Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

domingo, diciembre 28, 2008

Última hora: Evencio oponse ó Plan de Vivenda


O teletipo acaba de chegar á nosa redacción. A oposición e os argumentos dos veciños de Carballo veñen de facer cambiar de opinión ó alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Nun breve comunicado de prensa, o primeiro edil explica a súa postura: durante estes días os intereses do meu partido fixéronme defender o Plan de Vivenda presentado por Teresa Táboas e Anxo Quintana. Non obstante, eu débome ós carballeses, e por tal motivo vou ser consecuente con mandato que recibín dos cidadáns, e vou comunicar á Xunta de Galicia a miña oposición a este Plan Sectorial, e o meu desexo de que Carballo sexa excluído do mesmo.

En canto poidamos ampliar a información, ofrecerémosvos máis detalles. Ferrero tamén anunciou que estes e outros asuntos serán tratados nun pleno extraordinario convocado para esta mesma semana antes de rematar o ano, porque "trátase de asuntos urxentes que non poden agardar". No mesmo pleno está previsto comunicar o inmediato inicio, para primeiros de ano, das obras do aparcamento subterráneo, do hospital comarcal e do porto deportivo de Razo.



Etiquetas: ,

7 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Uff casi me lo creo!!!. Pero miré el reloj y me he dado cuenta de que aún queda algo más de media hora para que termine el día de los Santos Inocentes.

28/12/08 23:25

 
Anonymous Anónimo said...

Con que un teletipo eh??? Jejejeje

29/12/08 17:08

 
Anonymous Anónimo said...

Tamén será inocentada que, con toda a oposición que está a facer o PP de Carballo, agora o Concello de Betanzos (alcaldesa do PP) pida a súa inclusión no plan. Iso si é coherencia política, e todos os concellos do PP que están fregándose as mans co proxecto, que son moitos no país...

31/12/08 10:50

 
Anonymous Anónimo said...

Cántos concellos do PP? Dígame casos?. Os do noso entorno ningún é do PP e todos están en contra, Ribeira xa conseguiu quedar fóra... e por outra parte, qué nos importa a nós a todo iso? Vese que están vostedes nerviosos co tema, non deixan de tentar desviar a atención.

2/1/09 10:25

 
Anonymous Anónimo said...

No manipulen la realidad, por favor. Esta es la información real:

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008122100_2_246256__ACorunaMetro-Betanzos-solicita-entrar-Plan-Sectorial-Vivenda
"REDACCIÓN | BETANZOS El Gobierno brigantino inició contactos con los responsables de la Consellería de Vivenda para analizar la posibilidad de desarrollar diversas actuaciones en el municipio a través del plan de Vivenda.

La alcaldesa, María Faraldo, explicó ayer que el Ayuntamiento está interesado en participar en el proyecto autonómico, SIEMPRE Y CUANDO SE CONSENSÚEN LAS BOLSAS A DESARROLLAR. COMO PRIMERA OPCIÓN PROPONDRÁ SUELO DE PROPIEDAD MUNICIPAL. La Administración local trasladó de forma verbal estas condiciones a la Consellería."

Cambia la cosa, ¿no?
En todo caso esto es Carballo, que nadie nos venga con historias de otros sitios.

2/1/09 10:55

 
Anonymous Anónimo said...

No manipulen la información por favor, esta es la noticia real:

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008122100_2_246256__A-Coruna--Metro-Betanzos-solicita-entrar-Plan-Sectorial-Vivenda
"REDACCIÓN | BETANZOS El Gobierno brigantino inició contactos con los responsables de la Consellería de Vivenda para analizar la posibilidad de desarrollar diversas actuaciones en el municipio a través del plan de Vivenda.

La alcaldesa, María Faraldo, explicó ayer que el Ayuntamiento está interesado en participar en el proyecto autonómico, SIEMPRE Y CUANDO SE CONSENSUEN LAS BOLSAS DE SUELO A DESARROLLAR. COMO PRIMERA OPCIÓN PROPONDRÁ SUELO DE PROPIEDAD MUNICIPAL. La Administración local trasladó de forma verbal estas condiciones a la Consellería."

Cambia la cosa, ¿no?

3/1/09 15:15

 
Anonymous Anónimo said...

Levo un tempo facendo un exhaustivo seguemento dos aconteceres deste noso ilustre governo municipal das esquerdas –ou así se din eles mesmos, porque cada día o dubido máis-, e creo que é momento de facer unha análise.

Qué mellor maneira que un pouco de humor, así que vos acompaño o que ben pudiera ter escrito calquera hai uns aniños, moi propia destas épocas navideñas.


Carta dun carballés ós Reis Magos:

“Carballo, 1 de xaneiro de 2003.

Benqueridas Maxestades de Oriente, un ano máis, diríxome a vostedes para lles pedir non para mín, senón para os meus concidadáns.

Velaí vai a miña lista de peticións:

1.- Quero, para, empezar, que, se é posível, e non é demasiada molestia, a Carballo lle dean, dunha vez, unha ambulancia medicalizada, tan necesaria e reiteradamente solicitada aos que nos governan, pero sempre negada polo mesmo partido que goberna en Santiago e en Carballo.

2.- Quero, tamén, que, se pode ser, se constrúa un Hospital Comarcal en Carballo, con todas as especialidades e un servizo de urxenças o mellor dotado, que xa nos negou a Sra. Conselleira de Sanidade, pese a ser do mesmo partido que o noso Sr. Alcalde, o Sr. Varela.

3.- Se non é moito pedir, encantaríame que se fixera a travesía de Malpica, desde o punto quilométrico 0,000, con beirarrúas e servizos de primeira categoría, e que este governo municipal do Sr. Varela non é quen de conseguir da Xunta do PP.

4.- Quero, tamén, que o governo municipal faga, dunha vez, o carril-bici ata Razo, e se deixe de escudar na imposibilidade de obter os terreos.

5.- Quero, sobre todo, que dunha vez o Concello faga do Bosque do Añón o espazo natural de Carballo por excelencia, un lugar onde poder facer durante todo o ano o que agora só algúns podemos facer un día nas festas de San Xoán.

6.- Quero, se é posível, que o governo municipal dea entrada, dunha vez, a xente nova na Comisión de Festas de San Xoán, e que fagan dunha vez transparente a xestión que a Comisión fai dos cartos que o Concello, e, por tanto, todos os carballeses e carballesas, poñen nas súas mans. Quero, tamén, que empecen a traer dunha vez atraccións estelares ás festas, e non artistas de segunda ou folclóricas do tres ao cuarto.

7.- Quero, xa, que se libere a peaxe da autopista á Coruña, único xeito de garantir o progreso desta nosa terra, e que o Sr. Alcalde llo esixa dunha vez ao seu partido en Santiago, que para algo goberna e decide sobre o tema.

8.- Quero, porque é de xustiza, que a Xunta constrúa, dunha vez, a circunvalación de Carballo, e que o governo municipal se plante en Santiago e non saia de alí ata que o seu partido, o PP, comprometa a actuación.

9.- Quero que dunha vez se remate a travesía principal de Carballo, que parece a obra de nunca rematar, e que o governo do PP no Concello saque dunha vez un compromiso firme do de Santiago (Xunta) para rematar a travesía.

10.- Quero que dunha vez o Plan Galicia se execute, e se faga o novo Polígono Industrial, porque moito falar del, pero ningún industrial de Carballo pode aínda conseguir nin un metro cadrado para montar alí o seu negocio.

11.- Quero que o governo municipal do Sr. Varela Rey dunha vez presente unha idea e un proxecto viable para construir o parkin soterrado da Praza do Concello, que xa o intentaron e todo quedou en nada.

12.- Quero que o governo municipal do PP dunha vez aposte polo comercio local, e o impulse, pois non bastan as obras proxetadas de peonalizar a Rúa do Hórreo e a Coruña, senón que hai que ser máis ambiciosos e facelo en todo o centro. Tamén que dunha vez aposten polos placeiros do Mercado, e melloren a Praza.

13.- Quero que o Sr. Varela poña fin ós desmáns urbanísticos que campan ás súas anchas.

14.- Quero que o Sr. Varela deixe de subirlles os impostos aos veciños de Carballo, como fixo coa basura e a contribución.

15.- Quero que se interrumpan as obras do Pazo da Cultura, unha obra faraónica e innecesaria para este povo, e se prioricen as actuacións en outras obras máis urxentes, como construir beirarrúas e asfaltar moitas rúas do centro que nin estes servizos básicos teñen.

16.- Quero que Carballo conte cun bó Plan Xeral de Urbanismo, posto que o que prepara o Sr. Varela é desastroso, e non se entende como este governo non aprecia a importancia do urbanismo.

17.- Quero que o governo do PP deixe de tirar os cartos públicos en poñerlle un teléfono móbil a cada concelleiro, que vai ti saber logo se non o usan para chamadas particulares.

18.- Quero que o governo do PP explique aos carballeses por qué fan falla tantas adicacións exclusivas, nun Concello tan pequeño, e que xustifiquen que merecen un soldos tan esaxerados por non facer nada.

19.- Quero que esista transperencia nos procesos de oposicións para traballar no Concello, e menos amiguismo e contratacións a dedo.

20.- Quero que se solucione o grave problema de aparcamento de Carballo, con solucións definitivas, e non meros parking provisionais como fixo o Sr. Varela.

21.- Quero que se modernice a xestión deportiva municipal, tan deficiente.

22.- Quero que desapareza o caciquismo deste governo municipal: un concelleiro de obras que usa o coche do Concello para todo, que ata o leva para a súa casa, que anda de casa en casa dos veciños para acadar votos, e que non planifica as obras.

23.- Quero que o governo municipal planifique as prioridades das obras, facendo os correspondentes proxectos e estudos, e non obras sen ton nin son.

24.- Quero que o governo deixe de gastar tempo e recursos en publicidade institucional e dunha vez traballe polo ben de todos e non polo seu.

25.- Quero unha política cultural moderna e de país, que abandoe programacións repetitivas de ano en ano: semana de música, de teatro, venres culturais…, e aposte por unha liña de calidade e orixinalidade.

26.- Quero un governo que non estea paralizado, sen ideas, que leve asuntos de importancia ós Plenos, e que saque adiante os Presupostos no seu tempo, que para eso ten a maioría.

27.- Quero, en definitiva, o que é de Lei, o que nos toca por dereito, e que este governo municipal deixe de agachar a testa diante do seu governo “amigo” de Santiago, e, dunha vez por todas, nos defenda ós veciños por riba dos intereses partidistas.

E, se todo esto non o podedes facer vós, porque sei que pido moito, só quero entón unha cousa:

28.- Quero que botedes fóra ao Sr. Varela e me fagades a min Alcalde.

Asdo: O voso amigo Evencio.”

Carta doutro carballés ós Reis Magos:

“Carballo, 1 de xaneiro de 2009.

Benqueridos Reis Magos:
- Quero o mesmo que vos dixo Evencio na súa Carta de 2003, exactamente o mesmo, substituindo da súa carta as seguintes verbas:
- Onde pon Sr. Varela, escríbase Evencio Ferrero.
- Onde pon P.P., póñase BNG-PSOE.
- Onde pon Pazo da Cultura, póñase Casa dos Oficios.

Asdo: O voso amigo Sueiro”

Dito doutra maneira: ¿que se ten feito de todo o pedido –e prometido- nestes 6 anos? A min estáseme a esgotar a infinita pacencia que, desde o primeiro día, lle estiven disposto a mostrar a un governo de progreso, que dicía abandoaría os defeutos do mandato do Sr. Varela. E quero obras, non proxectos, prefiro 10 obras pouco planificadas que un centro de proxetos de planificación sin ningunha obra.

Así que, a espabilar, señores governantes. Xa vai sendo horiña...

4/1/09 18:38

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner