Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, junio 14, 2011

Chenoa volve a Carballo

Semella que a comisión de festas do San Xoán decidiu variar este ano a filosofía de edicións anteriores. Logo de varios anos apostando por varios artistas aínda por explotar, esta edición 2011 contará cunha única actuación estelar, pero corresponderá a unha cantante sobradamente coñecida e consagrada entre o gran público. Chenoa xa visitara Carballo aló polo ano 2002, fora na compaña da súa parella por aquel entón, David Bisbal, e pouco despois de que ambos abandoasen a academia de Operación Triunfo. Moito cambiaron as cousas ata hoxe para os dous, e a mallorquina visita agora a capital de Bergantiños para presentar o seu último disco “Desafiando la gravedad”. Deixámosvos un pequeno aperitivo.



Etiquetas: , , ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner