Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, agosto 05, 2010

Piratas en Carballo


¿Quén soñou algunha vez con participar nunha película? ¿E quén non soñou algunha vez con protagonizar unha aventura de piratas? Pois mañá teremos aquí, na nosa vila, unha aportunidade única. A productora Mandarina chega ó Pazo da Cultura para facer un casting de extras de cara á próxima gran producción televisiva española: “Piratas”. Trátase dunha serie de aventuras, con todos os elementos típicos do xénero, que seguirá a estela do éxito de Águila Roja, e que se rodará en Galicia, incluindo localizacións preto de Carballo.

As audicións terán lugar entre as 9:30 e as 14:00, e como condicionante para participar sabemos que os rapaces terán que ter pelo longo, e as rapazas cor de pelo natural. Polo demais os interesados en participar no casting deberán enviar os seus datos e un par de fotos ó correo marcosvazquez.piratas@gmail.com. Moita sorte e habemos vernos na tele.

Etiquetas: ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner