Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, diciembre 10, 2008

A fume de carozo


Un novo blog creado no noso concello que nos permitimos publicitar en CD. "Cicloturismo y otras hierbas" é unha iniciativa na que Alberto Docampo nos explica as mellores rutas para practicar o ciclismo de montaña que existen na nosa zona.

Fotografías e vídeos de paraxes coma o Monte Neme ou a fervenza de Entrecruces ilustran o traballo deste mozo e dos seus amigos que empregan a rede para convidar ós interesados a unirse a eles na súa actividade. Coma o propio autor explica "la filosofía no son los kilómetros sino el distraerse y disfrutar del maravilloso paisaje de Galicia".

Noraboa a Alberto, moita sorte co blog, e se non podedes subirvos á "mountain bike" con el, cando menos desfrutade das súas imaxes.



Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner