Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, septiembre 11, 2008

Pop Xiria Pop 2008

Un ano máis volve a máis senlleira sesión de concertos da zona. A sección de balonmán da A.D.Xiria organiza doutra volta o Pop Xiria Pop do ano 2008, un festival para música pop e rock xa consolidado en Galicia que serve para traer á nosa vila os grupos máis alternativos do panorama nacional e internacional.

Este ano a cousa vai a máis porque ocupa dúas fins de semana e tres ubicacións físicas diferentes. Será o pub A Reserva, un espazo ben coñecido polos afeccionados ó rock, onde maña venres ás 23:00 terá lugar o arranque cos hispano-arxentinos Cápsula. Xa nos días 19 e 20 no espazo tradicional da Dublín desenvolverase o “grueso” do festival. Serán un total de 10 grupos que incluirán a Ben Vaughn, Ross, Bubblegum e Quant. Mágoa que o concerto dos míticos The Zombies que estaba previsto para o día seguinte no escenario privilexiado do Pazo da Cultura tivera que ser suspendido polos problemas do seu líder. Á espera de confirmar o grupo que os sustituirá (ollo, que será aforo limitado e 16 euros, non o deixedes pasar) a festa volverá á Dublín con Ducks Deluxe, The Meows, The Cheeks e The Loveless Cousins.

Para financiar o asunto a entrada valerá 10 euros por un día e 15 para todo o festival. Deberiamos buscarvos información sobre dos grupos participantes pero o certo é que en www.xiriapop.com ou en www.fotolog.com/xiriapop xa tedes abondo. En lugar diso, aquí tedes unha actuación de Ducks Deluxe nos seus anos mozos. En fin, que o pasedes ben.






 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner