Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, enero 20, 2009

Para chulo o meu pirulo



Era un ruxe-ruxe que dende hai semanas percorría os foros e as rúas de Carballo. Ó fío do affaire do gasto telefónico do Concello comentábase que unha concelleira tiña facturas mensuais de móvil de máis de 500 euros.

Finalmente o PP de Carballo sacaba á luz o asunto o pasado sábado. Lourdes Rey, concelleira de Sanidade, Asuntos Sociais, Terceira Idade e Emigración presenta un gasto medio mensual de 425 euros, chegando nalgún caso a superar os 530. Unha cantidade que resulta especialmente chamativa tendo en conta que a edil ten adicación a tempo parcial e que iso conleva pasar parte do seu tempo no concello onde o móvil no debería ser necesario, que o seu gasto supera a suma de todo o gasto dos seus funcinarios e da policía local, e que mesmo este se incrementou nos meses de vacacións. Comenta o PP que para chegar a ese importe habería que estar chamando as 24 horas do día e que aínda así habería que chamar a números especiais para chegar ós 530 euros.

Coma era de agardar, o escándalo está a ser sonado, pero se alguén pensaba que os nosos gobernantes ían entonar algún mea culpa (non falemos xa de dimitir) é que non coñece a política carballesa. Ademais da sempre inestimable axuda que La Voz Defensora de la Gestión Excelente (á fin e ó cabo, para qué están os amigos), a propia Lourdes e sobre todo o propio Evencio teñen respostado como se merecen a eses mentireiros sen escrúpulos do PP. Nunha entrevista a Punto Radio que hoxe recolle anosacosta, o alcalde pon as cousas no "seu" sitio:

“Eu non teño problema en que fiscalicen o meu móvil, pero non se pode mostrar os números ós que chaman pola propia lei de protección de datos”.

Además aseguró que los logros que está cosechando el gobierno necesitan de visitas institucionales “e tamén de chamadas telefónicas”, para que “Carballo siga medrando”.

"Queixánse das chamadas da concelleira de Sanidade e emigración, dicindo que coincidian coas vacacions. Pois non é asi, porque esa concelleira non tivo vacacions nesa época. Carballo medra económicamente porque hai moitas chamadas telefónicas e moitas xestions. Ou nos quedamos como estábamos antes no 2003 ou seguimos medrando en ingresos e colaboración. Hai que facer xestións".

Así que se a alguén de vostedes o seu xefe lles chama a atención polo seu gasto de móvil de empresa, xa saben a resposta: no se queje, estamos trabajando para usted. E que non lle miren a factura, hai lei de protección de datos. Para chulo...



Etiquetas: , ,

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Pregunta: las llamadas de cargos públicos en ejercicio de su función desde teléfonos de propiedad pública también están sujetas a la ley de protección de datos?

Y si no lo están, otra pregunta: ¿por qué alguien tendría preocupación en mostrar unas llamadas que corresponden enteramente al ejercicio de esas funciones? Si no hay nada malo ni nada raro pues se debería de tratar de llamadas a la Xunta, a funcinarios del concello en localizaciones distintas... como mucho rebuscar, a algún vecino con algún problema puntual. ¿Por qué no se pueden enseñar?

Y tercera y última pregunta, ¿tanto gestiona esta concejala para que ella sola gaste más que toda la policía junta y más que los demás concejales? Cuando menos que nos digan el tiempo empleado porque a mí los números no me salen.

Espero alguna respuesta, porque de lo contrario lo lógico y razonable es pensar muy pero que muy mal.

20/1/09 16:55

 
Anonymous Anónimo said...

o que ten que facer esta moza é dimitir, ou polo menos pedir perdón en público e devolver os cartos das facturas

20/1/09 19:05

 
Anonymous Anónimo said...

Que eu saiba, nas facturas de móbiles, só sae os números aos que se chama e a duración da chamada, xunto coa compañía de destino da mesma.

Así que, con toda claridade, a lei de protección de datos non é aplicable, pois non hai ningún dato protexido nesa factura.

Ademáis, os concelleiros membros do Concello teñen dereito legal a controlar a acción do goberno, e, dentro dese dereito, entra o de ver esas facturas detalladas. Así que, se non hai nada que ocultar, o Alcalde está incumplindo a lei, ao negar o acceso aos datos, e punto.

Quen algo oculta.... Mal vamos....

20/1/09 21:08

 
Anonymous Anónimo said...

Ley de protección de datos....
MANDA COLLÓNS!!

21/1/09 00:24

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner