Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, noviembre 19, 2008

Blogs escolares


O desastre da organización na educación é outro asunto que ten ocupados un bo número dos posts destes 3 anos de Carballo Dixital. Sen embargo hoxe voltamos ás aulas cun asunto diferente e máis gratificante.

Se cadra precisamente son as deficiencias as que levan a estimular a iniciativa das persoas vinculadas ó ensino, pero o caso é que nun espazo de tempo relativamente curto son dous os centros de primaria carballeses que veñen de poñer en marcha un blog.

En anpaacasilla.blogspot.com, é a asociación de pais e nais do colexio da Cristina, tamén coñecido por moitos como A Casilla, os que levan unha interesante bitácora na que informan das súas actividades e expoñen as súas propostas ou opinións sobre canto rodea á vida académica do centro (por certo: qué eso da "promoción do idioma entre escolares"? É que só hai un idioma entre nós?). E en colexiofogar.blogspot.com son os alumnos e profesores os que utilizan este sistema coma unha forma de achegar ós rapaces á internet e ás novas tecnoloxías.

Dende o decano dos blogs carballeses (modestia aparte, que saibamos non os hai máis antigos), damos a benvida e desexamos longa andaina ó novos bloggers. Oxalá pronto sexamos moitos máis.




Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner