Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, junio 15, 2010

Cómoda amortización


Por razóns de traballo debo desprazarme a diario pola AG-55, entre Carballo e A Coruña, pero raramente fago o mesmo percorrido na ida que na volta.

Cando a Xunta de Galicia anunciou a bombo e platillo os impresionantes descontos na autoestrada, preguntei polas condicións:

1ª.- Mercar o aparello para colocar no parabrisas.
2ª.- Pagar anualmente unha cuota no Banco.
3ª.- Solicitar a Autoestradas de Galicia a alta na facturación e por tanto, no desconto.

Despois de facer todo iso, chágame a primeira factura, e sorpresa !!!, na segunda viaxe de volta non me descontan nada, nin o 25% nin o 50%. Chamo para queixarme, pero non hai nada que facer, para que che desconten hai que facer o mesmo traxecto na ida que na volta.

En definitiva, desconto na factura do mes de Maio: 1,45 €. Desconto en todo o ano: 17,40 €. Coste do aparello: 35€. Coste da cuota anual: 15€.

Tempo que tardarei en amortizar a inversión: CATORCE ANOS E PICO. A INVERSIÓN DA MIÑA VIDA.

CONFIAR NOS POLÍTICOS, NON TEN PRECIO.



Etiquetas: ,

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

¿E cómo fixeche para non facer o mesmo traxecto na ida que na volta? Perdón, pero non o pillo.

15/6/10 18:23

 
Anonymous Anónimo said...

Cuando anunciaron el descuento, ya dijeron que tenía que ser el mismo trayecto, con los mismos puntos de entrada y salida, así que no entiendo la protesta. Entiendo que no es una rebaja generalizada, que es lo que sería deseable, pero por algo se empieza (es la primera vez que hay rebajas).

O sea, que si entras siempre en Carballo y sales en Arteixo, a la vuelta hay que entrar en Arteixo y salir en Carballo. Así sí se aplican los descuentos.

A los que no hacen el mismo trayecto en la ida y en la vuelta no deberían darse de alta del descuento, porque pasa esto.

Pero si, por ejemplo, se entra siempre en Laracha y se sale en Coruña, y se vuelve desde Coruña saliendo en Laracha, las cuentas cambian:

1 trayecto diario:
Ida Laracha-Coruña: 1,50 €
Vuelta Coruña-Laracha: 1,50 €
Descuento 25 % vuelta: 0,375 €
Precio total 1 viaje/día: 2,63 €
5 viajes/semana x 4 semanas al mes: 52,60 € con descuento o 60 € sin descuento.
Ahorro/mes con 1 viaje/día: 7,40 €
Ahorro/año 1 viaje/día: 88,80 €
Coste/año:
Aparato: 35 €
Mantenimiento: 15 €
Total año 1: 50 €

Resumen: Ahorro 38,80 €/año, y ya queda amortizado el coste del OBE.

Estas son las cuentas claras. Y si los viajes son 2 al día, aún se amortiza antes.

Antes de darse de alta del servicio, hay que leer las condiciones, porque si no pasan estas sorpresas.

Pero, como siempre, AUTOVÍA GRATUÍTA YA!

15/6/10 22:13

 
Anonymous Anónimo said...

Para o primeiro anónimo, que non o pilla:
Si entras en Carballo e saes en Laracha, porque (por exemplo) debes visitar un cliente desa localidade, e depois xa segues pola C-552, porque tes outros clientes ata chegares a Arteixo. Despois, na volta, entras en Arteixo e saes na Laracha, porque vas visitar a outro cliente de laracha.
En definitiva, empregaches un traxecto na ida, diferente á volta, e non hai desconto posible.
Ó anónimo segundo dígolle:
Efectivamente, na norma da Xunta está escrito esta condición, pero non me queixo que non o estivera, senón da propia condición, que fai que eu, que viaxo varias veces ó día pola autoestrada, teña un desconto de risa.
Agora ben, ti e mailos que queiran, podedes estar ledos e aplaudir a rebaixa.
Faltaría máis.
Saúdos.

16/6/10 11:15

 
Anonymous Anónimo said...

COÑO, CD CRITICANDO AO PP, INAUDITO

pero claro xa hai quen conte a media verdade jejeje

16/6/10 13:04

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner