Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, abril 15, 2009

Amarga despedida


As páxinas da sempre compracente LVDRP ofrecen hoxe azúcar abundante para relatar unha noticia amarga. Coma despedida do goberno bipartito de Galicia (o vindeiro sábado toma posesión o novo presidente da Xunta), hoxe coñecemos a declaración de impacto ambiental da circunvalación de Carballo. Un trámite administrativo máis que ten en conta o tráfico que se prevé haberá no ano 2030 (só faltaba que unha obra que chega con retraso non dure algo máis de 20 anos), e que pon unha serie de condicións relativas á conservación da natureza e do patrimonio cultural.

Pero as árbores dos titulares non poden evitar ver o bosque da decepción. Porque por unha banda sabemos que das tres alternativas posibles escóllese a número “1”, a máis corta e barata, aínda que tamén se di que é a que ten un “menor impacto ambiental e social”. Pero é que ademais, de todas as alegacións presentadas por unanimidade pola corporación de Carballo, unicamente se atende a de “repoñer todos os camiños, estradas e fincas interrumpidos polas obras” (como non podía ser doutro xeito). Ningún caso se fai do proxecto de circunvalación aprobado polo pleno en 2003, nin se prevén conexións coas estradas de Razo e Malpica, nin se fará a circunvalación con 4 carriles tal e como solicitara o Concello, senón solo con 2. E todo isto, despois de 4 anos de espera nos que aínda non vimos moverse unha máquina nin temos idea de cando poderá moverse.

En resumo: unha amarga despedida dunha consellería de Política Territorial que resultou nefasta para a nosa vila, con “olvidos” tan lamentables como os das travesías de Sísamo ou Malpica, ou (moito máis grave porque xa estaba en marcha) a terceira fase da travesía da Vázquez de Parga; obras todas elas que debían terse iniciado cando aínda a maldita crise económica non tiña feito acto de presenza. Poñeremos agora a nosa atención nos novos responsables autonómicos, para que non defrauden a confianza que se depositou neles. Seguiremos vixiantes.



Etiquetas: ,

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Que os parece la ordenanza municipal de 150 € de multa por pasear con el perro suelto por el paseo fluvial?

Este SuperViña cada mez me da mas miedo!

17/4/09 21:05

 
Anonymous Anónimo said...

Qué vos parece a mistura de nenos pequenos e os escrementos dos cans. A quen multamos, ós que levan ós cans ou ós fillos. Está moi ben o dos animáis de compañía, pero si teño que escoller, mentres os donos dos animáis non se molesten en recoller os escrementos, dou por boa a sanción. Non critiquemos sin máis, fagamos algo por convivir.

25/4/09 17:53

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner