Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, octubre 02, 2008

Curso de ética periodística


Desilusionante comprobar cómo aquelas cuestións coas que todos parecemos estar de acordo e que tantas veces tantos temos denunciado en tantos foros, continúan repetíndose impenitentemente.

Non hai nin dous meses que contabamos en CD cómo a edición local de La Voz de Galicia titulaba "Una carballesa, arrestada por robar en la catedral de Santiago". E hoxe, no mesmo lugar, e cos mesmos autores, podemos ler "Las dependientas de una tienda ribeirense retuvieron a tres carballesas hasta que llegó la policía". Titular sen dúbida digno de profundo análise e que ben podería figurar ó lado daquel famoso "Mueren un ruso y 2 personas en un accidente de tráfico".

Porque vexamos, si nós non fosemos naturais da nosa vila e non coñecesemos os desgraciados sambenitos que inxustamente arrastramos, é dicir, se por exemplo fosemos turistas alemáns, ficariamos abraiados coa frase. Esto é, en Ribeira, parece ser, a unhas dependentas dunha tenda dáselles por reter por un período de tempo X a unhas persoas ata que veña a policía. Así, sen máis, porque en ningún punto do titular se menciona que existise problema dalgún tipo con esas persoas. Retéñenas porque lles apetece, e chaman á policía se cadra para facerlles compañía. Naturalmente, se profundizamos no texto da noticia, o/a xornalista encargado/a (descoñecemos se reincidente do caso de agosto) acláranos que o motivo da retención e da chamada á policía foi o intento de hurto por parte de 3 mulleres, que resultaron ser naturais de Carballo. Non obstante, quen sabe se por aforrar tinta, o traballador/a de La Voz de Galicia decidiu que non era preciso sinalar no encabezado o motivo do problema, mais sí deixar ben claro os xentilicios de cada quen, entendendo que a condición de carballesas das retenidas implica, claro está, a súa condición de ladronas.

Por iso, porque falando claro, estamos ata os... de denunciar este asunto, coidamos que sería máis apropiado un titular do estilo: "Tres mulleres detidas polas dependentas dunha tenda de Ribeira na que tentaban roubar". Porque se aquí se tratase de recurrir á linguaxe e ós tópicos máis ramplóns e trasnoitados, tamén poderiamos titular: "Coidado, Ribeira, ¡que veñen os de Carballo!", e acadariamos moita máis resonancia. Recomendado encarecidamente a primeira destas propostas, despedímonos ata outra edición, que lamentablemente, sospeitamos que teremos que facer.



Etiquetas:

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Esto es una VERGÜENZA. Es que parece que se ríen de nosotros, no, se ríen, se ríen.
Cuantos años con la misma historia, o es que no os acordais de aquellos tios que habian secuestrado a una chica que lo sacaron a toda portada y luego resultó que ni eran de Carballo, o lo del territorio comanche, o yo qué sé cuantas. Y me consta que se les han quejado mil veces, pero les TIRA DE UN HUEVO, les da todo igual, están por encima del bien y del mal, Latorre es el Ciudadano Kane de Galicia. Y que pidan disculpas??? Jajaja.
Y lo que más jode, con perdón, es que luego los fulanos se van de salvapatrias y venden ese rollo de "estamos al servicio de Galicia" o aquí se van de "qué sería de la Costa da Morte sin nosotros" y sus cuatro amigos tertulianos, perdonando vidas y juzgando según su ética, gusta o disgusta.
Y luego aquí mismo en la sección de local van y publican el mismo titular vomitivo un mes sí y al siguiente también, hala, toma dos tazas. Pero es que allí nadie lee antes de publicar, Dios??? A quien se le puede ocurrir un titular así??? Y luego aún tienen los santos bemoles de quejarse ellos de que los carballeses tengamos mala fama. No sé si se nota, pero yo estoy indignado. La única forma de poner a esta gente en su sitio es darles en el bolsillo.

BOICOT A LA VOZ, YA!!! Ni un duro más.

3/10/08 00:31

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner