inexistente) hospital comarcal: "Os veciños seguen a esperar pola posta en servizo da ambulancia medicalizada así como pola construcción de tres novos centros de saúde, dous en Malpica e un en Coristanco. Nada se sabe do prometido hospital comarcal."

E contraatacou a Anxo Quintana, que hai dous días saía cunhas trunfantes/delirantes declaracións no seu medio amigo (pero amigo enteiro) La Voz de Galicia. Feijóo lembroulle a Quin que "a construcción de dúas escolas unitarias e dun novo colexio público en Ponteceso; así como unha escola infantil en Malpica e outra en Carballo son outros proxectos pendentes".

Tamén falou da vía Carballo-Fisterra, que "leva un retraso de entre dous e tres anos. A obra tiña que estar licitada en setembro de 2005 e iniciadas as obras en 2006."

Prometeu que o PP volvería a converter as comarcas de Bergantiños e da Costa da Morte "no referente da acuicultura de Europa", ó tempo que lembraba que "o bipartito ten paralizadas as obras nos portos da comarca."

A continuación podedes escoitar as gravacións coas palabras pronunciadas en Carballo por Núñez Feijóo:





(Enlace ó blog persoal de Alberto Núñez Feijóo: nfeijoo.blogspot.com)


Etiquetas:

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Perdón, por algún erro entrei na páxina oficial do PP.
Cousas das novas tecnoloxías.
O dito, perdón , e adeus.

24/9/08 22:48

 
Anonymous Anónimo said...

Es que esas cosas pasan. Yo esta semana he puesto la radio y he descubierto que el BNG tiene radio oficial en Bergantiños. Un día hacen una fela... perdón, entrevista a Quintana y la publican a toda página en el periódico, y hoy le hacen otra fela... perdón, entrevista al delegado de Industria, y no sé por qué sospecho que mañana también saldrá a todo trapo. Y hoy además, como cada 15 días, oda a Evencio. ¿Y a Feijoo o a Sueiro les hacen entrevistas? Pues debe ser que a mí no me coincide de oirlas.
Desengañémonos, estamos en la era del periodismo de trinchera, todo el mundo tiene su color, lo que pasa es que unos no lo esconden y otros intentan disimularlo, y que unos atacan con tirachinas y los otros con misiles.

25/9/08 09:44

 
Anonymous Anónimo said...

Noto un certo ton de conmiseración (ou chàmase subxectividade??) neste post. Non vos ensinan nada na "escola de xornalismo"??? [S.]

3/10/08 10:28

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner