Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, junio 18, 2010

WWF sácanos tarxeta vermella


Agora que toda a atención está posta no mundial de Sudáfrica, descubrimos en A Nosa Costa que outro árbitro ben diferente acaba de xulgar a Carballo dentro dun exame relativo ós produtos forestais de orixe ilegal ou insostible. Falamos de WWF (World Wildlife Foundation), probablemente o grupo ecoloxista de maior dimensión e repercusión despois de Greenpeace e, a dicir de moitos expertos, moito máis rigoroso.

Resulta que esta organización leva o que chaman un “Observatorio Ciudades por los Bosques”, no que se evalúan as medidas que toman os concellos de España para adquirir productos forestais que proveñan dunha xestion social e ambientalmente responsable, rexeitando aqueles de orixe ilegal. O estudio afecta a municipios de máis de 20.000 habitantes, polo que Carballo é un deles, e non saímos ben parados. De entre as listas verde, ámbar ou vermella, colócannos nesta última, sinal de que nada se está a facer na capital de Bergantiños neste asunto.

Non obstante, é xusto sinalar que a meirande parte dos concellos se atopan na mesma lista vermella, e que seguramente non é moi oportuna a actual situación socioeconómica para meternos nesta clase de detalles. Pero tamén é certo que cando se dan leccións de propaganda ecoloxista, como adoita a facer o bipartido carballés, está ben de cando en vez recibir unha dose de realidade, desa que non se ve na prensa oficial. Por certo, Oleiros si leva a cabo parte da política que demanda WWF.

Etiquetas: , ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner