Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, marzo 16, 2009

Nace A Nosa Galicia


Da man dos autores de Anosacosta.es, nace un novo portal informativo, esta vez cun horizonte máis amplo, como di o seu título: Anosagalicia.es “ofrecerá a súa ollada informativa sobre Galicia desde a Costa da Morte”.

O novo medio nace para ser un “complemento informativo” en Internet, aportando reportaxes, análise, entrevistas, opinión e outras seccións. Na súa primeira edición entrevistan a Alfonso Rojo (director de periodistadigital.com), a Roberto García (Secretario Xeral de Unións Agrarias) e a Carlos Negreira (presidente provincial do PP). Tamén teñen reportaxes (de momento, un adicado a Carlos O Xestal e outro ó Código da Vinci de Muxía), e, por suposto, noticias.

Estaremos asistindo ó nacemento dun holding informativo? Será Xosé Manuel Lema o Rupert Murdoch da Costa da Morte?

En calquera caso, desexámoslle moito éxito e engadimos o link ó noso blog.




 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner