Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, diciembre 08, 2008

Fran vai a América


As ameazas do terrorismo yihadista teñen feito esmorecer a proba de rally máis lendaria do mundo, o Paris-Dakar. Pero se alguén pensaba que o mundo do motor se ía render ante estas lamentables expectativas, estaba errado.

Esta fin de semana deixábanos ós carballeses outravolta máis unha excepcional nova relacionada con Fran Gómez Pallas. O noso heroe local vai voltar a desputar unha nova proba do rally Dakar, que este ano se traslada a terras americanas. O percorrido será o que podedes ver na imaxe, con saída de Buenos Aires, discurso por Río Negro e pola Pampa, cruce dos Alpes ata Chile, Valparaíso, a mítica Atacama, de novo volta a Arxentina pola Rioja, Córdoba e Santa Fé, e etapa final de novo na capital arxentina.

Serán un total de 9.574 Km que comezarán este vindeiro 3 de xaneiro e rematarán o 18 do mesmo mes. Unha ronda que cambiará o deserto do Sahara polas pradeiras e as montañas andinas, unha nova aventura que nos fará ós galegos e ós carballeses sentirnos de novo orgullosos de que un dos nosos viaxe á terra do tango, non porque teña que emigrar de aquí, senón para demostrar a súa valía entre os mellores do mundo.

Na web da organización teredes toda a información, vídeos incluidos, do evento. Nós non o habemos perder.



Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner