Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, diciembre 11, 2008

O túnel cumpre anos

Hai pouco eramos nós os que cumpriamos 3 anos, e xustamente onte foi a obra máis emblemática de Carballo a que estivo de aniversario. Noutro deses guiños do destino resulta que o túnel da rúa Coruña (existe, si, existe) foi iniciado un 10 de decembro de 2003 e rematado un 10 de decembro de 2004, así que dobre cumpreanos, tal e como recolle hoxe LVDGE.

Con tal motivo o alcalde, Evencio Ferrero, manifesta que a corto prazo non vai ser posible realizar o parking soterrado que dea salida á magna obra do seu anterior mandato, pero que a medio prazo, "en mejores circunstancias que las de la actual crisis, habrá que abrir otro proceso de contratación."

Como teñamos varios anos que agardar, moito nos tememos que para os nosos fillos e netos o túnel acabará por convertirse nun deses misterios investigados en Cuarto Milenio, como aparecía naquel desternillante vídeo que hoxe lembramos:





Etiquetas:

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Quen fixo a Lei... fixo a trampa.

Boa tarde de novo. Vista esta "noticia", non podo por menos que sumarme á "noraboa", e desexarlle "moitos máis" (sniff...).

Como xa falara no seu día, ista obra, "faraónica", custou máis de 80 millóns das pesetas de antes, que, a unha media do 5 ou 6 % ó ano nun Banco ou Caixa, terían xa dado o seu bo rendemento para todos os carballeses. Boten contas.

Pero non. Moito me temo que segan soterrados aí por moitos anos, coma A Grela. Porén, agora que Mr. Millonettis-ZP lle ven de regalar máis de 5 millóns de euros ao Concello para o ano que ven, que apostamos a que non vai nin un céntimo deses cartos para o Mercado de Abastos co parquin?

Claro, como van ir se non existe proxeto do que se quere facer, estamos coma no comezo: hai unha idea de facer "algo", que nin se sabe o que é nin o que pode ser, pero o que eu si teño claro é QUE NON SERÁ namentres os nosos governantes non lle copien o slogan eleitoral do Sr. Andrade: GOBERNO CON DECISIÓN, XA!!! Manda truco, que eu teña que tomar prestadas palabras deste home... ao que lle levan a un os tempos...

Ala, xa me rin un poquiño, pero non tanto coma algúns outros que se están a rir de nós todos a gargallada os días do ano... e xa van varios anos, que non son novatos....

Aburiño...

11/12/08 21:38

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner