Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, septiembre 07, 2010

7 anos e 1 mes máis tarde, temos polígono


Así é. Con máis de 4 anos de retraso sobre o anunciado polo alcalde, e sete anos despois de empezar a anunciarse nos medios de comunicación, hoxe Alberto Núñez Feijoo ven inaugurar a ampliación pública do polígono industrial de Bértoa. Bo momento para botar a vista atrás e tirar de hemeroteca a fin de valorar cómo se chegou ata aquí:

E a primeira noticia que aparecía na recopilación que no seu día nos mandara Calaf era a seguinte:

“Xestur sacará a concurso las obras del polígono industrial de Carballo antes de final de año
31/7/2003”

Ano 2003. Aznar era presidente do goberno, Fraga estaba na Xunta e Evencio estranaba alcaldía. As consecuencias do Prestige traían un Plan Galicia no que os parques empresarias eran estrelas destacadas, incluido o de Carballo.

“El vivero de empresas de Carballo estará operativo en enero del 2006
El proyecto también incluye la construcción de un edificio de titularidad municipal que permitirá al Concello de Carballo, representado en el acto de ayer por el alcalde, Evencio Ferrero, realizar su propia campaña de promoción del polígono industrial de Bértoa, sobre todo a raíz de la ampliación prevista.
13/12/2004”

Ano 2004. Zapatero sucedera a Aznar e Evencio capitalizaba o protagonismo.

“La Xunta somete a exposición pública la vía de alta capacidad
Polígono de CarballoLa Xunta aprobó también someter a información pública el proyecto del polígono industrial de Carballo, que comenzará a construirse en el primer semestre del 2006 y que supondrá, para Política Territorial, una inversión de 17 millones de euros, cuatro de los cuales están destinados a la compra de terrenos. En total, el polígono tendrá una superficie de 730.000 metros cuadrados, 210.000 más de los previstos inicialmente.
8/7/2005”
“La demanda de suelo industrial en Bértoa supera la ampliación prevista
17/10/2005”
“Evencio Ferrero negocia con el IGVS la tercera fase del polígono
10/11/2005”
“Xestur desarrollará las dos fases del polígono carballés de forma conjunta
23/12/2005”

Ano 2005. Touriño chegaba á presidencia da Xunta da man de Anxo Quintana, e o proxecto multiplicaba a publicidade nos medios e as expectativas triplicando a superficie. (En realidade de todos eses metros finalmente só se construiu unha parte). Por certo que na web municipal se anunciaba que as empresas poderían comezar a instalarse no ano 2006.

“La tramitación del nuevo polígono de Carballo recibe el empujón definitivo
1/12/2006”
“El metro cuadrado en el polígono de Bértoa costará en torno a 60 euros
25/2/2007”

“La conselleira de Vivenda e Solo inaugura la primera «pieza» del polígono de Carballo
17/4/2007”

En plena precampaña municipal, a conselleira nacionalista bótalle unha man a Evencio colocando a primeira pedra da obra. Desto fai 3 anos e medio. Por certo, eses 60 euros por metro se convertirían pouco máis tarde en 110 euros.

“La demanda de suelo en el polígono de Bértoa supera el millón de metros
6/6/2007


"El bipartito de Carballo establece las grandes líneas de gobierno
A la cabeza se encuentra el nuevo polígono industrial de Bértoa, del que Xestur acaba de adjudicar, precisamente, las obras de urbanización de la primera fase,
26/7/2007”

Ano 2007. Evencio revalida mandato e convirte ó polígono na súa principal baza.

Pois ben, temos que chegar ó ano 2010, despois do retorno do PP ó goberno na Xunta de Galicia, para que se poida inaugurar unha obra da que se ten falado nos xornáis moitos máis días do que levou facela. E para colmo, inaugúrase en plena crise económica (máis acentuada en Carballo que noutros concellos do entorno), cando ninguén ten “un can” e a teórica demanda para construcción de naves se ten esvaecido. Para aqueles que queiran ver a botella a medio encher, cando menos temos por fin o polígono, e a prensa local informa de que na súa visita Feijoo pretende comprometer rebaixas para a compra de terreos. A ver se é certo.

Etiquetas: ,

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Estamos en una comarca donde, el paro aumenta, los jóvenes se pelean, se emborrachan y desgracian sus vidas. Las empresas asfixiadas, o cierran o incumplen sus pagos. Y el año que viene, veremos si los concellos son capaces de que los funcionarios de la zona no anden mendigando por la calle. Las oposiciones de los concellos no sirven para nada, dejando a malos gobernantes arruinar sus territorios. La prensa inventando problemas, se preocupa de 2.000 hectareas de incendios cuando antes hablábamos de decenas de miles, y en cambio no se preocupan de los problemas de los que hablamos los ciudadanos. ¿De verdad que vamos a a salir adelante?

8/9/10 09:19

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner