Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, enero 24, 2011

Máis UPG


De madrugador pode calificarse ó BNG de Carballo. Esta fin de semana Evencio presentaba ós once primeiros da lista cos que a formación frentista concorrerá ós vindeiros comicios municipais de maio.

E como cabía agardar as sorpresas son escasas. Catro novidades con respecto á lista de hai 4 anos, dous mozos vinculados ó deporte e á normalización lingüística que chegan dende Galiza Nova, e dous veteranos con moitos anos de traxectoria política no benegá: Milagres Lantes e Xosé Regueira.

Dous datos chámannos a atención. O primeiro, que o alcalde carballés prantexa as eleccións coma a decisión entre unha alternativa de esquerdas co BNG en maioría absoluta ou en bipartito co PSOE, e unha alternativa de dereitas cun bipartito PP-TEGA. Coma se non fose posible unha maioría do PP, ou coma se el non tivera pactado xa con Andrade, e o devenir do resultado non lle puidese plantexar de novo esa alternativa.

O segundo dato apórtao A Nosa Costa facendo unha reflexión en clave interna. Dentro dos equilibrios internos do BNG, coa bicefalia Aymerich-Vázquez, e as loitas entre a Unión do Povo Galego e os aperturistas de Máis Galiza, a nova lista electoral do Bloque destaca pola incorporación de dous pesos importantes do partido nacionalista máis radical, a UPG de Bautista Álvarez. Un partido ó que tamén pertence Evencio Ferrero e que moitas veces foi tildado de trasnoitado.

A tal efecto tomámonos a molestia de visitar a súa web e coñecer ós seus estatutos, a ver se realmente a cousa é para tanto. Limitámonos a reproducir literalmente, e que cada un saque conclusións:

Artigo 1
A UPG, fundada en 1964 é un partido que defende prioritariamente os intereses de todas as clases traballadoras da nosa nación. A UPG é un partido comunista patriótico, porque asume a loita de liberación nacional, na perspectiva da instauración dun Estado galego democrático popular, para rematar coa colonización que padece o país, como paso indispensábel para a construcción do socialismo.
[…]
Artigo 3
A U.P.G., fundamenta o seu programa e guia a sua acción política nos princípios do Materialismo Histórico e da Dialéctica, aplicando-os criativamente ás condicións concretas de Galiza. Partindo das realidades do noso próprio país., o Partido toma en consideración a experiéncia histórica do movimento obreiro e anti-imperialista internacional e emarca a sua teoria e prática nos princípios ideolóxicos e políticos de Marx, Engels e Lénin, ao tempo que incorpora o ideário político de Castelao e dos precursores do nacionalismo galego, que loitaron pola consecución dunha pátria soberana e liberada da opresión nacional.
Artigo 4
A U.P.G., como partido nacionalista galego, considera que o inimigo principal do povo galego é a burguesia monopolista española, que domina o aparatao do Estado, através do cal, contando coa colaboración da burguesia intermediária interna, mantén unha opresión capitalista colonial en Galiza. Por tanto, na presente etapa histórica, cando no proceso revolucionário internacional o antagonismo principal se manifesta nas loitas das nacións e dos povos oprimidos, colonizados e dependentes contra o imperialismo internacional, a estratéxia e táctica da U.P.G., están orientadas a potenciar o Movimento Nacionalista Galego contra o imperialismo español e os seus aliados na Galiza, considerando o que esta é unha loita anticolonial e antimonopolista, especialmente dirixida ao corazón do imperialimso occidental e as suas estructuras políticas, económicas e militares.


Etiquetas: ,

22 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Colonial? Monopolio? Entón as axudas do Plan E habería que rexeitalas, non? xa que somos autosuficientes...

24/1/11 13:45

 
Anonymous Rufus Firefly said...

Ya, la verdad es que después de que el comunismo haya triunfado en todo el mundo a lo largo del siglo XX, estoy seguro de que es la solución para el siglo XXI. ¿Por qué no se leen un libro de historia y viajan un poco por el mundo en vez de vivir encerrados en ellos mismos?

24/1/11 13:47

 
Anonymous Calaf said...

Carallo, estas cosas no las dicen en los mítines ni las cuentan en el periódico ni la radio.

24/1/11 13:59

 
Anonymous Anónimo said...

Pero estes que se creen? Que voy a darles mis impuestos para su sueldo burgués de 4000 euros al mes?

24/1/11 14:11

 
Anonymous Anónimo said...

que narices nos importará a los ciudadanos a que partido pertenezcan, de verdad, cada vez estoy más convencido, no teneis cosas mejores que poner o simplemente no os interesan...

24/1/11 21:42

 
Anonymous Anónimo said...

Pues no le importará a usted, pero yo quiero saber qué piensa la gente que nos va a representar, porque se supone que van a actuar en consecuencia. Y con estas ideas, que Dios nos coja confesados.

24/1/11 21:47

 
Anonymous Anónimo said...

Esas ideas comunistas son las que intentaron aplicar en el Agra da Lagoa. Así que mira si no es importante el ideario de cada uno, y también es importante no ir de corderos cuando debajo hay un lobo. Después pasa lo que pasa.

24/1/11 22:17

 
Anonymous Anónimo said...

Aquí os únicos que pactaron con Andrade foron o BNG e o PSOE. E se lles fixera falta para seguir amarrados ó sillón, que ninguén teña dúbidas de que volverían a pactar con él. Xa o fixeron.

25/1/11 10:26

 
Anonymous Anónimo said...

"Aquí os únicos que pactaron con Andrade foron o BNG e o PSOE. E se lles fixera falta para seguir amarrados ó sillón, que ninguén teña dúbidas de que volverían a pactar con él. Xa o fixeron."

Mentres Sueiro non negue o pacto con Andrade, as dúbidas existirán. E Sueiro eso non o vai facer, porque seguro que pensa pactar con Andrade.

25/1/11 11:59

 
Anonymous Anónimo said...

''Pues no le importará a usted, pero yo quiero saber qué piensa la gente que nos va a representar, porque se supone que van a actuar en consecuencia. Y con estas ideas, que Dios nos coja confesados.''

a lo mejor proclaman la URSS en Carballo, mira que bien, asi nos quitaria la fama que tenemos, de moinos a bolcheviques

25/1/11 21:37

 
Anonymous Anónimo said...

Aqui solo hai 2 alternativas, BNG+PSOE ou PP+TEGA, porque non creo nunha maioria absoluta do BNG e moito menos do PP. O pacto de Evencio con Viña está claro...pero que hai sobre o de Sueiro con Andrade? Si quero votar o PP teño esa duda, en cambio co PSOE xa sei que van facer. Señores do PP digannos que teñen pensado facer, porque a dia de hoxe votarlle a vostedes e firmar un papel en blanco...

25/1/11 21:41

 
Anonymous Anónimo said...

"Mentres Sueiro non negue o pacto con Andrade, as dúbidas existirán. E Sueiro eso non o vai facer, porque seguro que pensa pactar con Andrade".

Utilicemos o falaz argumento:

Mentres Evencio non negue o pacto con Andrade, as dúbidas existirán. E Evencio eso non o vai facer, poque seguro que pensa pactar con quen faga falta para manter o sillón (nunca o fixo, verdade?)

Mentres Evencio non negue o pacto con Sueiro, as dúbidas existirán.
E Evencio eso non o vai facer, poque seguro que pensa pactar con quen faga falta para manter o sillón (sí, co PP tamén, se así lle dan a alcaldía, que nadie o dude).

Nótase que ese comentario, e o das 21.41 doa 25 fixéronos políticos, porque son unha mostra de demagoxia de primeira. Vivan os sofistas!!!!!!!!!!!!!!!

26/1/11 00:03

 
Anonymous Anónimo said...

Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

26/1/11 08:06

 
Anonymous El último boy scout said...

Si en el PP piensan en un pacto con Andrade es que nacieron ayer. Andrade solo quiere ser una cosa, ser alcalde, y para eso sabe que esta es su última oportunidad. Y Evencio también lo sabe. Dejar el poder después de 8 años es muy duro, cuando alguien se acostumbra al caviar, no cambia a menú del día así como así, y Carballo es uno de los pocos puntos de poder importantes que le quedan al BNG. Ni Evencio ni sus superiores estarán dispuestos a perderlo. Le darán la alcaldía a Andrade y se harán las víctimas, los pobriños que se han sacrificado por la estabilidad y bla, bla, bla, que en ese marketing son expertos consumados. Y acabando la legislatura buscarán una crisis para quedar fuera del gobierno y presentarse a las siguientes elecciones como víctimas de la derecha. Que nadie lo dude. El PP tiene que ir a por la mayoría absoluta y dejarse de gaitas.

26/1/11 09:28

 
Anonymous Anónimo said...

Son o do comentario das 21.41, e teño que decir que para nada son politico, senon autonomo, ese sector tan maltratado en España e tan castigado. Como estou hasta as narices das medidas do goberno,quero castigalo, por tanto,non votarei PSOE, nin moito menos BNG pq sera o mesmo. O que quero saber e si votando PP non terei a Andrade no equipo de goberno...tan dificil é de entender? SEñores politicos, falen con claridade

26/1/11 13:39

 
Anonymous Anónimo said...

ó ultimo boyscout dirialle que o bloque non e experto en marketin porque non hay marketin que sirva sin medio polo que distribuilo. E para eso está a Voz de Carballo.
É unha vergonza ler as páxinas de Carballo do periódico. E se Sueiro e Andrade foran un pouco atrevidos debian de pedirlles a xente que lles vota que deixase de comprar e de leer ese panfleto. Xa verían como cando as ventas baixaban tamen baixaba a ideoloxia que enche todas as suas paxinas.
Eu propoño desde aqui que toda a xente a que lle de vergonza ler sempre unha sola version deixe de comprar a Voz, que xa vai sendo hora de que se diga alto e claro a impresentable forma de "traballar" por dicir algo dese periódico.

26/1/11 19:25

 
Anonymous Anónimo said...

Manda truco, o periodico que lle fixo o camiño a Feijoo para gañar as eleccions e en carballo queredelo eliminar...que pouco agradecidos

26/1/11 20:23

 
Anonymous Anónimo said...

Non ten desperdicio a entrevista ao César. Don me da nin pena ni rabia, dame grima.

26/1/11 21:46

 
Anonymous Anónimo said...

11 candidatos ya sabe que de ahí no pasa, realmente sabe que no saca más de 6.
Uno suele presentar el doble de candidatos de lo que espera sacar.

PP 10
BNG 6
PSOE 3
Terra 2

Eso ya se sabe

27/1/11 18:44

 
Anonymous Anónimo said...

Si se trata de facer quinielas e ademáis é gratis:

BNG 8
PP 8
TG 3
PSOE 2

E alcalde Andrade con quen máis lle aprete o poder e creo que será Evencio porque esta vez o PSOE non é noiva pra ninguén.

27/1/11 19:20

 
Anonymous Anónimo said...

Eu creo que as cousas van cambiar nun concelleiro, que pasará do BNG ao PP

27/1/11 20:48

 
Anonymous Anónimo said...

Pareceme incrible, non dou crédito ao que estou lendo,..... refirome a todos os comentarios desta noticia, a verdá, esto máis que divertido é patético. E logo dise que en Carballo non hay actividade,..??? que non hay xente con gañas de traballar..???. a verdá, quedo patidifuso. Mirade,... falar non ten cancelas, este paxina así o demostra, e a demagogia, non ten limites, tá claro.
Eu invítovos a todos a que participedes en política activa local, que pidades a alta cada un seu no partido que mellor vos represente, é evidente que pp, e bng, acolleranvos cos brazos abertos, porque tedes as ideas moi clariñas, eso sí, logo teredes que acatar a displina de partido e teredes que ir a os programas de debate a dar a cara, deixaredes de ser anonimos, e a cousa deixará de ser un xogo. Seamos serios. Deixemos que a xente que fai política termine o que se comprometeu facer, e log do 22 de maio xa se verá. ahhhh. creo que Andrade anda buscando xente con ideas para ir na sua candidatura, e o PP ainda non ten lista. A que espedades, dade un paso adiante. E o consello deste anónimo.

2/2/11 11:45

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner