Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, enero 21, 2010

Do que pasa cando se mira por riba das vallas


Esto é o que sucede cando algún valiente se atreve a pegar un chimpo e botar unha ollada por enriba das nosas metafóricas vallas carballesas. Resulta que do outro lado as cousas pintan feas. Recopilemos.

Todo comeza a raíz dun pequeño debate xenerado nos medios de comunicación polas denuncias en locais nocturnos da zona. Horarios de peche, ruidos, algunha que outra pelexa… nada que non viramos antes, un asunto que certamente non ten unha solución sinxela, sobre todo cando se pretende non enfrontar os problemas, e pasar por alto os dereitos dalgúns veciños con tal de non pisar callos incómodos. O curioso do asunto ven cando no diario oficial do goberno carballés se coloca todo o foco na marcha de Ponteceso e Santa Comba. En Carballo, en cambio (que para iso é a nena bonita da comarca), todo está ben. Non en vano sal á palestra o concelleiro de Seguridade, Benedicto Viña, a certificar que na capital de Bergantiños as denuncias son moi poucas. Non agardabamos menos. A valla está no seu sitio, e ninguén ha saber cal é a realidade que se oculta detrás dela.

Pois resulta que non foi así. Porque por moi altas e tupidas que sexan as vallas, cando fede de máis, chega un momento en que os enganados se fartan de tanto colorín. E inmediatamente recibimos o puntual correo do noso amigo Lobo, advertíndonos de que en Carballo se recibiran o pasado ano nada menos que 125 denuncias por mor das molestias provocadas na movida dos Baños Vellos, co que se rebela que a nosa cidade presenta unha conflictividade realmente preocupante neste ámbito. Unha noticia da que tamén se fixeron eco outros medios, coma A Nosa Costa ou Radio Líder, onde se preguntou a Evencio Ferrero a súa opinión sobre o tema. O primeiro edil correxiu rapidamente (qué remedio lle quedaba) ó seu concelleiro, afirmando que 125 lle parecían “bastantes denuncias”. O PP xa saliu a solicitar responsabilidades tanto a Viña como a Evencio, por considerar que o primeiro non fai máis que cumprir ordes do segundo (cousa de Perogrullo). Pero de non ser por xente coma Lobo, nada de esto se coñecería.

Nós quedámonos cunha pregunta, ¿cántas cousas máis se agochan detrás das mentiras das vallas, porque ninguén se atreve a contradecir o poder local? ¿Ten que ser un humilde “garganta profunda” o que destape cal é realidade do noso concello? Mala señal.



Etiquetas: , ,

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

¿O PP vai pedir responsabilidades?
As vallas tamén existían hai anos, e hai "gargantas profundas" que temos memoria (e arquivos con datos).

21/1/10 21:48

 
Anonymous Anónimo said...

Por favor, se tes arquivos con datos, que valen moito máis que a memoria, fainos públicos, se non, cala a boca.

Esto parece o de "y tú mas", "y tú infinito" dos nenos pequenos.

Datos, datos, datos. Todos temos dereito a coñecer o que se agocha tras dos valados.

23/1/10 23:22

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner