Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, marzo 03, 2009

Resultados en Carballo


Ano 2005

Ano 2009

Como prometeramos, estes son os resultados electorais no noso concello, comparados cos rexistrados hai 4 anos:

PPdG: sube de 6175 a 7324 votos, e dun 38.2% a un 41.9% (+3.7%).
BNG: baixa de 5018 a 4049 votos, e dun 31.0% a un 23.15% (-7.85%).
PSdG: sube de 4408 a 4509 votos, pero baixa dun 27.3% a un 25.8% (-1.5%).
TeGa: aparece con 963 votos, un 5.5%.

Como pode apreciarse, a nosa cidade amosa un comportamento similar ó doutras cidades e vilas similares de Galicia, cun aumento importante do PP e un descenso das forzas da esqueda. Aquí as particularidades están no descalabro do BNG, moito máis pronunciado que noutros lugares, e nos resultados de Terra Galega, que baseou os seus escasos votos a nivel autonómico naquelas vilas onde ten presenza municipal.

As análises e lecturas que destes resultados poidan facerse son tan variados coma formas diferentes de pensar existan. Haberá quen advirta que con estes números a nivel local a esquerda podería perder o goberno de Carballo, haberá quen pense que uns comicios galegos non son comparables cos municipais, haberá quen vexa un castigo por asuntos puntuais como A Lagoa, haberá quen pense que o fracaso no asalto de TeGa á Xunta pode facer peligrar o seu proxecto común... Pola nosa parte quedámonos con que en toda Galicia se ten producido un movemento político claro dende a esquerda nacionalista cara ao centro-dereita, e que Carballo non é unha excepción.



Etiquetas:

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Haberá quen vexa que nos comicios municipais non houbo esta análese tan rigurosa por parte de CD (cantos votos perdería o PP?).
Haberá quen vexa unha análese interesada.
Haberá quen pense que o Governo do PP non vai recibir críticas deste "medio de comunicación" (sí, é sorna).
Haberá quen pense. Vos non, reproducides ó dictado.
Agora, a esperar a que me metades no saco nacionalista. En tempos pasados o "coco" eran os comunistas, agora os nacionalistas.

3/3/09 23:06

 
Anonymous Anónimo said...

Señores de Carballo Dixital, teneis que estudiar artimética: sumados los votos de la izquierda (Psoe + Bloque) tenemos un 48,95. Sumados los votos de la derecha (PP + Tega) tenemos un 47,4. ¿Quién cuenta con más votos en Carballo? Pues la izquierda. En Carballo, mal que les pese, estas elecciones demuestran que hay una mayoría social de izquierdas que se consolida. Aun con todo el crecimiento del PP a nivel autonómico, en Carballo sigue manadando la izquierda.

4/3/09 18:43

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner